[go: up one dir, main page]

Montederramo

concello da comarca de Terra de Caldelas, na provincia de Ourense.

Montederramo é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Terra de Caldelas e parte da Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal, en 2018 tiña 722 habitantes (1.188 en 2003), cunha poboación menor de 15 anos do 2,08%.

Modelo:Xeografía políticaMontederramo
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°16′36″N 7°30′15″O / 42.2767, -7.5042
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalMontederramo Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación688 (2023) Editar o valor en Wikidata (5,07 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie135,57 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude904 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataÓscar Diéguez González (2023–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Montederramo Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32049 Editar o valor en Wikidata

Poboación

editar
Censo total 722 (2018)
Menores de 15 anos 15 (2.08 %)
Entre 15 e 64 anos 382 (52.91 %)
Maiores de 65 anos 325 (45.01 %)
Evolución da poboación de Montederramo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.076 3.795 3.443 2.047 1.130
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio histórico e artístico

editar

Na parroquia de Santa María atópase o mosteiro de Santa María de Montederramo. Trátase dun mosteiro medieval posiblemente fundado no século X e que chegou a se converter nun dos mosteiros de maior poderío económico e social durante moitos anos en Galicia. Na actualidade o seu templo é un dos mellores exemplos do estilo arquitectónico herreriano.

editar

Conta a lenda que San Mamede era un ermitán que vivía no alto da serra que, co tempo, tomaría o seu nome. Alí levantou unha ermida. hoxe derruída, utilizando para traer a pedra un carro no que xunguía dous corzos que tiña amestrados. Pero o caso é que dunha volta veu un lobo e comeulle un dos corzos. Como castigo, San Mamede xunguiu o lobo co outro corzo e tivo que turrar do carro ata rematar a construción da capela [1].

Galería de imaxes

editar

Parroquias

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Montederramo

Os Abeledos (San Vicente) | As Chás (San Xoán) | Covas (San Xoán) | Gabín (San Pedro) | Marrubio (Santo André) | A Medorra (Santiago) | Montederramo (Santa María) | Nogueira (Santa María) | Paredes (Santa María) | San Cosme de Montederramo (San Cosme) | Sas do Monte (San Pedro) | Seoane Vello (San Xoán) | Vilariño Frío (Santa María)


Lugares de Montederramo

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Montederramo vexa: Lugares de Montederramo.

  1. *Risco, V. (1962): "Cultura espritual", en Historia de Galiza tomo I, (reed. Akal 1979, 255-777). Páx. 345.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Este artigo tan só é un bosquexo 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.