Scioa
Scioa, ás veces escrito como Xoa, Shoa ou Shewa e, frecuentemente, co seu nome italiano Scioa ou Scioà (en ge'ez ሽዋ Šawā, moderno Šewā, en amárico Šawā´[1]), é unha rexión histórica de Etiopía.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Datos históricos | ||||
Disolución | 1995 | |||
Sucedido por | Rexión de Amhara, Rexión de Oromia, Adís Abeba e Central Ethiopia Regional State (en) | |||
A actual capital etíope, Addis Abeba, está situada no centro desta rexión.
Antigamente a rexión era un reino autónomo do imperio de Etiopía,[1] e, tras a anexión de Abisinia polo Reino de Italia, foi unha gobernación, distrito ou provincia (governorato) da África Oriental Italiana, creada en 1939 e que existiu até 1941.
Historia
editarA África Oriental Italiana formouse o 15 de xaneiro de 1935 pola unión des colonias da Eritrea italiana e a Somalia italiana.
O 3 de outubro de 1935 os italianos invadiron Abisinia (Etiopía), que foi formalmente anexionada polo Reino de Italia o 9 de maio de 1936, quedando incorporada á África Oriental Italiana. O 1 de xuño seguinte estableceuse unha nova división interna pola cal creáronse seis gobernacións ou provincias: Eritrea (á que se agregou a rexión etíope da provincia de Tigré), Somalia italiana (á que se engadiu a rexión etíope do Ogadén), Galla e Sidama (país dos oromo e sur de Etiopía), Harar (nordeste de Etiopía), Amhara (noroeste) e Addis Abeba (centro).
As gobernacións de Galla e Sidama e de Amhara perderon, o 1 de xaneiro de 1939, unha parte dos seus territorios, que foron integrados na gobernación de Addis Abeba, que cambiou de nome polo de gobernación de Scioa (governorato de Scioà).
O 5 de abril de 1941 Addis Abeba foi ocupada polos británicos.
Nota: no mapa da dereita, división en gobernacións da África Oriental italiana. No centro, a gobernación de Scioa (Scioà).
Gobernadores
editarGobernación de Addis Abeba
editar- Giuseppe Bottai (1895-1959) 5 de maio de 1936 - 27 de maio de 1936
- Alfredo Siniscalchi (1885-1964) 1 de xuño de 1936 - 23 de setembro de 1938
- Francesco Camero Medici (1896-1946) 23 de setembro de 1938 - 31 de decembro de 1938
Gobernación de Xoá
editar- Enrico Cerulli (1898-1988) 1 de xaneiro de 1939 - 5 de maio de 1939
- Guglielmo Nasi (1879-1971) 5 de maio de 1939 - 2 de xuño de 1940
- Giuseppe Daodice di Daodicca (1882-1952) 2 de xuño de 1940 - 3 de abril de 1941
- Agenore Frangipani dei marchesi di Mileta (1876-1941), interíno, 3 de abril de 1941 - 6 de abril de 1941
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Worldstatesmen
- Annuario Generale 1940, Consociazione Turistica Italiana, Milán, 1940.