Linguas eslavas
As linguas eslavas son un grupo lingüístico das linguas indoeuropeas pertencente ós eslavos. Estas linguas fálanse ó longo da Europa do leste, nalgunhas zonas dos Balcáns, Europa central e no norte de Asia.
Grupos
editarGrupo oriental
editarGrupo meridional
editar- Existe un subgrupo occidental composto por:
- Esloveno
- Serbio
- Croata
- Bosníaca
- Montenegro (mutuamente intelixíbeis)
- e outro oriental composto por:
Grupo occidental
editar- Checo
- Eslovaco
- As linguas lequíticas:
- Polaco
- Silesiano
- Polabio (extinto)
- Caxubio (ou caxubiano)
- Pomeraniano(ou pomeranio extinto)
- Alto sorabo
- Baixo sorabo
A lingua literaria eslava máis antiga é o eslavo eclesiástico antigo, que pervive no eslavo eclesiástico e na lingua planificada intereslavo.
Historia
editarRaíces
editarTódalas linguas eslavas descenden do protoeslavo. A maioría dos lingüistas afirman que o proto-eslavo evolucionou do protobaltoeslavo, antecesor común do protobáltico (da que derivan as linguas bálticas). O proto-balto-eslavo orixinaríase nos territorios que arrodean a actual Lituania arredor do ano -3000. O proceso de separación tivo lugar a finais do II Milenio. Algúns lingüistas, maiormente procedentes dos países bálticos, manteñen que non existiu esta lingua común.
Evolución
editarA imposición do eslavo eclesiástico sobre os eslavos ortodoxos fíxose en detrimento das súas variedades dialectais, as cales se enriqueceron aproveitando o seu vocabulario para os conceptos abstractos. Os autores do Renacemento polaco e o Barroco croata do século XVI, pola contra, empregaron o vernáculo.
Con esa influencia do eslavo eclesiástico, a literatura eslava gozou de independencia lingüística. Só a tradición literaria croata ten tanta antigüidade como o eslavo eclesiástico. Comezou co Codex Vinodol e continuou no Renacemento ata que o croata se codificou en 1850, aínda que boa parte da literatura entre 1300 e 1500 se escribiu nunha mestura de vernáculo e eslavo eclesiástico semellante ao empregado en Rusia e noutras partes. O monumento antigo máis importante da escrita croata é a táboa de Baška, de finais do século XI. É unha lousa de pedra atopada na pequena igrexa de Santa Lucía na illa croata de Krk; contén texto escrito en čakavian, hoxe en día un dialecto do croata e en escrita glagolítica croata. A independencia de Dubrovnik facilitou a continuidade da tradición. As linguas dos eslavos católicos rozaron a extinción en numerosas ocasións. O texto máis antigo en polaco é do século XIV; con anterioridade, a lingua da administración era o latín. O checo estivo sempre en perigo de ceder diante do alemán, e o sorabo, falado actualmente só na Alemaña por varios miles de persoas. O esloveno, baixo influencia alemá e italiana, limitábase a ser unha lingua rexional falada polos campesiños e só se escribiu coa Reforma protestante do século XVI.
As influencias estranxeiras máis recentes seguen a mesma tónica xeral nas linguas eslavas que no resto e dependen das relacións políticas dos eslavos. No século XVII, o ruso burgués (delovoi jazyk) absorbeu palabras do alemán a través de contactos directos entre os rusos e comunidades de alemáns asentados na Rusia. Na época de Pedro o Grande, os contactos frecuentes coa Francia introduciron numerosos empréstimos e calcos, moitos dos cales substituíron empréstimos eslavos máis antigos. O ruso, pola súa volta, influenciou a maioría das linguas eslavas durante o século XIX. Os escritores croatas tomaron palabras checas libremente, mentres que os checos, loitando pola supervivencia da súa lingua, tomaron moitas do ruso. A influencia do ruso sobre o búlgaro é moito máis notoria, xa que este tomou moitas palabras rusas para substituír os empréstimos do turco e do grego, de tal maneira que moitas palabras búlgaras manteñen unha estrutura fonética infrecuente no búlgaro ou mesmo nas linguas eslavas meridionais.
Diferenciación das linguas eslavas
editarO proto-eslavo existiu aproximadamente até mediados do I Milenio a.C. No século VII xa se dividira en zonas dialectais extensas. Non existen teorías satisfactorias acerca da natureza da posterior separación entre eslavo occidental e meridional. Pénsase que o eslavo meridional converxeu nun ruso antigo que perdurou até o século XII. Pénsase que os eslavos meridionais chegaron aos Balcáns en dúas ondas e que entre elas houbo unha poboación grande de válacos.
A diferenciación lingüística viuse favorecida pola dispersión dos pobos eslavos sobre un territorio enorme -que en Europa Central excedía a extensión actual das maiorías eslavo-falantes. Os documentos escritos dos séculos IX, X e XI mostran xa trazos lingüísticos locais.
O movemento de falantes de linguas eslavas cara aos Balcáns nos últimos séculos do Imperio Bizantino expandiu a área de fala eslava, mais a lingua escrita pre-existente (o grego) sobreviviu nesta área. A chegada dos húngaros á Panonia no século IX interpuxo falantes de linguas non eslavas entre os eslavos meridionais e occidentais, cortando en consecuencia a conexión entre os eslavos da Croacia Branca (Crobatia, actual Polonia) e Serbia Branca (Pomeria, actual Alemaña) dos eslavos meridionais (croatas e serbios). As conquistas dos francos completaron a separación entre estes dous grupos, cortando tamén a conexión entre os eslavos da Moravia e a Baixa Austria (Moravia) dos das actuais Estiria, Carintia, o distrito de Lienz en Austria e nas provincias da actual Eslovenia, onde os antecesores dos eslovenos se asentaran durante a primeira colonización.
Particularidades lingüísticas
editarA escrita
editar- As linguas eslavas occidentais escríbense mediante o alfabeto latino arriquecido con diacríticos.
- As linguas eslavas meridionais escríbense mediante o alfabeto cirílico (serbio - que tamén pode empregar o latino, como sucede en Montenegro), macedonio, búlgaro) ou o alfabeto latino (bosníaco, croata, serbio, esloveno).
- As linguas eslavas orientais escríbense mediante o alfabeto cirílico.
Unha norma -simplificada- de resumir a situación é pensar que as linguas eslavas dos países ortodoxos empregan o alfabeto cirílico e os demais o alfabeto latino.
Táboa comparativa dalgunhas linguas eslavas
editarNesta táboa compáranse a escrita dalgunhas palabras destas linguas xunto coa súa tradución ao galego.
Galego | Alto Sorbio | Baixo Sorbio | Polabo | Polaco | Checo | Esloveno | Ruso | Serbio | Croata | Ucraína |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Home | čłowjek | cłowjek | clawak, clôwak | człowiek | člověk | člôvek | человек (čelovék) | човек (čovek) | čovjek | людина (ljudyna) |
Noite | wječor | wjacor | vicer | wieczór | večer | večér | вечер (véčer) | вече (veče) | večer | вечір (večir) |
Irmán | bratr | bratš | brot | brat | bratr | bràt | брат (brat) | брат (brat) | brat | брат (brat) |
Día | dźeń | źeń | dôn | dzień | den | dán | день (djeń) | дaн (dan) | dan | день (deń) |
Man | ruka | ruka | ręka | ręka | ruka | rôka | рука (ruká) | рука (ruka) | ruka | рука (ruka) |
Outono | nazyma | nazyma | prenja zaima, jisin | jesień | podzim | jesén | осень (óseń) | jeсен (jesen) | jesen | осінь (osiń) |
Neve | sneh | sněg | sneg | śnieg | sníh | snég | снег (sneg) | снег (sneg) | snijeg | сніг (snih) |
Verán | lěćo | lěśe | let | lato | léto | polétje | лето (léto) | лето (leto) | ljeto | літо (lito) |
Irmá | sotra | sotša | sestra | siostra | sestra | sêstra | сестра (sestrá) | сестра (sestra) | sestra | сестра (sestra) |
Peixe | ryba | ryba | ryba | ryba | ryba | ríba | рыба (rýba) | риба (riba) | riba | риба (ryba) |
Lume | woheń | wogeń | widin | ogień | oheň | ôgənj | огонь (ogóń) | вaтрa (vatra) | vatra | вогонь (vohoń) |
Auga | woda | wóda | wôda | woda | voda | vôda | вода (vodá) | вода (voda) | voda | вода (voda) |
Vento | wětr | wjatš | wjôter | wiatr | vítr | vétər | ветер (véter) | ветaр (vetar) | vjetar | вітер (viter) |
Inverno | zyma | zyma | zaima | zima | zima | zíma | зима (zimá) | зима (zima) | zima | зима (zyma) |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Continuidade étnica e etnoxénese eslava
- Let's try Slavic languages!
- Dicionarios eslavos en Slavic NetArquivado 17 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine.
- Slavistik-Portal Portal Slavistics (Alemaña)
- WordReference - foro das linguas eslavas