[go: up one dir, main page]

Misión (Ourense)

Misión foi un periódico editado en Ourense entre 1937 e 1938.

Misión
PaísEspaña
LugarOurense
Lingualingua castelá
Fundación1937
Primeira edición1937
Descrito porGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Enciclopedia Galega Universal e Diccionario da literatura galega
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulada Revista quincenal de la Parroquia y la Escuela, apareceu o 16 de febreiro de 1937. Fundada por Ricardo Outeiriño. Entre os seus colaboradores figuraron Vicente Risco, Bartolomé Mostaza, Ramón Otero Pedrayo, José Aldea, C. Silva Castro, Félix Lois, Antonio Montealegre, Ramón Hierro, Luís Monteagudo, Ramiro de Maeztu, Enrique Chao Espina, Gumersindo Placer, José Luis Parente, Alfonso Iniesta, Manuel Casado Nieto, Juan Gallego e Florentino López Cuevillas. Publicouse en Ourense até 1938, sendo posteriormente autorizada para a súa publicación en Pamplona polo Servizo Nacional de Prensa o 29 de xullo de 1939. O 8 de marzo de 1940 autorizouse o seu traslado a Madrid e o 16 de decembro de 1942, foille ratificado o permiso de publicación. En Madrid transformouse en semanal, subtitulándose Semanario del hogar e estivo dirixida por Manuel Cerezales. Revista de orientación católica e española e de carácter literario e informativo. Rematou a súa publicación en 1947.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar