Eugenio Rodríguez Bilbao
médico e político galego
Eugenio Rodríguez Bilbao, nado na Coruña en 1904 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1937, foi un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 A Coruña, España |
Morte | 29 de xaneiro de 1937 (32/33 anos) cemiterio de Boisaca, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Traxectoria
editarEstudo o bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela. Fixo medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Estableceuse como médico en Ribeira en 1929.[1] Afiliado ao PSOE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 defendeu a legalidade republicana na casa do Concello de Ribeira e foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión militar o 21 de decembro con Manuel Fernández Sendón, Julio Silva Vilas, José Sieira González e José Lijó Louro,[2] foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca de Compostela o 29 de xaneiro de 1937.[3]
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 7-5-1929, p. 17.
- ↑ El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2.
- ↑ El Eco de Santiago, 29-1-1937, p. 2.