[go: up one dir, main page]

Manuel Fernández Sendón

sindicalista e político galego

Manuel Fernández Sendón, nado en Ribeira cara a 1906 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1937, foi un sindicalista e político galego.

Modelo:BiografíaManuel Fernández Sendón
Biografía
Nacementoc. 1906 Editar o valor en Wikidata
Ribeira, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xaneiro de 1937 Editar o valor en Wikidata (30/31 anos)
cemiterio de Boisaca, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsEnrique Fernández Sendón Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4307

Traxectoria

editar

Irmán de Enrique Fernández Sendón. Piloto da mariña mercante. Militante da UGT de Ribeira e do POUM. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión militar o 21 de decembro con Julio Silva Vilas, Eugenio Rodríguez Bilbao, José Sieira González e José Lijó Louro,[1] foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca de Compostela o 29 de xaneiro de 1937.[2]

  1. El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2.
  2. El Eco de Santiago, 29-1-1937, p. 2.