valor
Aparencia
- Pronuncia: [baˈloɾ] (AFI)
valor (sg: valor; pl: valores)
- Calidade que distingue algo por riba dos seus iguais, medida da importancia de algo.
- Termos relacionados: prezo.
- Calidade de importante.
- Sinónimos: importancia, interese.
- Atributo que se lle atribúe a algo ou alguén.
- Coraxe para afrontar unha empresa, un perigo ou unha dificultade.
- Sinónimos: denodo, intrepidez, valentía.
- Sentido dunha frase.
- Validez.
- (Economía) Equivalencia dunha moeda con respecto a un padrón.
- (Economía) Importancia que un individuo lle dá a determinado ben ou servizo, sexa para uso persoal, sexa para trocar.
- (Matemáticas) Magnitude dunha variable, dunha constante, cantidade matemática dunha expresión, dato ou medida.
- (Informática) Contido dunha variable, secuencia, constante...
- (Música) Duración dunha nota musical.
- (Filosofía) Calidade dun suxeito ou obxecto.