Huesca
Huesca (en aragonés: Uesca[1], en galego antigo: Osca[2], oficialmente Huesca/Uesca) é unha cidade española, capital da provincia de Huesca e da Plana de Uesca, situada ao norte da comunidade autónoma de Aragón. O xentilicio correspondente a esta cidade é o de oscense.
Huesca (es) Uesca (an) | |||||||||
Localización | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
Estado | España | ||||||||
Comunidade autónoma | Aragón | ||||||||
Provincia | Provincia de Huesca | ||||||||
Capital | Huesca | ||||||||
Contén a división administrativa | Apiés (en) Banariés (en) Bellestar del Flumen (en) Buñales (en) Cuarte (en) Fornillos de Apiés (en) Huerrios (en) Huesca Lienas (en) Q9081375 | ||||||||
Poboación | |||||||||
Poboación | 54.136 (2023) (336,16 hab./km²) | ||||||||
Xeografía | |||||||||
Parte de | |||||||||
Superficie | 161,043005 km² | ||||||||
Bañado por | Isuela (en) | ||||||||
Altitude | 488 m | ||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||
Datos históricos | |||||||||
Evento clave
| |||||||||
Santo padrón | Lourenzo mártir | ||||||||
Organización política | |||||||||
• Alcalde | Manuel Bescós (1923–1924) Luis Felipe Serrate (2019–) | ||||||||
Identificador descritivo | |||||||||
Código postal | 22001–22006 | ||||||||
Fuso horario | |||||||||
Prefixo telefónico | 974 | ||||||||
Código INE | 22125 | ||||||||
Outro | |||||||||
Irmandado con | |||||||||
Páxina web | huesca.es | ||||||||
Xeografía
editarHuesca está situada a suroeste da súa provincia, en territorio do Somontano pirenaico, caracterizado por pequenas elevacións, aínda que ás veces abruptas (os mallos), que alternan con chairas e depresións. Nunha destas, chá e feraz,regada polo río Isuela, érguese a cidade ("Hoya de Huesca").
O clima é mediterráneo continentalizado.
Historia
editarEn época prerromana, os ilerxetes ocupaban a rexión oscense. A cidade denominábase Bolskan, e cuñaba moeda no século II a.C.
Durante o século I a.C., co nome de Osca, era xa unha cidade plenamente romanizada. Foi capital da Hispania de Sertorio, revirada contra a República Romana. Suponse que Sertorio morreu nesta cidade.
Foi elevada á categoría de municipio por Augusto no ano 30 a.C., máis dependente con todo de Cesaragusta. Plinio o Vello sitúa Osca na rexión que chama Vescitania. Probabelmente é a mesma cidade que Estrabón cita como Ileoscan. Creuse que tiña minas de prata, cousa que o Pde. Flórez puña en dúbida.
Logo da etapa visigoda e da invasión árabe, Osca pasou a ser controlada polos musulmáns, que a chamaron Wasqa. Fronteira enfronte dos reinos cristiáns do norte, foron insistentes os intentos de asedio que sufriu, o que tornou a cidade nunha base militar de primeiro rango.
No ano 1094 o rei cristián, Sancho III de Aragón, tentou, unha vez máis, tomar Huesca, construíndo preto o castelo de Montearagón, pero morreu dunha setada, cando realizaba un recoñecemento da muralla. Dous anos logo, na primavera de 1096, un exército cristián, liderado polo rei Pedro I, asediou a cidade durante seis meses. Huesca foi entregada ao rei Pedro, o 26 de novembro de 1096, que trasladou a capital do reino de Aragón para a cidade. Porén, cando en 1118, o rei Afonso o Batallador, tomou Zaragoza, Huesca deixou de ser a capital, pois a cidade recentemente tomada seríao desde entón.
En 1837, o pretendente carlista, Carlos María Isidro, tomou a cidade.
Durante a guerra civil, Huesca caeu en mans dos militares sublevados. Os intentos das tropas republicanas por retomala varias veces, foron inútiles, a pesar de dominar a próxima Montearagón.
Patrimonio artístico
editar- Catedral, gótica, edificada entre 1275 e 1515, sobre construcións anteriores. Altar-mor obra de Damián Forment. Posúe fermosas capelas e notábel cripta. Vitrais de Francisco de Valdivieso. O claustro, porén, é románico.
- Museo diocesano.
- Pazo episcopal.
- Igrexa de San Pedro o Vello, igrexa románica con interesante claustro do mesmo estilo. Sepulcros de reis aragoneses. Altares do XVI e XVII.
- Igrexa de San Miguel, obra de transición románico-gótica.
- Igrexa de San Lourenzo, edificación complexa, con obra gótica, e fachada barroca. Pinturas de Jusepe Martínez.
- Igrexa dos santos Domingos e Martiño, gótica en orixe, con reformas barrocas.
- Igrexa de San Vicente, barroca, en ladrillo.
- Seminario da Santa Cruz, con igrexa de 1571, que conserva a ábsida, anterior, gótica.
- Casa do Concello, obra tardo-renacentista de Miguel de Allué, sita na mesma praza da catedral.
- Colexio Imperial, datado en 1534, na mesma praza que o edificio devandito.
- Conxunto da Universidade Sertoriana, contén entre outros:
- Pazo dos Reis de Aragón,
- Zuda árabe,
- Museo Provincial, exhibe desde frescos románicos a coleccións pictóricas de mestres renacentistas, barrocos e outros.
Festas
editar- San Vicente, festas menores (22 de xaneiro).
- San Xurxo (23 de abril).
- San Lourenzo, festas maiores da cidade (9 a 15 de agosto).
Cidades irmandadas
editarNotas
editar- ↑ Uesca é o topónimo en aragonés e tamén oficial segundo a Lei 27/2002, de 26 de novembro, de creación da comarca de Hoya de Huesca/Plana de Uesca Arquivado 03 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega. "Osca". Dicionario de dicionarios do galego medieval.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Huesca |
Ligazóns externas
editar- Concello de Huesca
- El Altoaragón y Huesca Portal Web
- Unha visión diferente de Huesca Arquivado 03 de abril de 2012 en Wayback Machine.
- Rueiro fotográfico da cidade
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |