Vermudo III
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Vermudo III,[1] tamén Veremundo ou Veremundus, nado ca. 1015 e finado o 4 de setembro de 1037, foi rei do Reino de Galicia e do Reino de León entre os anos 1028 e 1037. Como varios dos seus predecesores, levaba ás veces o título imperial: en 1030 aparece como regni imperii Ueremundo principis; en 1029/1032 como imperator domnus Veremudius en Gallecia; e en 1034 como regni imperii Veremundus rex Legionensis.[2] Era un neno cando sucedeu ao seu pai. En 1034 foi expulsado do trono polo rei Sancho III, rei de Navarra, e refuxiouse coa nobreza galega. Regresou, pero foi derrotado e abatido loitando contra o seu cuñado Fernando I, na batalla de Tamarón.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1017 |
Morte | 30 de agosto de 1037 (19/20 anos) Tamarón, España |
Causa da morte | morte en combate, batalla |
Lugar de sepultura | Basílica de Santo Isidoro de León |
Monarca do Reino de León | |
1028 – 1037 ← Afonso V o Nobre – Sancha I de Galicia → | |
Monarca do Reino de Galicia | |
1028 – 1037 ← Afonso V o Nobre – Sancha I de Galicia → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | estadista, guerreiro, monarca |
Carreira militar | |
Conflito | Batalla de Tamarón |
Outro | |
Título | Rei de León Rei de Galicia |
Familia | Dinastía ástur-leonesa |
Cónxuxe | Ximena Sánchez |
Pais | Afonso V o Nobre e Elvira Méndez |
Irmáns | Sancha I de Galicia Xemena de León e de Galiza |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarFillo do rei Afonso V o Nobre e a aristócrata galega Elvira Meendiz, casou con Ximena, filla de Sancho García, conde de Castela, e irmá da esposa de Sancho III de Navarra.
Herdou o goberno de Galicia e León, con apenas 17 anos de idade, sendo recoñecido como imperator in Gallecia", é dicir, "emperador en Galicia"[3], desde a cidade de León -entón capital do reino- tivo que facer fronte ás reclamacións territoriais que o reino de Navarra mantiña sobre o condado de Castela.
Tentou por esta razón propiciar un matrimonio entre a súa irmá, Sancha co conde castelán García Sánchez de Castela. Ao ser asasinado o conde castelán nas vésperas da voda pola familia rival (a familia Vela), herda o condado de Castela o rei navarro Sancho III que o cede ó seu fillo Fernando quen remata por casar con Dona Sancha. O feito de que o xove Vermudo III encabezase a primeira liña da carga de cabalaría e morrera dunha lanzada, permitiu aos navarros e casteláns vencer na batalla de Tamarón. Coa morte de Vermudo III, o trono galego recae na súa irmá, Sancha, que sería coroada como raíña. Finalmente, o casamento de Fernando propiciará que este sexa considerado "rei consorte" de Galicia (León).
Notas
editar- ↑ "Vermudo". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2158.
- ↑ González Jiménez, Manuel (2011). La idea de imperio antes y después de Alfonso VI. Sanz y Torres. ISBN 978-84-92948-45-1.
- ↑ Documento do ano 1029. San Juan de la Peña. [1][Ligazón morta].
Véxase tamén
editar Vermudo III. Un rei galego de principio a fin. |
Bibliografía
editar- López Carreira, Anselmo (2003). Os reis de Galicia. Vigo: Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-96203-44-1.