Outras linguas:
| O JOSM é un editor extensíbel do OpenStreetMap (OSM) para o Java 8. Sostén a subida de pistas GPX, imaxes do fondo e datos do OSM de fontes locais, coma de fontes en liña e permite edita-los datos do OSM (nós, vías e relacións) e as súas etiquetas dos metadatos. O JOSM é de código aberto e licenzado baixo a GPL. |
Iniciar josm.jnlp (versión
19265) | |
Baixar josm-tested.jar (versión
19265) | |
Instalador do Windows (versión 19265) | |
Paquete para o MacOS (versión 19265). No caso de que dea un diálogo de advertenza no MacOS, olla a lapela de baixar. | |
Última versión de desenvolvemento (19270, josm-latest.jar), repositorio de paquetes do Ubuntu e opcións da baixada e versións anteriores. |
Primeiros pasos | Axuda
- A páxina da introdución guiarache durante a túa primeira edición.
- A axuda do sistema / documentacións –
<F1>
oficial (pódese chamar con<F1>
dende o JOSM). - Pregunte ós membros da comunidade do Openstreetmap en:
- O foro do OSM
- O sitio de cuestións e respostas do OSM
- Varias listaxes de correo do OSM (por exemplo, falar en español e ollada xeral das listaxes)
- A canle IRC do OSM, incluíndo a nosa propia saliña
- A comunidade galega ten o seu propio Twitter do OSM @osmgalicia e a súa propia canle do Telegram!
Engadidos ou complementos
- Complementos engaden trazos máis complexos ó programa. (instrucións da instalación)
- Predefinidos permeten escoller etiquetas predefinidas para obxectos. (instrucións da instalación)
- Regras comproban e corrixen datos non válidos. (instrucións da instalación)
- Estilos mudan a aparencia da vista do mapa. (instrucións da instalación)
- Imaxes permeten rastrexar os datos do OSM de imaxes aéreas por exemplo. (instrucións da instalación)
Que mudou recentemente?
- Notas do inicio (mudanzas máis importantes)
- Resumo das mudanzas (ben resumido)
- Mudanzas no SVN (moi detallado)
Atopaches un erro? | Tes algunha idea? | Desexas facer unha suxestión?
- Prégase informar de cualquera erro atopado: Xerar un novo ticket empregando a entrada de Informar dun erro no menú principal da Axuda.
- Debater ideas e suxestións tamén no seguemento de erros, na listaxe de correo josm-dev, ou na canle do IRC #josm.
Contribuír
- Empregar o JOSM
- Informar de erros, debater ideas, pensar en posíbeis melloras (ollar enriba)
- Participar no seguemento de erros
- Revisar erros, subir/baixar voto de tickets, atopar duplos, proba de erros, engadir textos máis descritivos
- Corrixir/actualizar/espallar a axuda en liña
- Unificar tódalas páxinas ligadas ca wiki do JOSM e unilas ca axuda en liña
- Traducir programa/documentacións
- Deseñar novas iconas máis elegantes
- Escreber código – obter o código e escreber parches ...
- código fonte – obter o código
- Olla a guía de desenvolvedores para instrucións de construción e outros detalles
Neste sitio
- Este sitio é unha mestura de axuda en liña e sistema de seguemento de erros para o JOSM e complementos do JOSM.
- Non é necesario iniciar a sesión para empregar este sitio (nin para ler, nin para as mudanzas á wiki ou o seguemento dos erros).
- Un inicio de sesión ten as seguintes vantaxes:
- O correo electrónico envíase polas modificacións nas túas entradas do seguemento de erros (Isto é posíbel mediante o inserimento dun correo electrónico coma nome de usuario nos tickets tamén, pero entón sexa consciente de que o enderezo é abertamente visíbel e que non se pode mudar de xeito posterior).
- Os axustes da páxina son lembrados (por exemplo, o tamaño de campo de entrada e unha morea doutras cousas).
- As conexións que non teñen enderezo de correo electrónico ou que non se empregaron alo menos unha vez son eliminadas de xeito automático.
- O inicio de sesión para muda-la base de datos do OpenStreetMap está separada co inicio de sesión deste servidor.
- Dereitos de autor (CC-BY-SA e LGPL dende abril do 2014) deste sitio está indicado no pé da páxina.
Contacta connosco
- No caso de atopar problemas, ideas, suxestións emprega o seguemento de erros.
- Ós voluntarios da creación do JOSM pódese chegar empregando as listaxes de correo josm-dev ou a canle do IRC #josm.
- Se empregas as redes sociais, olla o noso Facebook e páxina no Google+
- A comunidade galega ten o seu propio Twitter do OSM @osmgalicia e a súa propia canle do Telegram!