Jake Gyllenhaal
Jacob Benjamin "Jake" Gyllenhaal, nado nos Ánxeles (California) o 19 de decembro de 1980, é un actor estadounidense. Foi nomeado ós Premios Óscar e ó British Academy of Film and Television Arts.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Jacob Benjamin Gyllenhaal 19 de decembro de 1980 (43 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Relixión | Xudaísmo e cristianismo |
Educación | Universidade Columbia The Center for Early Education Harvard-Westlake School (en) Young Actors Space |
Altura | 181,6 cm |
Actividade | |
Ocupación | actor de cinema, actor de televisión, actor de teatro, actor de dobraxe |
Período de actividade | 1991 - |
Partido político | Partido Demócrata |
Membro de | |
Familia | |
Familia | Gyllenhaal |
Parella | Jeanne Cadieu (2018–) Alyssa Miller (2013–2013) Taylor Swift (2010–2011) Reese Witherspoon (2007–2009) Kirsten Dunst (2002–2004) |
Pais | Stephen Gyllenhaal e Naomi Foner Gyllenhaal |
Irmáns | Maggie Gyllenhaal |
Parentes | Ramona Sarsgaard, sobriña Gloria Sarsgaard, sobriña |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarFillo do director sueco Stephen Gyllenhaal e a guionista Naomi Foner, comezou a actuar con 11 anos nun filme do seu pai.
Os papeis máis exitosos de Gyllenhaal comezaron no 1999 con October Sky película na que se conta a historia real duns amigos que viven nunha pequena vila dos Estados Unidos na década de 1950 e que tras observar o lanzamento dun foguete por parte dos rusos deciden construír os seus propios trebellos. En 2001 con Donnie Darko, no que aparece xunto á súa irmá Maggie Gyllenhaal e no cal facía o papel dun esquizofrénico. No 2002 protagonizou O neno burbulla, aínda que este filme non tivo grande éxito comparado cos dous anteriores. En 2004 protagoniza The Day After Tomorrow, no que facía dun estudante atrapado nunha catástrofe natural provocada polo quentamento global. O ano seguinte realizou o papel cume na súa carreira o cal o levou a gañar varios premios entre o que se atopa o premio da Academia BAFTA como mellor actor secundario no seu papel como vaqueiro homosexual no filme Brokeback Mountain, no cal traballou xunto con Heath Ledger. Este filme baséase na novela de Annie Proulx. Nese mesmo ano protagoniza a película Jarhead xunto co seu cuñado, Peter Sarsgaard, onde se mete no papel dun marine que viaxa a Iraq para loitar contra as tropas de Sadam Hussein.
Filmografía
editarAno | Filme | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1991 | City Slickers | Danny Robbins | |
1993 | Josh and S.A.M. | Leon | |
A Dangerous Woman | Edward | como Jacob Gyllenhaal | |
1998 | Homegrown | Jake/Blue Kahan | |
1999 | October Sky | Homer Hickam Jr. | |
2001 | Donnie Darko | Donald J. "Donnie" Darko | |
Bubble Boy | Jimmy Livingston | ||
Lovely & Amazing | Jordan | ||
2002 | Highway | Piloto Kelson | |
Moonlight Mile | Joe Nast | ||
The Good Girl | Thomas 'Holden' Worther | ||
2003 | Abby Singer | Himself | (Cameo) |
2004 | The Day After Tomorrow | Sam Hall | |
2005 | Brokeback Mountain | Jack Twist | |
Jarhead | Anthony Swofford | ("Swoff") | |
Proof | Harold 'Hal' Dobbs | ||
2007 | Zodiac | Robert Graysmith | |
Rendition | Douglas Freeman | ||
2009 | Brothers | Tommy Cahill | |
Nailed | Howard Birdwell | ||
2010 | Prince of Persia: The Sands of Time | Príncipe Dastan | |
Love and Other Drugs | |||
2011 | Source Code | Colter Stevens | |
2012 | End of Watch | Bryan Taylor | |
2013 | Prisoners[1] | Detective Loki | |
2014 | Enemy | Adam Bell / Anthony Clair
Lou |
Notas
editar- ↑ "'Prisoners', starring Hugh Jackman and Jake Gyllenhaal, begins filming in Atlanta in January". On Location Vacations. 11 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2012. Consultado o 9 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jake Gyllenhaal |