Óscar Alzaga
Avogado e político español
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2019.) |
Óscar Alzaga Villaamil, nado en 1942 en Madrid, é un político español.
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito, avogado mercantilista e catedrático de dereito político, pola súa actividade política foi confinado no concello de Cuevas de Ágreda (Soria) no ano 1969.[Cómpre referencia]
Foi un dos fundadores da UCD, deputado no Congreso dos Deputados (1978-1982), e un dos responsables do afundimento da UCD ó fundar o Partido Demócrata Popular no ano 1982, aliado de Alianza Popular co que formou Coalición Democrática.[Cómpre referencia] Foi deputado con ela entre os anos 1982 e 1986, ano no que o PDP rompeu os seus acordos con AP e Alzaga renunciou ó seu escano, e tralos malos resultados do seu partido retirouse da política.