Antas de Ulla, Antas de Ulla
San Xoán de Antas de Ulla é unha parroquia do concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 703 habitantes (360 mulleres e 343 homes), 50 máis ca en 1999. Ten oito núcleos de poboación.
Antas de Ulla | |
---|---|
Antiga Igrexa de San Xoán. | |
Concello | Antas de Ulla[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°46′58″N 7°53′24″O / 42.7826458, -7.890012154 |
Poboación | 659 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarA parroquia era coñecida simplemente como Seoane de Antas ou Soane de Antas, pero en 1916 o concello pasou de chamarse Antas a Antas de Ulla para distinguilo do concello de Antas (provincia de Almería). O topónimo Antas de Ulla ten dous elementos: Antas do nome común anta (dolmen ou menhir), e Ulla polo río Ulla, a partir da forma *Wulia.[2]
Celebracións
editarCelébrase unha feira o 10 de cada mes, que nos últimos anos volveu cobrar vitalidade e relevancia. As festas patronais celébranse o 24 de xuño na honra de San Xoán e tamén o 8 de setembro (Os Remedios). Logo están a Festa da Xuventude, a Festa dos Choferes (segundo domingo de xullo) ou o magosto.
Galería de imaxes
editar-
Cabaceira en Antas
Lugares e parroquias
editarLugares de Antas de Ulla
editarLugares da parroquia de Antas de Ulla no concello de Antas de Ulla (Lugo) | |
---|---|
Antas de Ulla | A Caracocha | O Carballo | Sendelle | Seoane | Sucasas | Vilaboa | Vilane |