Maggie Gyllenhaal
Margalit Ruth "Maggie" Gyllenhaal,[1][2][3] nada en Lower East Side o 16 de novembro de 1977, é unha actriz de cinema estadounidense. Foi nomeada ós premios Óscar e ós Globo de Ouro en dúas ocasións.
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Margalit Ruth Gyllenhaal 16 de novembro de 1977 (47 anos) Manhattan, Estados Unidos de América |
Outros nomes | Maggie Gyllenhaal |
Relixión | Xudaísmo e cristianismo |
Educación | Harvard-Westlake School (en) (–1995) The Mountain School (en) Universidade Columbia Royal Academy of Dramatic Art The Center for Early Education |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, directora de cinema, guionista, actriz de dobraxe, actriz de teatro, actriz de televisión, cantante |
Período de actividade | 1992 - |
Partido político | Partido Demócrata |
Membro de | |
Familia | |
Familia | Gyllenhaal |
Cónxuxe | Peter Sarsgaard (2009–) |
Fillos | Ramona Sarsgaard, Gloria Sarsgaard |
Pais | Stephen Gyllenhaal e Naomi Foner Gyllenhaal |
Irmáns | Jake Gyllenhaal |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Filla do director Stephen Gyllenhaal e da escritora Naomi Foner Gyllenhaal, e irmá máis vella do actor Jake Gyllenhaal. Tamén ten un medio irmán chamado Luke, que naceu en 2014 froito do segundo matrimonio de Stephen Gyllenhaal. Maggie comezou a súa carreira como actriz nun filme dirixido polo seu pai, e logo conseguiu recoñecemento xunto ó seu irmán en Donnie Darko, unha produción independente que acabaría converténdose en filme de culto. A súa carreira alzou o voo trala comedia romántica sadomasoquista, Secretary, coa que recibiu boas críticas e un nomeamento ós Globos de Ouro.[4] Gyllenhaal elixiu unha gama de papeis diversa, dende filmes independentes como Sherrybaby, polo que tamén foi nomeada ós Globo de Ouro, até comedias románticas como Trust the Man, así como superproducións como World Trade Center e O cabaleiro escuro.
Gyllenhaal é simpatizante do Partido Demócrata e, do mesmo xeito que o seu irmán e os seus pais, apoia á Unión Americana polas Liberdades Civís. Participou nas manifestacións en contra da guerra pola invasión de Iraq en 2003.
Notas
editar- ↑ Shaitly, Shahesta (12 de xullo de 2014). "Maggie Gyllenhaal: 'I'm claustrophobic, it's taken years to be OK on the subway'". The Guardian. Consultado o 6 de decembro de 2014.
- ↑ Elissa Golstein (8 de agosto de 2014). "Maggie Gyllenhaal Just Learned Her Real First Name – And It's Super-Jewish". Jewcy. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2014. Consultado o 26 de novembro de 2018.
- ↑ The Times of Israel, ed. (8 de agosto de 2014). "Maggie Gyllenhaal is really Margalit". Consultado o 24 de agosto de 2018.
- ↑ ""Maggie Gyllenhaal In The Con" CBS news". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 26 de novembro de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maggie Gyllenhaal |
Ligazóns externas
editar- Maggie Gyllenhaal na IMDb (en inglés).