[go: up one dir, main page]

Cécile Morrisson

numismática e historiadora francesa

Cécile Morrisson, nada en Dinan, na rexión francesa da Bretaña, o 16 de xuño de 1940, é unha historiadora e numismática francesa especializada no Imperio Bizantino.[1][2][3][4]

Modelo:BiografíaCécile Morrisson
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1940
Dinan, Francia Editar o valor en Wikidata
Directeur d'études (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancesa
EducaciónEscola Normal Superior de París
Q89547790- Estudos de historia monetaria e económica do Imperio Bizantino.
- Ex-directora do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia.
Actividade
Campo de traballoNumismática e historiografía
Ocupaciónhistoriadora, bizantinista (pt) Traducir, investigadora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAcademia de Inscricións e Linguas Antigas (2015–)
Centre national de la recherche scientifique (1998–2000)
Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, directora (1988–1990)
École pratique des hautes études (1971–1978)
Centre national de la recherche scientifique, investigadora posdoutoral (1963–2000) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios
- (1994): Medalla da Royal Numismatic Society.
- (1995): Medalla Huntington da American Numismatic Society.
- (1997): Medalla de prata do CNRS).
- (1999): Premio Derek Allen, da Academia Británica.
- (2014): Medalla Gunnar Holst, de Gotemburgo.
- Cabaleiro da Lexión de Honra, de Francia.

BNE: XX1041221 Dialnet: 950446

Traxectoria

editar

Cécile Morrisson cursou os seus estudos superiores entre 1958 e 1963 na Escola Normal Superior de París, antes de obter o seu doutoramento en Historia, en 1968, na mesma institución.[1][2][3][5]

Exerceu a docencia na Escola Práctica de Altos Estudos entre 1971 e 1978, e é directora emérita de investigación no Centro Nacional de Investigación Científica (CNRS), entidade na que ingresou en 1963 e na que dirixiu o Centro de Historia e Civilización de Bizancio (1998-2000).[1][2][3]

No ámbito numismático, naquel mesmo 1963 comezou a traballar no Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia (BNF), organismo que posteriormente dirixiu entre 1988 e 1990. Morrisson reuniu todas as coleccións de moeda bizantina do Gabinete e publicounas en 1970 nun catálogo en dous volumes. En colaboración con físicos franceses e estadounidenses, desenvolveu un novo método non destrutivo de análise metalográfica das moedas no CNRS de Orleáns. No Gabinete de Medallas investigou os achados monetarios e a circulación na África bizantina, en Siria, Sicilia, en Francia, na Britania, na China etc. Ademais das moedas, tamén estudou os selos bizantinos. En 1991, catalogou todos os selos da colección Seyrig, da Biblioteca Nacional de Francia.[2][3]

Mórrisson é asesora en materia de moeda bizantina da prestixiosa colección Dumbarton Oaks, da Universidade Harvard.[6] Así mesmo, forma parte da Sociedade Francesa de Numismática; é membro honorario da Sociedade Romanesa de Numismática e da Sociedade Real de Numismática de Bélxica, e membro correspondente da Sociedade Numismática Americana. Entre 1991 e 1997, foi a única muller ata o momento en presidir a Comisión Internacional de Numismática.[1][2][3]

Ademais, forma parte do Instituto Siciliano de Estudos Bizantinos e Neohelénicos Bruno Lavagnini, de Palermo; presidiu o Comité Francés de Estudos Bizantinos e foi secretaria do Comité Arqueolóxico do CNRS (1997-2000).[1][3]

Entre outras entidades acedémicas, é membro honorario da Academia de Ciencias de Austria, membro correspondente da Academia de Atenas e da Academia Medieval de América e, desde o 11 de decembro de 2015, membro da Académie des Inscriptions et Belles-lettres de Francia.[1][2][3]

Recoñecementos

editar

Entre outros de menor relevancia, estes son algúns dos premios máis importantes dos que Cécile Morrisson se fixo acredora:[1][2][3]

Escolma de publicacións

editar

A obra científica de Cécile Morrisson é moi extensa, con máis de douscentos artigos nas máis prestixiosas revistas especializadas e máis dunha vintena de libros, tanto como autora única como en colaboración con outros investigadores. Esta é unha escolma das monografías máis representativas publicadas ao longo da súa carreira científica.[1][13][14][15][16][17]

