[go: up one dir, main page]

Julio Silva Vilas

sindicalista, político e xornalista galego

Julio Silva Vilas, nado en Ribeira o 15 de xullo de 1909 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xaneiro de 1937, foi un sindicalista, político e xornalista galego.

Modelo:BiografíaJulio Silva Vilas
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1909 Editar o valor en Wikidata
Ribeira, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xaneiro de 1937 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
cemiterio de Boisaca, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, político, xornalista Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4310

Traxectoria

editar

Barbeiro. Secretario xeral da UGT de Ribeira. Foi membro da Juventud Cultural Republicana. Colaborou en La Lucha, RAIG e Ser. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión militar o 21 de decembro con Manuel Fernández Sendón, Eugenio Rodríguez Bilbao, José Sieira González e José Lijó Louro,[1] foi condenado a pena de morte. Foi executado no cemiterio de Boisaca de Compostela o 29 de xaneiro de 1937.[2]

Vida perosal

editar

Casou con Carmen Pérez Martínez o 21 de outubro de 1935, coa que tivo un fillo.

  1. El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2.
  2. El Eco de Santiago, 29-1-1937, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Diarios de Julio Silva. Ribeira: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de Ribeira. 2019. 

Ligazóns externas

editar