3 de outubro
data
<< | Outubro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 | |||
2024 Todos os días |
O 3 de outubro é o 276º día do ano do calendario gregoriano (277º nos anos bisestos). Quedan 89 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 2333 a.C. - Estímase a data lendaria do establecemento do Reino Chosun (Corea).
- 42 a.C. - Primeira batalla de Filipos: O Triunvirato de Marco Antonio e Octavio loitan nunha guerra indecisa contra os asasinos do César, Bruto e Casio. Aínda que Bruto derrota a Octavio, Antonio derrota a Casio.
- 1283 - Dafydd ap Gruffudd, príncipe de Gwynedd en Gales, é a primeira persoa executada no cadafalso, foi despezado.
- 1483 - Execución do Mariscal Pero Pardo de Cela en Mondoñedo.[1]
- 1574 - Fúndase en Leiden a primeira universidade holandesa
- 1574 - en Países Baixos, finaliza o asedio de Leiden coa retirada das tropas españolas.
- 1700 - Carlos II de España asina a última vontade que lle dá o trono a Filipe de Anjou e puxo fin á dinastía dos Austria en España.
- 1714 - A Real Academia Española da Lingua é aprobada pola real cédula de Filipe V, constituída o ano anterior pola iniciativa de Juan Manuel Fernández Pacheco, marqués de Villena.
- 1739 - Co Tratado de Niza firmado polo Imperio Otomán e Rusia, ponse final á Guerra ruso-turca, de 1736 - 1739.
- 1863 - Abraham Lincoln proclama festa nacional dos EUA o Día de Acción de Grazas.
- 1898 - Circula por Madrid o primeiro tranvía eléctrico.
- 1901 - Estréase en Bos Aires, con grande éxito, De la musa, comedia de Salvador Rueda.
- 1902 - Estréase no teatro da Comedia a obra Don Gil de las calzas verdes, de Tirso de Molina.
- 1903 - Rusia e Austria poñen a punto os seus recíprocos intereses no tema dos Balcáns.
- 1906 - Desenvólvese en Berlín a primeira conferencia de telegrafía sen fíos, que decide adoptar o SOS como sinal de alarma.
- 1918 - Abdica o káiser Guillerme II.
- 1919 - Instaurase na Iugoslavia a xornada laboral de 8 horas.
- 1922 - Inauguración do ferrocarril transpirenaico Aix-en-Provence-Puigcerdà-Ripoll.
- 1928 - Escavacións nas ruínas da Itálica, para deixar ao descuberto unha vía romana.
- 1929 - Retómanse das relacións diplomáticas entre Inglaterra e a Unión Soviética.
- 1932 - Iraq alcanza a súa independencia e únese á Sociedade de Nacións tralo fin da invasión británica.
- 1933 - O pobo cubano aclama como heroe o coronel Batista.
- 1936 - O xeneral Francisco Franco traslada o seu cuartel xeral a Salamanca.
- 1941 - Gandhi incita a tódolos cidadáns das posesións do Imperio británico á resistencia pasiva, nunha entrevista xornalística.
- 1942:
- 1952 - Explosión da primeira bomba atómica británica no arquipélago de Montebello, fronte ás costas de Australia.
- 1953 - O novo reactor estadounidense Douglas Skyray bate o récord mundial de velocidade o alcanzar 1.281 km/h.
- 1962 - O astronauta estadounidense Walter Schirra realiza, a bordo da cápsula espacial Sigma 7, en 9 horas e 14 minutos, 6 voltas á Terra, amarando na zona prevista do Pacífico.
- 1974 - Estados Unidos: comenza o xuízo ó presidente Richard Nixon polo caso "Watergate".
- 1975 - O primeiro ministro de Suecia, Olof Palme, pide diñeiro para a oposición española.
- 1981:
- Felipe González insiste na necesidade de convocar o referendo sobre a entrada de España na OTAN.
