[go: up one dir, main page]

A Numismática (do grego antigo: νομισματική, e do hebreo: Numii: moeda e Amastik: Reunión, "reunión de moedas") é unha ciencia auxiliar da historia que estuda as moedas e as medallas. Tamén se lle chama así ao coleccionismo destas pezas.

Numismática clásica

editar
 
Os ases foron das pezas que máis circularon en Galicia durante o Imperio Romano
 
Billete de peseta (1951)

No concepto clásico, a numismática é unha ciencia auxiliar da Arqueoloxía que trata do estudo das moedas e medallas. Esta ciencia pode dar testemuño inestimable dos intercambios e da economía dos pobos, así como da súa historia política, xeográfica, relixiosa etc.

Poucos monumentos arqueolóxicos revisten a importancia dos que estuda a numismática xa que neles gravou o home as súas ideas dominantes e polo mesmo revelan o carácter, os costumes e as vicisitudes históricas que tales monumentos deixáronnos. Intimamente ligadas á numismática atópase a epigrafía, paleografía, simboloxía, iconoloxía e historia da arte, achegando a todas elas a numismática nocións esenciais.

A numismática clásica divídese en dùas partes moi diferentes por máis que frecuentemente vaian unidas nos libros que dela tratan:

  • a teórica ou doutrinal, que estuda os fundamentos da ciencia, coa nomenclatura, as bases da clasificación e outras xeneralidades.
  • a histórica e descritiva que descende ao estudo do desenvolvimiento da moeda nos diferentes pobos do mundo e clasifica e describe as súas distintas emisións monetarias.

Numismática moderna

editar

Na acepción moderna do termo, a numismática é o estudo científico do diñeiro en todas as súas variadas formas. Aínda que aos numismáticos se lles caracteriza adoito como estudosos das moedas, a disciplina actual inclúe tamén o estudo doutras formas modernas do diñeiro e moitos aspectos con el relacionados, incluíndo o seu uso, a historia, a xeografía, a arte, a economía, a metalurxia, o procesos de manufactura etc.

Entre outras formas modernas do diñeiro que estuda a numismática estarían o cheque, o papel moeda ou billete, a acción e o bono (escripofilia), a cartón de crédito e a ficha monetaria (monetiformes).

Aínda que en xeral os estudos económicos e históricos do uso e o desenvolvemento do diñeiro están separados do estudo do diñeiro físico que fai a numismática, existe no entanto relación entre ambos; as teorías da orixe do diñeiro dependen da numismática, por exemplo. Neste sentido a numismática xoga un papel importante, xa que a través das moedas (tiradas especiais, cambios de material etc) conseguen descifrarse e comprenderse asedios, motivos reais e imperiais, fluxos económicos etc.

Numismáticos e coleccionistas

editar
Artigo principal: Numismático.
Artigo principal: Coleccionismo de moedas.

Os numismáticos son ás veces diferenciados dos coleccionistas en tanto que os últimos basicamente derivan o seu pracer da simple posesión de obxectos monetarios, mentres que a atención dos primeiros céntrase na adquisición de coñecementos sobre eles. De feito, moitos numismáticos son tamén coleccionistas e algúns coleccionistas mostran interese polo coñecemento dos seus obxectos de colección.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar