Sam Peckinpah
David Samuel "Sam" Peckinpah, nado en Fresno (California) o 21 de febreiro de 1925 e finado en Inglewood, tamén California, o 28 de decembro de 1984, foi un director e guionista de cine, teatro e televisión estadounidense. Tivo grande sona polo tratamento da violencia nas súas películas, reinventando xéneros coma o do western, ao que pertence a súa película máis famosa Grupo salvaxe.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de febreiro de 1925 Fresno (California) Estados Unidos |
Morte | 28 de decembro de 1984 (59 anos) Inglewood (California) Estados Unidos |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade do Sur de California Fresno High School (en) USC School of Cinematic Arts (en) Universidade do Estado da Califórnia em Fresno (pt) |
Actividade | |
Ocupación | Director de cine e guionista |
Período de actividade | 1957 - 1984 |
Membro de | |
Xénero artístico | Western, filme de acción, cinema dramático, filme de suspense, cinema de aventuras e cinema bélico |
Carreira militar | |
Rama militar | Corpo de Marines dos Estados Unidos |
Conflito | segunda guerra mundial |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Marie Selland (1947–1960) Begoña Palacios (1965–1984) Joie Gould (1971–1972) |
Premios | |
|
Traxectoria
editarNeto dun xefe indio, estudou Dereito e diplomouse en Arte Dramática. Enrolouse no exército antes de entrar en contacto co mundo do cine como axudante de dirección de Donald Siegel en A invasión dos ladróns de corpos. Rachou cos tópicos do Far West na súa incursión no xénero do oeste, impregnando películas como a mencionada Grupo salvaxe ou Maior Dundee dun cariz intelectual e violento. Segundo as súas propias palabras, procurou a verdade no lugar do mito.[1]
Nas súas obras, criticou duramente o concepto do heroe tradicional, aparecendo inmerso nun contexto patético e corrupto, un mundo sufrinte onde o antiheroe está atrapado e condenado. Reflicte a desesperación individual e colectiva no marco dunha sociedade que se destrúe e que só pretende atopar a liberación a través dunha violencia aínda maior. Tecnicamente, o seu pulso cinematográfico e orixinalidade narrativa son notables, así como o seu emprego da cor e as súas sanguentas escenas violentas a xeito de ballet.
Filmografía
editar- 1961 Compañeiros mortais
- 1962 Duelo na alta serra
- 1965 Maior Dundee
- 1966 Noon Wine (telefilme)
- 1969 Grupo salvaxe
- 1970 A balada de Cable Hogue
- 1971 Cans de palla
- 1972 Junior Bonner
- 1972 The Getaway
- 1973 Pat Garrett e Billy the Kid
- 1974 Quero a cabeza de Alfredo García
- 1975 Os aristócratas do crime
- 1977 Cross of Iron
- 1978 Convoy
- 1982 Jinxed!
- 1983 Clave Omega
Notas
editar- ↑ Non me interesa o mito; só me interesa a verdade. E o mito do Oeste atópase na explotación da xente que ía conseguir terra. Se se quiere facer unha película sobre o Oeste cómpre facela sobre esta xente que ía e tiña terra. E que roubaron e mataron aos "malditos" indios. Pero iso mudeino, ou polo menos espero telo conseguido en The Wild Bunch. Un dos meus propósitos ao realizar esta película era rachar o mito do Far West, en Decine21.com
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Biografía de Sam Peckinpah en Decine.21