- A Folga de Fame dos prisioneiros do Exército de Republicano irlandés no cárcere do Labirinto en Belfast acaba despois de sete meses e 10 mortos.
- 1988 - Aterraxe do transbordador espacial norteamericano Discovery na base aérea de Edwards (deserto de Mojave), culminando con éxito a primeira misión da NASA dende o fatal accidente do Challenger no 1986.
- 1990 - Un millón de alemáns festexan en Berlín a unificación alemá e dende entón o país celebra hoxe o Día da Unidade.
- 1991 - A escritora surafricana Nadine Gordimer gaña o Premio Nobel de Literatura.
- 1996:
- Wislawa Szymborska gaña o Premio Nobel de Literatura.
- A República Federal de Iugoslavia (Serbia e Montenegro) e Bosnia e Hercegovina establecen relaciones diplomáticas, nun acordo firmado en París.
Nacementos
editar- 1788 - Lorenzo de Zavala, político e historiador mexicano
- 1792 - Francisco Morazán, político hondureño
- 1800 - George Bancroft, historiador estadounidense
- 1803 - John Gorrie, inventor do proceso "cold-air" da refrixeración
- 1880 - Warner Oland, actor estadounidense de orixe sueca
- 1837 - Nicolás Avellaneda, escritor arxentino
- 1858 - Eleonora Duse, actriz italiana (m. 1924)
- 1886 - Alain-Fournier, escritor francés
- 1889 - Carl von Ossietzky, xornalista e pacifista alemán, galardoado co Premio Nobel da Paz 1935
- 1896 - Gerardo Diego, poeta español
- 1897 - Louis Aragon, escritor francés
- 1898 - Leo McCarey, director de película americano (m. 1969)
- 1899 - Gertrude Berg, actriz americana (m. 1966)
- Artur da Costa e Silva, político e militar brasileiro (m. 1969)
- 1900 - Thomas Clayton Wolfe, escritor estadounidense
- 1904 - Charles J. Pedersen, químico estadounidense, Premio Nobel de Química (m. 1989)
- 1908 - Aníbal Muñoz Duque, eclesiástico colombiano
- 1914 - Ramón de Valenzuela, escritor e político galego
- 1916 - James Herriot, veterinario e escritor
- Ángeles Alvariño, científica galega (m. 2005)
- 1918 - Pedro Lazaga, cineasta español
- 1919 - James M. Buchanan, economista estadounidense
- 1920 - Philippa Foot, filósofa británica (m. 2010)
- 1924 - Harvey Kurtzman, historietista estadounidense
- 1925 - Gore Vidal, escritor estadounidense
- 1925 - Manuel Ramón Llamas Madurga, hidroxeólogo e académico español
- 1931 - Denise Scott Brown, arquitecta e urbanista surafricana
- 1934 - Rodolfo Martín Villa, político e ministro español
- 1936 - Steve Reich, compositor americano
- 1938 - Eddie Cochran, músico estadounidense
- 1941 - Ruggero Raimondi, cantante de ópera italiano
- Chubby Checker, músico popular americano
- 1943 - Carlos Granados, maxistrado español
- Jesús Mariñas, xornalista galego da prensa rosa
- 1947 - John Perry Barlow, músico americano
- 1948 - Pedro del Hierro, deseñador e modisto español
- 1949 - Lindsey Buckingham, músico americano
- 1950 - Pamela Hensley, actriz americana
- 1951 - Dave Winfield, bateador do Béisbol americano
- 1954 - Dennis Eckersley, bateador do Béisbol americano
- Al Sharpton, ministro e político americano
- Stevie Ray Vaughan, guitarrista, cantante de blues americano
- 1955 - David Silveti, matador de touros mexicano
- 1958 - Cándido Chicho Sibilio, baloncestista español de orixe dominicana.
