[go: up one dir, main page]

Jean Lafaurie

numismático francés

Jean Lafaurie, nado o 21 de novembro de 1914 en Bordeos, Aquitania, e finado o 22 de xullo de 2008 na mesma cidade, foi un numismático francés.

Modelo:BiografíaJean Lafaurie
Biografía
Nacemento21 de novembro de 1914
Bordeos, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xullo de 2008 (93 anos)
Bordeos.
Francia
País de nacionalidadeFrancesa.
Educación Escola Práctica de Altos Estudos.
Universidade de París.
Q89547790Estudos de moeda francesa medieval.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático, bibliotecario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorGabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia
École pratique des hautes études Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios
- 1965: Medalla da RNS.
- 1974: Medalla Huntington (ANS)
- (1993): Premio Derek Allen (BA).

Xunto con Philip Grierson e Walter Hävernick, foi un dos numismáticos máis salientables da segunda metade do século XX na investigación da historia monetaria da Idade Media.[1]

Traxectoria

editar

Nado en Bordeos, e nesa cidade traballou inicialmente como empregado de correos. Carente dunha formación numismática específica, Lafaurie instalouse en París, onde frecuentou o ambiente numismático e, en 1944, ingresou como axudante no Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, inicialmente na sección de moeda moderna e papel moeda.[1] A súa vinculación ao Gabinete mantívose ata a súa xubilación en 1979, logo da cal se lle concedeu o título de conservador honorario.[2]

Completou os seus estudos na Escola Práctica de Altos Estudos da Universidade de París, onde se graduou en 1949 cunha tese que sentou as bases dos seus dous libros sobre as moedas dos reis franceses.[1] O primeiro destes catálogos, publicado en 1951, abrangue os monarcas da dinastía dos Capetos e da casa de Valois, ata Lois XII, e o segundo dedícase aos soberanos dos séculos XV e XVI, publicado en 1956.[3]

No propio 1949 comezou a exercer a docencia de Numismática Romana e Medieval na Escola Práctica de Altos Estudos,[2] e en 1958 foi nomeado director de estudos desa institución académica.[1]

Sen abandonar outras épocas, Lafaurie foi orientando as súas investigacións cara á numismática dos séculos III a XI (moedas ostrogodas e cuñaxes visigodas, particularmente dos burgundios e dos francos, cuñaxes merovinxias etc.).[4]

En 1953 participou, en condición de secretario, na organización do V Congreso Internacional de Numismática, celebrado en París, baixo a presidencia de Jean Babelon.[1][2][5]

Lafaurie foi un membro moi activo na Sociedade Francesa de Numismática (SFN), na que ingresou en 1942, e colaborou con asiduidade coa súa Revue numismatique, revista que dirixiu en varios períodos.[4][6] Na SFN ocupou o cargo de secretario e, entre 1959 e 1961, o de presidente.[1][2]

Recoñecementos

editar

Foi foi nomeado membro honorario da Comisión Internacional de Numismática.[4] A Sociedade Suíza de Numismática nomeouno membro honorario en 1956 e recibiu o título de doutor honoris causa pola Universidade de Zürich.[7]

Por outra parte, con motivo da súa xubilación, a Sociedade Francesa de Numismática honrouno coa publicación en 1980 dun volume composto coa colaboración de diversas figuras da numismática do seu tempo, coordinado por Pierre Bastien.[8]

Premios

editar

Publicacións

editar

Jean Lafaurie foi un prolífico autor de artigos e colaboracións publicados en obras conxuntas e nas principais revistas numismáticas do seu tempo. No momento da súa xubilación en 1979 a súa bibliografía abranguía 454 artigos.[2] Amósase a seguir unha escolma representativa dos seus artigos e dos seus traballos monográficos:[12][13][14][15]

Escolma de monografías

editar
  • (1951). Les monnaies des rois de France. I: Hugues Capet à Louis XII. É. Bourgey, París.
  • (1956). Les monnaies des rois de France. II: François 1er à Henri IV. É. Bourgey, París.
  • (1959). Solidus de Constantin III du musée de Fribourg. Société suisse de numismatique, Berna.
  • (1963). Bordeaux pendant le haut moyen âge. Fédération historique du Sud-Ouest, Bordeos.
  • (1968). La librairie de Charles V, Paris (con F. Avril). Bibliothèque Nationale, París.
  • (1976). La circulation des monnaies suèves et visigotiques: contribution à l'histoire économique du royaume visigot. Artemis Verlag, Zürich. ISBN 9783760846545
  • (1981). Les assignats et les papiers-monnaies émis par l'Etat au XVIIIe siècle. Léopard d'or, París. ISBN 9782863770122
  • (1996). Monnaies mérovingiennes du musée des beaux-arts de Lyon. Association des amis du musée des beaux-arts, Lión.

Escolma de artigos

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Geiger, H-U. (2008). Páxina 122.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Suchodolski. S. (2009). Páxina 285.
  3. Dumas, F. (2008-a-) Arquivado 10 de xuño de 2021 en Wayback Machine.. Páxina 41.
  4. 4,0 4,1 4,2 Dumas, F. (2008-a-) Arquivado 10 de xuño de 2021 en Wayback Machine.. Páxina 43.
  5. Dumas, F. (2008-a-) Arquivado 10 de xuño de 2021 en Wayback Machine.. Páxina 42.
  6. "Directeurs et sécretaires de la Revue Numnismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. (1986). "La Revue numismatique a 150 ans". Revue Numismatique, 28. Páxina 47.
  7. Geiger, H-U. (2008). Páxina 123.
  8. Bastien, P. (ed.) (1980). Mélanges de numismatique, d'archéologie et d'histoire: offerts à Jean Lafaurie. Société française de numismatique, París. ISBN 9782903280017
  9. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  10. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  11. "Derek Allen Fund". British Academy.
  12. "Jean Lafaurie (1914-2008)". Bibliothèque nationale de France.
  13. "Lafaurie, Jean (1914-2008)". Persee.fr
  14. "Lafaurie, Jean". WorldCat Identities.
  15. "Lafaurie, Jean 1914-2008 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
Predecesor:
Jean Tricou
Presidente da
Sociedade Francesa de Numismática

1959-1961
Sucesor:
Jacques Heurgon