Cacahuete
Cacahuete | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cacahuetes | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Arachis hypogaea' L. |
O cacahuete[1] (Arachis hypogaea), é unha planta anual da familia dos chícharos (Fabaceae), cuxos froitos, de tipo legume conteñen sementes apreciadas en gastronomía.
Características
editarValor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 2 385 kJ (570 kcal) |
21 g | |
Azucres | 0.0 g |
Fibra alimentaria | 9 g |
48 g | |
Saturadas | 7 g |
Monoinsaturadas | 24 g |
Poliinsaturadas | 16 g |
25 g | |
Triptófano | 0.2445 g |
Treonina | 0.859 g |
Isoleucina | 0.882 g |
Leucina | 1.627 g |
Lisina | 0.901 g |
Metionina | 0.308 g |
Cistina | 0.322 g |
Fenilalanina | 1.300 g |
Tirosina | 1.020 g |
Valina | 1.052 g |
Arxinina | 3.001 g |
Histidina | 0.634 g |
Alanina | 0.997 g |
Ácido aspártico | 3.060 g |
Ácido glutámico | 5.243 g |
Glicina | 1.512 g |
Prolina | 1.107 g |
Serina | 1.236 g |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 52% 0.6 mg |
Riboflavina (B2) | 25% 0.3 mg |
Niacina (B3) | 86% 12.9 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 36% 1.8 mg |
Vitamina B6 | 23% 0.3 mg |
Ácido fólico (B9) | 62% 246 μg |
Vitamina C | 0% 0.0 mg |
Vitamina E | 44% 6.6 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 6% 62 mg |
Ferro | 15% 2 mg |
Magnesio | 52% 184 mg |
Manganeso | 95% 2.0 mg |
Fósforo | 48% 336 mg |
Potasio | 7% 332 mg |
Cinc | 35% 3.3 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 4.26 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. |
A planta é fibrosa e mide de 30 a 50 cm de altura. Os froitos medran baixo a terra dentro dunha casca leñosa que, normalmente, conten dúas sementes. Vulgarmente coñécese como froito seco.
Cultivo
editarA. hypogaea, que é de orixe americana, foi cultivada para o aproveitamento das súas sementes desde hai 4000 ou 5000 anos. Os conquistadores españois observaron o seu consumo en México-Tenochtitlán, a capital do imperio azteca, no século XVI, e posteriormente distribuírono por Europa e o resto do mundo, xunto con outros mercantes europeos. Cultívase en maio, e colléitase a finais do outono.
O que non puideron observar os españois foi que xa o Señor de Sipán, no norte do Perú, se adornaba con réplicas de cacahuetes en ouro: orelleiras, colares e demais xoias que se exhiben agora no Museo de Sipán. As Tumbas Reales de Huaca Rajada foron descubertas en 1987 e asombra a súa tecnoloxía no manexo dos metais. Pertencente á cultura pre-inca dos mochicas, datouse no ano 250 d.c.
Na actualidade o cultivo do cacahuete estendeuse amplamente por rexións da Asia e África. As cascas, obtidas como subproduto, empréganse como combustíbel.
Pragas
editarA infección por certas especies de fungos (Aspergillus flavus ou A. parasiticus) contamina as sementes con aflatoxinas, perigosas substancias canceríxenas.
Nomenclatura
editarO termo ven do náhuatl tlālcacahuatl, que significa cacao da terra, de tlalli: 'terra, solo', porque a vaíña das súas sementes está baixo terra e cacahuatl: 'grans de cacao'. A árbore e o seu froito coñécense en México como cacahuate ou cacahuete. Mentres que no español de España se adoptou este último termo, en case todos os demais países de fala hispana emprégase o vocábulo taíno maní. En portugués é coñecido por amendoim.
Usos
editarCon este froito obtéñense alimentos tales como a manteiga de cacahuete ou o aceite de cacahuete moi empregado na cociña da India e do sueste de Asia.
En México é común encontralos en diferentes presentacións como botana ou lambonada (salgados, xaponeses, garrapiñados, enchilados etc.) ou en forma dun doce tradicional moi nutritivo feito con cacahuetes e mel, chamado palanqueta (tamén se pode facer con outras sementes, como pebidas de cabaza). Así mesmo, úsase para preparar distintos guisos, como o polo en mollo de cacahuete.
En España consómese a semente crúa ou torrada, denominándose entón panchito nalgunhas áreas localizadas.
Na Arxentina, gran produtor de cacahuete, este consómese torrado cos seus grans ou en garrapiñadas e pralinés ou recubertos por unha capa de chocolate ou, á inversa, dentro de tabletas de chocolate, sendo tamén un dos compoñentes principais das picadas; cando se vai a un bar, pub, restaurante ou "boliche" arxentino e se pide unha cervexa é moi común que esta sexa acompañada de "yapa" (gratuitamente) co que se chama "con ingredientes", os cales consisten nun pratiño ou pequena bandexa que contén grans de cacahuete torrado e salgado, xeralmente acompañados por unha pequena porción de patacas fritas e "palitos salados" (pequenos paus feitos dunha masa de fariña, os cales están fritos e salgados). Canto á manteiga de cacahuete, esta prodúcese en gran cantidade, mais o seu destino acostuma ser a exportación (o gusto por tal "manteiga" está relativamente pouco difundido aínda entre a poboación arxentina), aínda que é moi común que se consuma nunha especie de variante sólida moi parecida a un turrón: a chamada mantecol, que se toma na sobremesa.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cacahuete.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Cacahuete |