Rodger Ward
Rodger M. Ward, nado o 10 de xaneiro de 1921 en Beloit (Kansas) e finado o 5 de xullo de 2004 en Anaheim (California) foi un piloto de carreiras estadounidense que gañou as 500 Millas de Indianápolis de 1959 e 1962 . Tamén foi o campión da USAC Car Championship de 1959 e 1962.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xaneiro de 1921 Beloit, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 5 de xullo de 2004 (83 anos) Anaheim, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo |
Deporte | automobilismo |
Premios | |
Inicios
editarWard, naceu en Beloit, Kansas, era fillo de Ralph e Geneva (née Banta) Ward. En 1930, a familia mudouse a California. Morreu en Anaheim.
O pai de Ward posuía un negocio de chatarra de automóbiles nos Ánxeles. Roger tiña 14 anos cando construíu un Ford hot rod. Foi piloto de combate nun P-38 Lightning na segunda guerra mundial. Gustaba tanto de voar que pensaba que sería a súa profesión. Comezou a voar nun B-17 Flying Fortress e era tan bo que se mantivo como instrutor. Logo da guerra estivo destinado en Wichita Falls, Texas, onde a catrocentos metros construíron un circuíto de terra.[1]
Carreiras de Midget cars
editarComezou a competir nas carreiras de midget cars (coches ananos) en 1946 despois de que fora dado de alta do exército. Terminou pobremente. Mellorou en 1947 e en 1948 gañou o Gran Premio de San Diego. Correu nun Offenhauser en 1949 e gañou varias carreiras.
Ward, conmocionou o mundo das carreiras de coches ananos cando rompeu unha longa racha de vitorias do motor Offenhauser usando un motor Ford 60 "shaker" de Vic Edelbrock no Estadio Gilmore o 10 de agosto de 1950.[2] O motor foi un dos primeiros en usar nitro metano como combustible. Ward e Edelbrock correron no Orange Show Estadio a noite seguinte e volveron gañar. Ward, utilizou o seu coche anano en 1959 para vencer aos mellores coches deportivos na carreira de Fórmula Libre en Lime Rock Park.[3] Antes dese momento o midget considerábase só competitivo para pista ovalada. Ese mesmo ano, Ward presentouse no Gran Premio dos Estados Unidos para coches de Fórmula Un co coche anano, coa falsa crenza de que era moito máis rápido nas curvas, un feito que non atopou certo ao comezo da práctica. Retirouse da carreira logo de vinte voltas por unha falla mecánica.
Coches de Campionato
editarGañou o campionato AAA Stock Car en 1951 (máis tarde USAC Stock Car). O campionato deulle unha oportunidade para facer unha proba de novato nas 500 Millas de Indianápolis de 1951. Pasou a proba e clasificouse para a carreira. Terminou 34 voltas antes do final debido a que o seu coche sufriu unha rotura nun tubo de aceite. Fixo 130 voltas nas 500 Millas de Indianápolis de 1952 antes de que fallara a presión de aceite. As 500 Millas de Indianápolis de 1953 terminaron logo de 170 voltas, e a súa participación nas 500 Millas de Indianápolis de 1954 terminou despois de que o seu coche detívose na recta oposta. Completou todas as voltas, por primeira vez en 1956, terminando oitavo.
En 1959 uniuse ao equipo líder de Bob Wilke e do mecánico A. J. Watson, formando o que se coñece como os "3 W" e Ward gañou as súas primeiras 500 Millas de Indianápolis. Gañou o Campionato Nacional da AAA con vitorias en Milwaukee, DuQuoin e na Indy Fairgrounds.[1] Finalizou a tempada 1959 competindo no único Gran Premio dos Estados Unidos que se celebrou en Sebring Raceway.
Ward, batallou con Jim Rathmann polo liderado nas 500 Millas de Indianápolis de 1960. Nun dos duelos épicos na historia da Indy 500, Ward e Rathmann intercambiaron o liderado 14 veces antes de que Ward desacelerara na volta 197 para coidar o seu desgastado pneumático dianteiro dereito ata o final. Rathmann, tamén loitou cos pneumáticos desgastados logo dun ritmo tan furioso, tomou a dianteira na volta 197 e os dous pilotos chegaron ranqueando a meta no que aínda é considerado como un dos grandes duelos pola vitoria na historia da Indy 500.
Ward, púxose por diante nas 500 Millas de Indianápolis de 1962 na volta 126 e liderou o resto da carreira. Gañou o campionato da tempada dese ano.
Tivo dificultades para atopar unha posición cómoda no coche que pilotou en Indianápolis en 1965, non logrou clasificarse por pouco. O seu orgullo profesional non lle permitiu terminar a súa carreira dun xeito tan ignominioso, e regresou por última vez en 1966, terminando décimo quinto. No banquete desa noite, Ward dirixiuse entre bágoas ó grupo. "Sempre dixen que ía deixar as carreiras cando deixara de ser divertido", dixo, logo fixo unha pausa mentres se limpaba as bágoas. "Hoxe non foi divertido". Logrou 26 vitorias nas súas 150 participacións entre 1950 e 1964, e terminou entre os dez primeiros en máis da metade das súas participacións.
Logo da retirada
editarWard, pasou a ser o comentarista da NASCAR e Indycars do programa Wide World of Sports da ABC entre 1965 e 1970. En 1980 incorporouse á Indianapolis Motor Speedway Radio Network como piloto experto entre 1980 e 1985, a finais de 1985 deixouno e retirouse en Tustin, California.
Nos últimos anos, traballou como director de relacións públicas para o novo Autódromo de Ontario. Morreu o 5 de xullo de 2004 aos 83 anos de idade.
Resultados nas 500 Millas de Indianápolis
editar
|
|
Andaina no Campionato Mundial de F1
editarAs 500 Millas de Indianápolis formaron parte do Campionato do Mundo FIA desde 1950 ata 1960 os pilotos que competiron na Indy durante eses anos foron acreditados con puntos para a participación no Campionato Mundial. Roger Ward participou en 12 carreiras do Campionato do Mundo de F1, 10 participacións nas 500 Millas de Indianápolis es os Gran Premio dos Estados Unidos de 1959 1963. Nunca logrou a a pole, gañou 1 carreira, non logrou ningunha volta rápida, e terminou no podio 2 veces. Acumulou un total de 14 puntos no campionato.
Resultados Completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Biography at the West Coast Stock Car Hall of Fame, written in 2003, Retrieved November 13, 2007
- ↑ Vic Edelbrock's Biography Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine. at the National Midget Auto Racing Hall of Fame, Retrieved January 11, 2007
- ↑ Biography Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. at the National Midget Auto Racing Hall of Fame (name is spelled incorrectly), Retrieved January 11, 2007
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rodger Ward |