- 1962 - Juan Antonio Ruiz, "Espartaco", toureiro español
- 1962 - Tommy Lee, rockeiro (Motley Crue) estadounidense
- 1965 - Jan-Ove Waldner, xogador do tenis de mesa sueco
- 1973 - Neve Campbell, actriz canadense
- 1974 - Joshua Burke, activista na contra do tabaco canadano
- 1976 - Seann William Scott, actor americano
- 1982 - Julián López “El Juli”, toureiro español
- Erik Von Detten, actor británico
Mortes
editar- 42 a.C. - Gaio Casio Longino, aristócrata, cuestor e nobre da antiga Roma.
- 1226 - Francisco de Asís, místico italiano e predicador, fundador dos franciscanos.
- 1483 - Pedro Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneira, mariscal galego (n. 1425).
- 1556 - Domingo Martínez de Irala, "capitán Vergara", considerado o fundador de Paraguai.
- 1568 - Isabel de Valois, terceira muller de Filipe II.
- 1611 - Raíña Margarida de Austria, muller de Filipe III e nai de Filipe IV.
- 1685 - Juan Carreño de Miranda, pintor español.
- 1734 - Nicolás Tamaral, relixioso misioneiro español.
- 1803 - Samuel Adams, un dos principais autores da independencia dos EUA.
- 1815 - Juan Díaz Porlier, xeneral español.
- 1890 - Joseph Hergenrother, historiador relixioso xermano.
- 1896 - William Morris, deseñador, poeta e reformador socialista inglés.
- 1929 - Gustav Stresemann, político alemán.
- 1931 - Carl Nielsen, compositor dinamarqués.
- 1936 - Roberto Blanco Torres, escritor e xornalista galego. Asasinado polos falanxistas.
- Andrés Ares Díaz, sacerdote galego (asasinado).
- Constante Liste Forján, canteiro, sindicalista e político galego (asasinado).
- 1941 - Emiliano Iglesias Ambrosio, político galego (n. 1878).
- 1953 - Arnold Bax, compositor inglés.
- 1966 - Susana Teodora Ramona Leiva, actriz arxentina.
- 1967 - Woody Guthrie, músico de folk americano.
- 1970 - José García Ramos, médico e político galego (n. 1875).
- 1975 - Pepe Biondi, artista arxentino.
- 1987 - Jean Anouilh, escritor francés.
- Dictinio de Castillo, poeta e profesor galego (n. 1906).
- Kalervo Palsa, artista finlandés.
- 1988 - Franz Josef Strauss, político alemán.
- 1990 - Stefano Casiraghi, empresario monegasco, home de Carolina de Mónaco.
- Curtis LeMay, xeneral da Forza Aérea e funcionario estadounidense, candidato para a vicepresidencia dos Estados Unidos.
- 1992 - Félix Álvarez-Arenas Pacheco, militar e ministro español.
- 1995 - Elena Quiroga, escritora española.
- Arturo García Buhr, director, actor e produtor de cine arxentino.
- 1998 - Roddy McDowall, actor estadounidense.
- Hugo Batalla Parentini, defensor dos dereitos humanos.
- 1999 - Akio Morita, empresario xaponés presidente e cofundador da multinacional Sony.
- Bernard Buffet, pintor francés.
- 2010 - Philippa Foot, filósofa británica (n . 1920)
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: Santa Tareixa do Neno Xesús, San Francisco de Borxa, Edmundo e Esiquio (confesores); Cándida, Dionisio, Cándido, Peregrino, Denís, Fausto, Caio, Heraclio, Diodoro e Evaldo (Martires); Alba, Antón, Bieito, Cibrán, Maximiano, Patusio e Ursicino (Bispos); Xerardo, Vidrado e Uto (Abades); Xuvino (Eremita); Vela (Beato); Romana (Virxe).
Notas
editar- ↑ culturagalega.org (2013-01-22). "O Mariscal morreu o 3 de outubro de 1483 e tiña un fillo ilexítimo". culturagalega.org. Consultado o 2020-12-17.