María Teresa Estevan Bolea
María Teresa Estevan Bolea, nada en Huesca o 26 de outubro de 1936, é unha enxeñeira e política española. Foi a primeira muller do Corpo de Enxeñeiros Industriais do Estado, e a terceira muller de España en obter o título de Enxeñeira Industrial (en 1968). En 2018 recibiu o premio mundial Women in Engineering da Federación Mundial de Organizacións de Enxeñería (WFEO).[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1936 (88 anos) Huesca, España |
Eurodeputada | |
Representa: Partido Popular 19 de xullo de 1994 – 19 de xullo de 1999 Lexislatura: IV lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España Electa en: eleccións ao Parlamento Europeo de 1994 | |
Deputada de España | |
13 de novembro de 1989 – 13 de abril de 1993 Lexislatura: IV lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid Electa en: Eleccións Xerais 1989 en España | |
Deputada de España | |
16 de xuño de 1987 – 2 de setembro de 1989 ← Óscar Alzaga Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid Electa en: Eleccións Xerais 1986 en España | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas Madrid |
Ocupación | política, enxeñeira |
Partido político | Partido Popular |
Participou en | |
9 de abril de 2003 | Democracia sen rabia |
Traxectoria
editarMaría Teresa Estevan ingresou na Escola de Enxeñeiros Industriais de Barcelona, onde foi a primeira Enxeñeira Industrial da Universidade Politécnica de Barcelona, [2] sendo a primeira muller do Corpo Estatal de Enxeñeiros Industriais, así como a terceira muller en España en obter este título.[3]
Despois de traballar en empresas cementeiras, químicas, refinerías e gasodutos, dende 1968 ata 1975 traballou na Dirección Xeral de Enerxía cando se iniciou o proceso de autorización de centrais nucleares. Como ela declarou, estaba no nacemento de todas as plantas. [3]
De 1977 a 1982, foi directora xeral de Medio Ambiente e secretaria da Comisión Interministerial de Medio Ambiente. Posteriormente ingresou no Partido Popular, co que foi elixida deputada por Madrid, nas eleccións xerais de España de 1986 e nas de 1989 . Durante eses anos formou parte da Comisión de Industria do Congreso dos Deputados. Foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1994 e de 1994 a 1997 foi membro da Comisión de Investigación, Desenvolvemento Tecnolóxico e Enerxía do Parlamento Europeo .
Dende 1999 ata 2000 presidiu o Consejo Superior de Industria y Energía. En 2000, foi nomeada asesora da Comisión Nacional de Energía e dimitiu en 2001 cando foi nomeada Presidenta do Consello de Seguridade Nuclear, cargo que ocupou ata a súa xubilación en 2006. En 2004, durante a crise provocada polas anomalías da central nuclear de Vandellòs, enviou un informe ao Congreso dos Deputados, minimizando os danos, e criticando a ecoloxistas e socialistas.[3][4]
Foi decana do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid entre 2012 e 2016, institución que en 2007 a recoñeceu coa Mención de Honra á Traxectoria Profesional.[5]
En 2019 a Real Academia de Ingeniería concedeulle o premio "Ingeniero Laureado”" ademais do World Engineering Award que a Federación Mundial de Organizacións de Enxeñería (WFEO) lle concedeu en setembro de 2018.[6]
Polémica
editarA xestión de María Teresa Estevan foi cualificada de nefasta por Greenpeace, que a acusa nun informe de "enganar ao Parlamento e á opinión pública", e durante o seu mandato producíronse escándalos que provocaron, entre outros, unha multa do Ministerio de Economía á Central de Zorita por un importe de 300.000 euros.[7]
Pola súa banda, Estevan denunciou publicamente a existencia dunha campaña contra ela co obxectivo de pechar as centrais nucleares.[8]
Entre as polémicas máis graves figura a ocultación ao Congreso dos Deputados e á opinión pública da gravidade do suceso ocorrido o 25 de agosto de 2005 na central nuclear de Vandellós-2.[9]
O seu paso por diversas institucións estivo caracterizado polo nepotismo, colocando a familiares e amigos, entre os que destaca o seu propio xenro, a quen situou sen experiencia algunha como xefe do gabinete de prensa do CSN.[7]
Notas
editar- ↑ "Premio mundial de ingeniería para la oscense María Teresa Estevan Bolea". Heraldo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2018. Consultado o 22 de outubro de 2018.
- ↑ "La oscense María Teresa Estevan Bolea, primera mujer que gana el Premio Mundial de Ingeniería". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Méndez, Rafael (17 de xullo de 2005). "Estevan Bolea, siempre la primera". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 22 de outubro de 2018.
- ↑ La presidenta del CSN envió al Congreso un informe 'maquillado' sobre Vandellòs a El País, 29 de abril de 2005
- ↑ "Historia de las Menciones Honoríficas del COIIM". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2016. Consultado o 08 de decembro de 2021.
- ↑ "María Teresa Estevan Bolea Reconocida por la Real Academia de Ingeniería con el "Ingeniero Laureado" - COIIM". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2019. Consultado o 31 de xullo de 2019.
- ↑ 7,0 7,1 "Los cinco años de Estevan Bolea al frente del CSN" (PDF).
- ↑ "La presidenta del CSN denuncia una "campaña" contra ella para cerrar las nucleares". El País (en castelán). EFE. 13 de maio de 2005. ISSN 1134-6582. Consultado o 2 de xuño de 2020.
- ↑ "Las diez mentiras de la presidenta del Consejo de Seguridad Nuclear".