[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Beldroega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A beldroega (Portulaca oleracea) é unha planta planta anual suculenta da familia Portulacaceae, que pode acadar até 40 cm de altura; de talo erecto, follas grosas, oblongas e carnosas e flores pequenas e amarelas, da que se consomen as follas, de sabor lixeiramente picante, en ensalada[1]. Ademais de beldroega, recibe os nomes de portulaca e verdoaga[2].

É nativa da India de Oriente Medio e sur de Europa coma parte da Península Ibérica aínda que naturalizada mundialmente; nalgunhas rexións é considerada má herba.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Beldroega en flor (arriba) e Portulaca grandiflora (abaixo)

Ten talos lisos, avermellados, maiormente deitados; follas alternas en conxuntos no talo e no seu extremo. As flores amarelas, sésiles, teñen cinco partes regulares e 6 mm de largo. Florea a fins de primavera, e continúa até mediados do outono. As flores abren soas no centro do feixe de follas por poucas horas nas mañás soleadas. As sementes son pequenas vaíñas, que se abren cando a semente está pronta. Presenta unha raíz primaria con raíces fibrosas secundarias e tolera solo pobre, compactado, e seca.

Culinario

[editar | editar a fonte]
Un cultivo en vaso a medrar coma unha verdura.
Flores.
Ilustración

Malia se considerar maleza nos Estados Unidos, pode comerse como verdura, supoñendo que se obteña dunha fonte tal que estea libre de velenos -herbicidas ou fumigación xeral-. Ten un sabor lixeiramente acedo e salgado, e consómese moito en gran parte de Europa, Asia e México.[3] Tanto os talos como as follas e flores son comestíbeis. Pode consumirse fresca como ensalada, ou cociñada como espinaca, e debido á súa calidade de mucilaxe, é boa para sopas e mollos. En México cocíñase con carne de porco e mollo verde. Os aborixes australianos usan as sementes para preparar o seu pan tradicional.

Esta é unha flor pouco común desta planta.

Contén máis ácido graxo omega-3 que calquera outro vexetal de verdura.[4] Tamén ten vitaminas: vitamina C, algo de vitamina B, carotenoides, e minerais dietarios, como magnesio, calcio, potasio, ferro. E presenta dous tipos de pigmentos alcaloides betalaínas: o betacianina arroibado (visíbel na coloración dos talos) e o betaxantina amarelo (na súas flores e o lixeiro amarelado das súas follas). Ambos os dous tipos de pigmentos son potentes antioxidantes e posuirían propiedades antimutaxénicas en estudos de laboratorio.

Medicinal

[editar | editar a fonte]

Na medicina popular grega, a beldroega úsase coma menciña contra o estrinximento e a inflamación do sistema urinario.

Coñecida coma "Sanhti ou Punarva" no norte da India coñecena como tónico do fígado e as súas doenzas.

Coñecida coma Ma Chi Xian (pinyin: tradúcese coma "o amaranto dente de cabalo") na medicina tradicional chinesa, nos seus principios activos inclúen: a noradrenalina, sales de calcio, dopamina, ácido málico, ácido cítrico, ácido glutámico, ácido aspártico, ácido nicotínico, alanina, glicosa, frutosa e sacarosa.[5] As betacianinas illadas de Portulaca oleracea teñen mellorado déficits da cognición en ratos de idade avanzada.[6] Unha subclase rara de homoisoflavonoides da planta, amosou in vitro actividades citotóxicas contra catro cancros humanos en liñas celulares.[7] O seu uso está contraindicado durante a gravidez e para os que teñen a dixestión fría e feble.[5] A beldroega é un tratamento clinicamente eficaz para o lique plano oral,[8] E as súas follas úsanse para tratar as picadas de insectos ou cóbregas na pel,[9] bieitas, furúnculos, lastras, dor de picadas de abella, a disentería bacilar, diarrea, hemorroides, sangrado posparto e sangrado intestinal.[5]

Na antigüidade, o naturalista romano Plinio mencionaba o seu uso como amuleto para acompañar as súas propiedades medicinais:

Una persona principal de España (...) que por unha insufríbel doenza da campaíña, trae siempre ao pescozo pendurada unha raíz [da beldroega] agás nos baños, e así se librou de todo dano
Plinio, Naturalis Historia, Libro XX, Capítulo XX.[10][11]

Amplamente usada en Grecia, os arqueobotánicos atópana en moitos sitios prehistóricos. En contextos históricos, as súas sementes foron retiradas de camadas protoxeométricas en Kastanas, Hereo de Samos, datadas en 700 a. C. Teofrasto no 350 a. C. chámaa de andrákhne, como unha das diversas herbas de verán que cómpre colleitar en abril (boreal) (H.P 7.1.2)[11]

Hai probas de que a especie se daba na rexión do lago Crawford (Ontario) en 1430-89 d.C., o que indica que alcanzou América do Norte en tempos precolombianos.[12]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Portulaca oleracea foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 445. 1753.[13]

Sinónimos
  • Portulaca consanguinea Schltdl.
  • Portulaca intermedia Link ex Schltdl.
  • Portulaca marginata Kunth
  • Portulaca mundula I.M.Johnst.
  • Portulaca neglecta Mack. & Bush
  • Portulaca pusilla Kunth
  • Portulaca retusa Engelm.
  • Portulaca consanguinea Schltdl.
  • Portulaca fosbergii Poelln.
  • Portulaca hortensis Rupr.
  • Portulaca latifolia Hornem.
  • Portulaca officinarum Crantz
  • Portulaca olitoria Pall.
  • Portulaca parvifolia Haw.
  • Portulaca sativa Haw.
  • Portulaca suffruticosa Thwaites
  • Portulaca sylvestris Montandon[14]
  1. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C), A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; Termos esenciais de botánica, Santiago de Compostela, Universidade, 2004; "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991
  3. Pests in Landscapes and Gardens: Common Purslane. Pest Notes University of California Agriculture and Natural Resources Publication 7461. Outobro 2003
  4. ARTEMIS P SIMOPOULOS Omega-3 Fatty Acids and Antioxidants in Edible Wild Plants. 2004. Biol Res 37: 263-277, 2004
  5. 5,0 5,1 5,2 Tierra, C.A., N.D., Michael (1988). Planetary Herbology. Lotus Press. p. 199. 
  6. Wang CQ. Yang GQ., "Betacyanins from Portulaca oleracea L. ameliorate cognition deficits and attenuate oxidative damage induced by D-galactose in the brains of senescent mice.,Phytomedicine. 17(7):527-32, 2010 Jun.
  7. Yan J, Sun LR, Zhou ZY, Chen YC, Zhang WM, Dai HF, Tan JW "Homoisoflavonoids from the medicinal plant Portulaca oleracea." Phytochemistry. 2012 Aug;80:37-41
  8. Agha-Hosseini F, Borhan-Mojabi K, Monsef-Esfahani HR, Mirzaii-Dizgah I, Etemad-Moghadam S, Karagah A (Feb 2010). "Efficacy of purslane in the treatment of oral lichen planus". Phytother Res. 24 (2): 240–4. PMID 19585472. doi:10.1002/ptr.2919. 
  9. Bensky, Dan, et al. Chinese Herbal Medicine, Materia Medica. China: Eastland Press Inc., 2004.
  10. Plinio, Historia Natural de Cayo Plinio Segundo, Tradución ao gallego do castelán de Gerónimo de la Huerta, 1624, Tomo 2, p. 259-260.
  11. 11,0 11,1 Megaloudi, Fragiska (2005). Wild and Cultivated Vegetables, Herbs and Spices in Greek Antiquity. Environmental Archaeology 10 (1): 73-82
  12. Byrne, R. and McAndrews, J. H. (1975), Pre-Columbian Purslane (Portulaca oleracea L.) in the New World. Nature 253:726-727.
  13. "Portulaca oleracea". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 8 de outrubro de 2009. 
  14. "Beldroega en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2019. Consultado o 17 de abril de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]