Tratado de Utrecht
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2016.) |
O Tratado de Utrecht, ou Paz de Utrecht, foi un tratado asinado en 1713 na provincia máis pequena do actual Reino dos Países Baixos na súa capital homónima. Esta provincia limita coas de Holanda Meridional, Holanda Setentrional e Güeldres.
O Tratado de Utrecht
editarFoi un tratado asinado entre Francia e España por unha banda e as Provincias Unidas pola outra para terminar a Guerra de sucesión española.
O rei de España, Carlos II, non tendo herdeiro directo e temendo que logo da súa morte os seus Estados foran compartidos entre as grandes potencias, fixo un testamento en favor de Filipe de Anjou, futuro Filipe V e neto de Lois XIV. Tras este acto, Inglaterra, Austria, Prusia e Hannover asinan esta Grande Alianza de 1701, esta firma abre a guerra de sucesión de España. Este conflito é o máis longo e o máis custoso do tempo; os combates desenvólvense en Italia, Alemaña, España e nos Países Baixos. Estas hostilidades cesan co Tratado de Utrecht, con Inglaterra, e co de Rastadt en 1714 co emperador Carlos VI, segundo fillo de Leopoldo I.
Francia asina en abril de 1713 con Inglaterra, Holanda, Portugal e o duque de Savoia. En canto a España, firma á súa vez o 10 de xullo con Inglaterra logo co duque de Savoia o 13 de agosto.
Estes Tratados constitúen unha das normas fundamentais do dereito europeo; vese a separación perpetua das dúas monarquías de Francia e España, sancionando importantes desprazamentos de territorio.
As disposicións do Tratado de Utrecht son as seguintes:
- España perde todas as súas posesións europeas en Bélxica así como en Italia.
- Os Países Baixos, o reino de Nápoles, os portos de Toscana e o ducado de Milán garanten ao emperador Carlos VI a hexemonía en Italia.
- Sardeña concederase ao elector de Baviera, en prezo da indemnización dos seus propios Estados.
- Sicilia entrégase ao duque de Savoia.
- Holanda obtén a famosa barreira que así ardentemente buscara; Lois XIV cede coa liberdade de comercio: Menin, Tournai, o forte de Knokke, Loo, Dixmude, Ypres e as súas dependencias.
- Francia non perde nada en Europa, contrariamente ó esperado, senón que cede a Inglaterra: Terra Nova, a baía de Hudson, o Acadia (Nova Escocia), San Cristovo (as Antillas) e a liberdade de comercio coa trata de negros, cuxo privilexio coñecido baixo o nome de asento volve de novo a España.
- España entrega aos ingleses en toda soberanía a illa de Menorca; polo Artigo 10, «o rei católico Filipe V abandona a Gran Bretaña, no seu nome e en nome dos seus sucesores, a propiedade sen división da cidade e a cidadela de Xibraltar, incluídos o seu porto e as súas construcións militares».
- Os Ingleses, que non queren permitir a reconstitución do imperio de Carlos V, prefiren recoñecer a Filipe V como rei de España, especificando que as dúas coroas de Francia e España non poderán reunirse nunca máis.
Logo dos grandes desastres dos anos anteriores, esta paz é inesperada; é tamén o principio da preponderancia inglesa. España e as Provincias Unidas son as dúas grandes perdedoras. Estes Tratados deixan en suspenso, con respecto á sucesión de España, algúns litixios dubidosos que avivan a guerra entre o rei de España e o emperador Carlos VI; estes desacordos soluciónanse nos Tratados de Viena, en 1731 e 1738.
O Tratado de Westfalia (1648) e de Utrecht permanecerán durante medio século como a carta política e territorial de Europa.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tratado de Utrecht |