Monografías

editar
  • (1969): Les Croisades. Presses Universitaires de France. París. (Reedición de 2012). ISBN 9782130591825
  • (1970): Catalogue des monnaies byzantines de la Bibliothèque nationale. T. 1: D'Anastase Ier à Justinien II (491-711). T. 2 : De Philippicus à Alexis III (711-1204). Bibliothèque Nationale de France. París.
  • (1978): Numismatique byzantine suivie de deux éludes inédites sur les monnaies des Paléoloques. Con Tommaso Bertelè. Ed. Numismatique Romaine. Wetteren.
  • (1982): Recherches archéologiques franco-tunisiennes à Rougga. T. 3: Le trésor de monnaies d'or byzantines. Con Roger Guéry et al. École française de Rome. Roma. ISBN 9782728300433
  • (1985): L'Or monnayé. T. 1: Purification et altérations de Rome à Byzance. Con Claude Brenot et al. Éd. du CNRS. París. ISBN 9782222035725
  • (1991): Hommes et richesses dans l'Empire byzantin. 2, VIIIe-XVe siècle. Con V. Kravari et al. P. Lethielleux. París. ISBN 9782283604533
  • (1991): Sceaux byzantins de la collection Henri Seyrig. Con Jean-Claude Cheyner et al. Bibliothèque Nationale de France. París. ISBN 9782717718492
  • (1992): La numismatique. Presses Universitaires de France. París. ISBN 9782130442615
  • (1994): Monnaie et finances à Byzance. Aldershot. Variorum. ISBN 0-86078-401-0
  • (1997): A Survey of Numismatic Research 1990-1995. Con Bernd Kluge. International Numismatic Commission. Berlín. ISBN 9788885873001
  • (1999): Or du Brésil, monnaie et croissance en France au XVIIIe siècle. Con J.-N.Barrandon. Éd. CNRS. París. ISBN 9782271113054
  • (2000): Les Échanges au Moyen Âge: Justinien, Mahomet, Charlemagne; trois empires dans l'économie médiévale. Con J‑P.Sodin. Faton. Dijon.
  • (2001): Trois donations byzantines au Cabinet des Médailles : Froehner (1925) ; Schlumberger (1929) ; Zacos (1998). Con Denis Feissel et al. París. ISBN 9782951715882
  • (2004): Le Monde byzantin. T. 1: L'Empire romain d'Orient: 330-641. Presses Universitaires de France. París. ISBN 2-13-052006-5
  • (2005): Les Villages dans l'Empire byzantin, IVe-XVe siècle. Con Jacques Lefort et al. Lethielle. París. ISBN 9782283604618
  • (2006): Les Trésors monétaires byzantins des Balkans et d'Asie Mineure (491-713). Con Vladislav Popovic et al. Lethielleux. París. ISBN 9782283604656
  • (2007): The Byzantine Economy. Con Angeliki E. Laiou. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-84978-4
  • (2009): Catalogue of Byzantine seals at Dumbarton Oaks and in the Fogg Museum of Art . 6: Emperors, patriarchs of Constantinople, addenda. Con John William Nesbitt. Dumbarton Oaks. Washington. ISBN 9780884023388
  • (2011): Le monde byzantin. Byzance et ses voisins 1204 - 1453. T. 3: L'empire grec et ses voisins, XIIIe - XVe siècle. Con A.E.Laiou. Presses Universitaires de France. París. ISBN 9782130520085
  • (2012): Trade and markets in Byzantium. Dumbarton Oaks. Washington. ISBN 9780884023777
  • (2015): Byzance et sa monnaie (IVe - XVe siècle). Précis de numismatique byzantine, suivi du catalogue de la collection Lampart à l’Université de Fribourgpar Georg-D. Schaaf. Lethielleux. París. ISBN 9782249623127
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Cécile Morrisson". Comité Français des Études Byzantines.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Numismatic Who's Who: Cécile Morrisson Arquivado 02 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". En Coins Weekly.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 "Morrisson Cécile Arquivado 02 de marzo de 2019 en Wayback Machine.": En Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.
  4. "Cécile Morrisson Arquivado 29 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". En Puf Biograpgies.
  5. Ficha de Morrisson Arquivado 20 de maio de 2015 en Wayback Machine.. Association des Anciens Élèves de L'École Normale Supérieure.
  6. "Oral History Interview with Cécile Morrisson, undertaken by Elizabeth Gettinger and Anne Steptoe at the Dumbarton Oaks Guest House [...]". Dumbarton Oaks.
  7. "The Society's Medal". The Royal Numismatic Society.
  8. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  9. "Médaille d’argent du CNRS". CNRS.
  10. "Derek Allen Prize". The British Academy.
  11. "Prix, honneurs et distinctions: 2014 Arquivado 02 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". Académie des Inscriptions et Belles-Letres.
  12. "Distinctions: 2017". Orient Méditerranée.
  13. "Cécile Morrisson". Comité Français des Études Byzantibes.
  14. "Cécile Morrisson". En Dialnet.
  15. "Cecile Morrsisson". En ORCID. Connecting Research and Researchers.
  16. "Morrisson, Cécile (1940-)". En Persée.
  17. "Morrisson, Cécile". En Regesta Imperii.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Hélène Pierre-Nicolet
Directora do
Gabinete de Medallas de París

1988-1990
Sucesor:
Michel Amandry