[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Bermudo Froilaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vermudo Froilaz»)
Modelo:BiografíaBermudo Froilaz
Biografía
Lugar de sepulturaMosteiro do Couto Editar o valor en Wikidata
Conde de Traba
Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Traba Editar o valor en Wikidata
FillosFroila Bermúdez Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Fruelaz-3

Bermudo Froilaz, chamado "Manido", foi un nobre galego do século XI vinculado á terra de Trasancos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Ábsidas do mosteiro de Xuvia, na Terra de Trasancos. Lugar de soterramento de Bermudo Froilaz e outros membros da Liñaxe Froilaz-Traba. Os Traba posuían o dereito de presentación do mosteiro, é dicir, o dereito a nomear o abade do mesmo.

O seu bisavó foi Froila González (f. 1017), aliado de Almanzor na súa razzia á Compostela do ano 997, e condenado ao desterro polo rei Afonso V. O dous avós de Bermudo Froilaz foron fillos de Froila González: Gonzalo Froilaz, pai de Eneca González (Eneca Gundisalviz); e Rodrigo Froilaz, pai de Froila Rodríguez (Froila Roderici). Os dous fillos de Gonzalo e Rodrigo, os curmáns Eneca e Froila, foron os pais do conde Bermudo[1].

Bermudo Froilaz casou en primeiras nupcias coa aristócrata Guntronda de Riveira, filla do conde Adoino de Riveira[2], e posteriormente con Dona Lupa Rodríguez, falecida no 1071. Deste segundo matrimonio tivo dous fillos: Lucia Bermúdez e Froila Bermúdez. A través da descendencia do conde Froila Bermúdez naceu a, denominada pola historiografía, casa de Traba. Liñaxe nobre do Reino de Galiza de enorme poder poder económico e político en todo o norte da Península Ibérica durante os séculos XI e XII[3].

Esta soterrado xunto a súa segunda esposa e o seu fillo Froila no Mosteiro de San Martiño de Xuvia[4].


  1. LÓPEZ SANGIL 2005. p. 15
  2. "Liñaxe Riveira". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 17/10/2018. 
  3. "Liñaxe Froilaz-Traba". Xenealoxías do Ortegal. Arquivado dende o orixinal o 21/01/2022. Consultado o 17/10/2018. 
  4. LÓPEZ SANGIL 2005. p. 16

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]