[go: up one dir, main page]

Galego
  •   Pronuncia: /po.ˈɲeɾ/ (AFI)

  Verbo transitivo

poñer

  1. Colocar algo ou a alguén nun lugar concreto.
    • Exemplo: Puxen a cadaquén no seu lugar debido.

  2. Situar a alguén ou a algo no lugar adecuado.
    • Exemplo: O xefe de protocolo puxo ao arcebispo no seu sillón.

  3. Dispoñer algo para un certo fin.
    • Exemplo: Puxo as cousas no se sitio.

  4. Considerar algo a partir de indicios.
    • Exemplo: Poñamos que isto sucedeu así.

  5. Reducir, estreitar ou precisar a alguén a que execute algo contra a súa vontade.
    • Exemplo: Púxoo nun apreto.

  6. Deixar algo á resolución ou á disposición doutro.
    • Exemplo: Eu poño a resolución destes problemas na túa sapiencia.

  7. Escribir algo nun papel.
    • Exemplo: Puxen as miñas queixas por escrito.

  8. Facer uso de certos medios de comunicación.
    • Exemplo: Puxemos telegramas a todos os familiares.

  9. Dito das aves ou doutros animais ovíparos, depositar o ovo.
    • Exemplo: Este mes as miñas galiñas puxeron poucos ovos.

  10. Nos xogos de azar, apostar unha cantidade de diñeiro.
    • Exemplo: Puxen todo o diñeiro que me quedaba ao vermello na ruleta.

  11. Establecer ou instalar algo.
    • Exemplo: Co meu curmán puxemos unha libraría.

  12. Representar unha obra de teatro ou proxectar un filme no cine ou na televisión.
    • Exemplo: Na tele ese mes están poñendo un ciclo de películas do oeste.

  13. Facer a operación necesaria para que algo funcione.
    • Exemplo: Cada noite poño a radio.

  14. Aplicar un nome, un alcume, etc., a unha persoa, a un animal ou a unha cousa.
    • Exemplo: Os netos puxéronlle ao avó o alcume de "o vello sen dentes".

  15. Contribuir ou colaborar con algo nunha empresa ou actividade.
    • Exemplo: Meu compadre poñerá o diñeiro e eu o traballo.

  16. Prestar apoio a unha persoa ou a unha causa.
    • Exemplo: Todos os colegas puxéronse da miña parte.

  17. Expoñer algo á acción dun axente determinado.
    • Exemplo: A lavandeira puxo a roupa a secar ao sol.

  18. Expoñer a alguén a algo desagradábel ou malo.
    • Exemplo: Sen querer puxen a meu amigo en perigo.

  19. Tratar ben ou mal a alguén de palabra ou obra.
    • Exemplo: Puxérono a parir.

  20. Xunto con algúns nomes, realizar a acción designada por estes.
    • Exemplo: Poñer en dúbida.

  21. Valerse de alguén para conseguir un fin determinado.
    • Exemplo: Puxo por intercesor ao seu amigo.

  22. Causar o significado polo nome que segue.
    • Exemplo: Poñer paz.

  23. Establecer, impoñer ou mandar algo.
    • Exemplo: Debido á crise económica, o goberno puxo novos impostos.

  24. Tratar a alguén dunha maneira determinada.
    • Exemplo: Púxoo como chupa de dómine.

  25. Facer adquirir a alguén ou a algo unha condición ou estado determinado.
    • Exemplo: O que lle dixo púxoo colorado.

  Verbo pronominal

poñerse

  1. Quedar alguén ou algo nun estado diferente ao que tiña.
    • Exemplo: Coa impresión recibida púxose pálido.

  2. Ocultarse un astro, especialmente o Sol, detrás do horizonte.
    • Exemplo: No verán o Sol ponse tarde.

  3. Chegar alguén ou algo dun lugar a outro.
    • Exemplo: Púxose en Madrid en cinco horas.

  4. Pasar alguén a ocupar un determinado sitio, movéndose desde o que ocupaba anteriormente.
    • Exemplo: Enfurecido, púxoseme diante.

  5. Vestirse ou arranxarse.
    • Exemplo: Ponte ben guapa, que hoxe é día de festa.

  6. Mancharse, ensuciarse.
    • Exemplo: Andando pola corredoira púxose perdido de lama.

  7. Compararse, competir con alguén.
    • Exemplo: Póñome entre os máis elegantes.

  8. Atender unha chamada telefónica.
    • Exemplo: Púxenme ao aparato.

  9. Comezar a executar unha determinada acción.
    • Exemplo: Poñerse a escribir.

Variantes

Termos relacionados

poñer a andar, poñer a mal, poñer a cen, poñer a pan pedir, poñer a parir, poñer dos nervios, poñer en bandexa, poñer en claro, poñer lume, poñer o dedo na chaga, poñer o ramo, poñer os bois ao carro, poñer pingando, poñer por caso, poñer verde, poñerse ben, poñerse na pel de alguén, poñerse ao día.

Traducións

Conxugación