The Guardian
The Guardian é un xornal británico propiedade de Guardian Media Group. Publícase de luns a sábado en formato Berliner. Ata 1959 foi chamado The Manchester Guardian, reflectindo as súas orixes locais. O xornal aínda segue sendo coñecido por este nome especialmente en América do Norte, aínda que ten a súa base en Londres desde 1964 (con servizos de imprenta tanto en Manchester como en Londres).
The Guardian | |
Xornal | The Guardian |
Ano fundación | 1821 |
Xénero | Xeralista |
País | Reino Unido |
Cidade onde se edita | Londres |
Ámbito de distribución | |
Idioma | Inglés |
Periodicidade | Diario |
Empresa editora | Guardian Media Group |
Fundador | |
Director/a | Alan Rusbridger |
Tirada media | 350.000 |
As editorais deste xornal adoitan ser normalmente de tendencias esquerdistas. Unha enquisa feita polo grupo MORI entre abril e xuño do 2000 mostrou que o 80% dos lectores de The Guardian eran votantes do partido Laborista. De acordo con outra enquisa feita en 2004, o 44% dos lectores deste xornal votaron ao partido laborista e un 37% aos liberal demócratas[1]
Foi o primeiro xornal británico en imprimir en formato Berliner. En novembro de 2005 The Guardian tivo unha media de 378.618 exemplares vendidos, comparado cos 904.955 exemplares de Daily Telegraph, os 692.581 de The Times e 261.193 de The Independent[2] O xornal coñécese ás veces como "The Grauniad" como resultado de frecuentes erros tipográficos.
Notas
editar- ↑ MORI, 2005-03-09. "Voting Intention by Newspaper Readership Arquivado 26 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine.".
- ↑ Audit Bureau of Circulations Ltd.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Guardian |