Areas, Antas de Ulla
parroquia civil do concello de Antas de Ulla
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Areas.
Santa Cristina de Areas é unha parroquia que se localiza no concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 82 habitantes (49 mulleres e 33 homes), 37 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
Areas | |
---|---|
Igrexa de Santa Cristina de Areas. | |
Concello | Antas de Ulla[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°44′51″N 7°54′40″O / 42.74749, -7.91113 |
Poboación | 58 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarAreas está situada no sueste do concello. A aldea da Somoza é o punto máis elevado do concello (720 m), no seu territorio está o monte Farelo.
Toponimia
editarO topónimo Areas ten orixe no substantivo común area, do latín Arĕna.[2]
Patrimonio
editar- Petróglifo de Laxe Ferrada.[3]
- Igrexa de Santa Cristina de Areas, da primeira metade do século XIX.
Festas
editarCelebra as súas festas patronais na honra de San Lucas.
Lugares e parroquias
editarLugares de Areas
editarLugares da parroquia de Areas no concello de Antas de Ulla (Lugo) | |
---|---|
Castro | O Outeiro | Río | Santa Cristina | A Somoza |
Parroquias de Antas de Ulla
editar
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 25-26. ISBN 978-84-17807-36-8.
- ↑ Laxe Ferrada na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.