[go: up one dir, main page]

Xutlandia[1][2] (en dinamarqués Jylland, en alemán Jütland) é unha península da Europa noroccidental que comprende a parte continental de Dinamarca e o norte de Alemaña (estado federal de Schleswig-Holstein). Ao oeste limita co mar do Norte, ao norte co Skagerrak, ao nordés co Kattegat e ao leste coas illas dinamarquesas do Báltico.

Modelo:Xeografía físicaXutlandia
(da) Jylland Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporexión xeográfica
península Editar o valor en Wikidata
EpónimoXutos Editar o valor en Wikidata
Parte deChaira europea setentrional Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 55°37′46″N 9°12′04″L / 55.62955, 9.20105
Bañado porMar do Norte Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie29.777 km² Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

O nome provén dos xutos, pobo xermánico que se instalou alí no século V.

A parte meridional forma parte de Schleswig-Holstein, rexión que foi cambiando de posesión dinamarquesa a alemá ao longo da historia. O derradeiro cambio de soberanía tivo lugar tras a primeira guerra mundial, recuperando Dinamarca parte de Schleswig (en danés Slesvig) pola vía dun plebiscito.

Xeografía

editar
 
Parque eólico en Xutlandia.

O terreo é relativamente chan, con pequenos cerros e turbeiras, constituído por materiais sedimentarios da era secundaria e depósitos do terciario que foron cubertos polos glaciares durante a era seguinte, dando lugar á actual paisaxe da península: unha chaira suavemente ondulada e inclinada cara ao oeste.[3] Ten unha superficie de 29.775 km² e ten unha poboación de 2.491.852 persoas (2004). Pola súa extensión, abrangue os dous terzos da superficie do país, pero alberga só 2/5 partes da poboación total.

A costa articúlase por numerosos fiordes de orixe glaciar. A zona oeste presenta un relevo máis erosionado e caracterízase pola abundancia de depósitos fluvioglaciares. A costa está delimitada por cordóns de dunas e carece de portos naturais.

O clima da península é oceánico (0 °C de media no inverno e 16 °C no verán) e húmido.

 
Bandeira de Xutlandia

Cidades da Xutlandia dinamarquesa:

  1. «Randers». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 1748. ISBN 9788482893600. 
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.  Arquivado 26 de setembro de 2013 en Wayback Machine.
  3. Enciclopedia Clarín 15 (1º ed.). Arxentina: Océano editores. 1999. ISBN 987-522-048-5. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar