[go: up one dir, main page]

Santa Mariña do Castro de Amarante, Antas de Ulla

parroquia civil do concello de Antas de Ulla
(Redirección desde «Santa Mariña do Castro de Amarante»)

Santa Mariña do Castro de Amarante é unha parroquia do concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2011 tiña 112 habitantes (58 mulleres e 54 homes), 27 menos ca en 1999. Ten catro entidades de poboación.

Santa Mariña do Castro de Amarante
Pazo de Santa Mariña.
ConcelloAntas de Ulla[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°49′15″N 7°57′13″O / 42.82079457, -7.95356263
Poboación88 hab. (2019)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

Toponimia

editar

O topónimo Santa Mariña do Castro de Amarante ten tres elementos: Santa Mariña é un haxiónimo referido a Mariña de Antioquia; Castro fai referencia a un poboado castrexo; Amarante ten orixe no nome de posuidor de orixe latina Amarantus (a través da forma en xenitivo Amaranti), relacionado coa herba do amaranto.[2]

Historia

editar

Santa Mariña chegou a ostentar a capitalidade do concello de Antas de Ulla.

Patrimonio

editar
  • Balneario de Frádegas.[3]
  • Pazo de Santa Mariña.[4]
  • Cruceiro de Frádegas.[5]

Festas

editar

As Festas do Cristo, que se celebran o primeiro domingo de agosto, teñen sona en toda a comarca.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Santa Mariña do Castro de Amarante

editar
Lugares da parroquia de Santa Mariña do Castro de Amarante no concello de Antas de Ulla (Lugo)

Augas de Frádegas | O Coto | Frádegas | Os Píos | Santa Mariña | Toande | Vilariño

Parroquias de Antas de Ulla

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Antas de Ulla

Agüela (San Mamede) | Alvidrón (Santa María) | Amoexa (Santiago) | Antas de Ulla (San Xoán) | Árbol (Santalla) | Arcos (Santa María) | Areas (Santa Cristina) | Barreiro (San Cibrao) | Casa de Naia (Santa María) | A Cervela (San Miguel) | Cibreiro (San Miguel) | Cutián (San Xoán) | Dorra (Santiago) | Facha (San Xiao) | Olveda (Santa María) | Peibás (San Lourenzo) | Queixeiro (San Pedro) | Reboredo (Santiago) | O Rial (Santo André) | San Fiz de Amarante (San Fiz) | San Martiño de Amarante (San Martiño) | Santa Mariña do Castro de Amarante (Santa Mariña) | Santiso (Santalla) | Santo Estevo do Castro de Amarante (Santo Estevo) | Senande (San Miguel) | Terra Chá (San Xurxo) | Vilanuñe (San Salvador) | Vilapoupre (San Martiño)


Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar