[go: up one dir, main page]

Parada de Sil

concello da comarca de Terra de Caldelas, na provincia de Ourense

Parada de Sil é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Caldelas e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 564 habitantes (808 en 2003).

Modelo:Xeografía políticaParada de Sil
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°22′59″N 7°34′08″O / 42.383055555556, -7.5688888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalParada de Sil Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación520 (2023) Editar o valor en Wikidata (8,33 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie62,43 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude676 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAquilino Domínguez Díaz Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Parada de Sil Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32740 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32057 Editar o valor en Wikidata

Poboación

editar
Censo total 564 (2018)
Menores de 15 anos 18 (3.19 %)
Entre 15 e 64 anos 274 (48.58 %)
Maiores de 65 anos 272 (48.23 %)
Estranxeiros 11 (1.85 %)
Evolución da poboación de Parada de Sil   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3.287 3.272 2.912 2.287 788 670 648 648 642 634 605 592
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

editar

O concello, situado ao norte da provincia de Ourense, ten 62,4 km², e abrangue 9 parroquias. Limita ao norte con Sober (provincia de Lugo) a través do río Sil, ao sur con Montederramo, ao leste coa Teixeira e ao oeste con Nogueira de Ramuín e Xunqueira de Espadanedo.

A parte norte pertence á Ribeira Sacra, no val do río Sil preto da desembocadura no Miño, determinado polo encoro de Santo Estevo. A parte sur ten zonas montañosas, como as lombas desgastadas da terra da Picoña, Cabeza de Meda, Os Confurcos, Os Burdiallos e Os Salgueiriños. Entremedias, hai unha área de media montaña con planicies onduladas e cumios como A Carpadena, Outeiro do Río, A Espereta, Biruxe, Corzas, A Gándara e Os Penediños. Estas zonas xeográficas determinan a climatoloxía, oceánica de montaña nas zonas máis altas, e oceánico mediterráneo na ribeira.

Historia

editar

Durante o antigo réxime a zona pertenceu á xurisdición de Chandrexa de Sacardebois.

Patrimonio

editar

No concello destaca o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. Na parroquia de San Lourenzo de Barxacova situábase o conxunto da capela e necrópole de San Vítor de Barxacova.

Hai petos de ánimas en Cimadevila, Couto e Teimende. O cruceiro de Forcas está asentado sobre unha roca que fai ás veces de base. Na parroquia de Forcas consérvase sobre o río Mao a ponte románica de Canceliñas, que conta con marcas de canteiro.

O concello conta coa ruta de sendeirismo homologada PR-G 98, Canón do Sil - Santa Cristina. É unha ruta circular de 18 km con principio e fin na prazo do Barquilleiro, da capital do municipio. Discorre na maior parte polos camiños de carro e sendas antigas para cultivar as pendentes de vides. No percorrido vense fornos, sequeiros e muíños, amais do mosteiro románico de Santa Cristina de Ribas de Sil.

O escudo do concello foi proposta por Francisco Ogando Vázquez e Fernando González Suárez en marzo de 1988, e aprobado pola Xunta de Galicia polo decreto 563/1990 do 20 de decembro. O primeiro e cuarto cuarteis fan referencia ás nove mitras de ouro (cinco e catro respectivamente), sobre fondo sinople. O segundo cuartel leva as armas dos Castro, condes de Lemos: seis roeis azuis sobre campo de prata. O terceiro cuartel leva unha palma de ouro baixo unha coroa real da mesma cor, en campo de goles. Ao timbre, coroa real pechada.

Galería de Imaxes

editar

Parroquias

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Parada de Sil

Caxide (Santa Cristina) | Chandrexa (Santa María) | Forcas (San Mamede) | A Hedrada (Santiago) | Parada de Sil (Santa Mariña) | As Paradellas (Santa María) | Pradomao (San Xiao) | Sacardebois (San Martiño) | San Lourenzo de Barxacova (San Lourenzo)

Lugares de Parada de Sil

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Parada de Sil vexa: Lugares de Parada de Sil.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar