[go: up one dir, main page]

Noz (froito)

froito seco

En botánica, unha noz considérase un froito seco indehiscente (que non abre ao madurar), monospermo (composto por unha única semente) e cun pericarpo duro. A maioría derivan de pistilos con ovario ínfero (situado por baixo do receptáculo floral) cuxa parede está endurecida.[1]

Landras de carballo.

Atópanse exemplos de noces na orde das Fagales, por exemplo:

Contrariamente ao que poida parecer, o froito da nogueira non se considera botanicamente unha noz, senón unha drupa xa que só ten endurecido o endocarpio e o seu mesocarpio é carnoso.

Cociña

editar

En gastronomía, as noces son unha categoría moito menos restritiva que na botánica, pois o vocábulo aplícase normalmente a moitas sementes que non son noces verdadeiras. Calquera semente grande, oleaxinosa, con casca dura e empregada como alimento pode ser considerada como unha noz. Como as noces teñen xeral un índice elevado de aceite son un alimento e unha fonte de enerxía moi apreciada.[2] Un gran número sementes son comestíbeis polos seres humanos e empregadas na cociña, comidas crúas, xerminadas ou torradas, como un aperitivo ou en pastelaría, e mesmo espremidas para extraerlles o aceite, empregado en cociña e cosméticos[3].

Reprodución

editar

Os froitos de casca rexa de clima temperado proveñen de árbores da orde Fagales, xeralmente polinizadas polo vento:

Noces "non verdadeiras"

editar

Algunhas noces que non o son verdadeiramente no sentido botánico son:

A castaña de Indias (Aesculus hippocastanum), alén de comestíbel, é tamén usada nun antigo xogo de nenos, no que unha noz é enfiada nun cabo forte e entón cada neno tenta quebrar a do seu opoñente baténdolle coa súa.

Valor nutricional

editar

As noces, a pesar do sabor agradábel, por moito tempo foran consideradas inconvenientes para alimentación humana por seren ricas en graxa. Con todo, algunhas desas oleaxinosas, achegan un gran beneficio para a saúde pois axudan a controlar o colesterol malo e por consecuencia axudan a protexer o corazón.[7]

Graxa e valor calórico

editar
froito Graxa g / 100 g Valor calórico kJ / 100 g Valor calórico en kcal / 100 g[8][9]
Castaña de caju [10] 42,2 2377 572
Amendoín (non torrado) 48,1 2337 564
Amendoín (sen sal, torrado) 49,4 2423 585
Abelá (sen tegumento) 61,6 2662 644
Coco 36,5 1498 363
Macadamia 73,0 2896 703
Améndoa (sen tegumento) 54,1 2411 583
Castaña do Pará [11] 66,8 2764 670
Noz de pecán [12] 72,0 2897 703
Pistacho [13] (sen tegumento) 51,6 2406 581
Noz (sen tegumento) 62,5 2738 663

Composición química

editar

Cada 100 gramas de noz contén:

  1. Font Quer, P. (1985). Diccionario de Botánica (en castelán). Barcelona: Labor. p. 765. ISBN 9788433558046. 
  2. "Castanhas e Nozes – Quais são os Benefícios?". Receita Natural (en portugués). 2017-06-02. Consultado o 2020-04-06. 
  3. Revista Cabeleireiros. "A alimentazón e a saúde dos cabelos". Consultado o 3 de marzo de 2012. 
  4. Gilman, Edward F.; Watson, Dennis G. (novembro de 1993). "Carya illinoensis, Pecan" (PDF) (en inglés). Universidade de Florida. Consultado o 3 de marzo de 2012. 
  5. Saúde através da Alimentazón Natural. "Frutos Secos, Noces". Consultado o 3 de marzo de 2012. [Ligazón morta]
  6. Portal São Francisco. "Amendoim". UNITINS, Fundación Universidade do Tocantins. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2012. Consultado o 3 de marzo de 2012. 
  7. Gonçalves, Fabiana. "Sementes do bem". Revista Dieta já!, Editora Escala. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2015. Consultado o 3 de marzo de 2012. 
  8. Deutsche Forschungsanstalt für Lebensmittelchemie, Garching, Lebensmitteltabelle für die Praxis, Der kleine Souci • Fachmann • Kraut , Wissenschaftliche Verlagsgesellschaft mbH, 2009, ISBN 978-3-8047-2541-6
  9. 9,0 9,1 Hu,, Frank B. "Micronutrient Information Center" (en inglés). Linus Pauling Institute, Oregon State University. Consultado o 3 de marzo de 2012. 
  10. Agostini-Costa, Tânia da S.; Vieira, Roberto F.; Naves, Ronaldo V. (29 de decembro de 2005). "Caju, identidade tropical que exala saúde". Embrapa. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2012. Consultado o 3 de marzo de 2012. 
  11. Mori, Scott A. "The Brazil Nut Industry --- Past, Present, and Future" (en inglés). The New York Botanical Garden. Consultado o 3 de marzo de 2012. 
  12. Peterson, J. K. "Pecan, Carya illinoensis (Wangenh.) K. Koch" (en inglés). Northeastern Area State and Private Forestry (S&PF). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 3 de marzo de 2012. 
  13. TodaFruta (24 de febreiro de 2006). "Pistache". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2015. Consultado o 3 de marzo de 2012. 
  14. Bertolussi, Patrícia. "Sementes Oleaginosas" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 3 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar