[go: up one dir, main page]

Jacques Maritain

filósofo francés

Jacques Maritain nado en París o 18 de novembro de 1882 e finado o 28 de abril de 1973 foi un filósofo metafísico francés defensor dun humanismo integral.

Modelo:BiografíaJacques Maritain

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jacques Aimé Henri Maritain Editar o valor en Wikidata
18 de novembro de 1882 Editar o valor en Wikidata
9.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte28 de abril de 1973 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Tolosa, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaKolbsheim Editar o valor en Wikidata
Embaixador de Francia na Santa Sé
1945 – 1948
← Léon Bérard (pt) TraducirJean Bourdeillette → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFrancia Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatólico romano Editar o valor en Wikidata
EducaciónLycée Henri-IV
Facultade de Artes de París
Universidade de Notre Dame (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, escritor, pedagogo, diplomático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Chicago Editar o valor en Wikidata
Partido políticoAction Française (pt) Traducir (–década de 1920)
Christian Democracy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoQ6073011 Traducir, Humanismo cristão (pt) Traducir, Democracia cristiá e dereitos humanos Editar o valor en Wikidata
ProfesoresHenri Bergson Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeRaïssa Maritain (1904–) Editar o valor en Wikidata
ParentesJules Favre, avó materno
Eveline Garnier, filla da irmá Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia, volume 7, (p.322)
Pedagogues and Psychologists of the World (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX834616 Musicbrainz: c2115ac4-fa35-43d8-9eca-a6a87f4a3e3a Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo do avogado Paul Maritain foi criado no protestantismo. Estudou na Sorbonna química, física e bioloxía. Alí coñeceu a Raïssa Oumançoff, con quen compartiría unha angustiosa pescuda intelectual. Abandonaron o cienticismo por xulgar que achegaba unha visión reducionista que non daba resposta ás inquedanzas existenciais e de coñecemento transcendental do ser humano.

O seu desencanto chegou a tal punto que pactaron suicidarse de non chegar a algún resultado satisfactorio na súa busca no prazo dun ano. Charles Péguy convenceunos para que afondasen no pensamento vitalista de Henri Bergson o que os levou a descubrir a racionalidade do senso do absoluto. Leon Bloy influíu na súa posterior conversión ao catolicismo. No seo da Igrexa Católica foi discutido polos sectores escolásticos, conservadores e tradicionalistas.

En 1907 trasladouse a Heidelberg para afondar nos seus estudos de bioloxía onde conectou o neovitalismo científico co vitalismo filosófico de Bergson. Foi profesor de diversas universidades estadounidenses e canadenses (Columbia, Chicago, Toronto, Princeton...).

Maritain, por influencia de Raissa, redescubriu a figura de Tomé de Aquino tentando actualizar o pensamento neotomista e aristotélico.

Manifestou a súa total oposición ao réxime de dereitas pro-nazi de Vichy e colaborou na atención e axuda a perseguidos e exiliados, en particular xudeus.

Tras o remate da segunda guerra mundial foi embaixador de Francia perante a Santa Sé ata 1948

Tralo pasamento de Raissa, ingresou nunha orde relixiosa.

Pensamento

editar

Para Jacques Maritain, a filosofía é a raíña das ciencias. Defendeu o pensamento científico pero considerou insostible racionalmente que poida ocupar o lugar e o papel da filosofía. Deu prioridade á metafísica sobre a epistemoloxía.

A idea do ser é aprehensible a partir da experiencia dos sentidos mediante un proceso de abstracción. A emisión de enunciados ou xuízos sobre os obxectos os recoñece como existentes. Deste xeito un pode chegar á intuición do ser, base da metafísica.

Dende o punto de vista epistemolóxico articulou un realismo crítico que defende que a mente é quen de garantirnos unha certeza sobre o ser das cousas.

Dende o punto de vista ético, entende que existen leis enraizadas na natureza humana. Considera que existe unha lei natural que garante a dignidade e inviolabilidade do ser humano e que é reveladora da súa igualdade esencial e impulsora da súa liberdade. Os dereitos humanos teñen o seu alicerce na lei natural.

Defendeu un humanismo integral superador dunha visión materialista do home que, ao seu entender, acaba despersonalizándoo e cousificándoo. Sostiña a necesidade dunha sociedade aberta e plural inspirada no principio de cooperación entre os diferentes.

Defensor dos sistemas democráticos baseados na participación popular, a liberdade ideolóxica e de culto e os dereitos humanos, foi radicalmente crítico coas democracias burguesas, o sistema capitalista e unha concepción individualista da propiedade privada. Opoñía eles a prevalencia da persoa sobre o traballo e o mercado e defendía o destino universal dos bens. Condena o que entende sociedade benpensante do liberalismo burgués. A burguesía confunde a dignidade humana coa ilusoria imaxe dun individuo abstracto.

O Estado non ten outro fin que asegurar o ben común. Este é distinto da suma dos intereses particulares. O deber do Estado é a xustiza social e está ao servizo do home. Pero un home concreto que non se entende sen a súa dimensión comunitaria. Por iso a democracia é moito máis que o cumprimento dunhas regras constitucionais. Neste sentido, a democracia está sempre por facerse e por iso esixe unha revolución moito máis profunda que o que a literatura revolucionaria coñece con ese nome, xa que se aferra a principios máis profundos.

Dende o punto de vista político a á esquerda da Democracia cristiá reivindicou as súas posicións sociais, aínda que sempre mantivo distancia cos partidos confesionais.

  • Humanisme intégral (1936)
  • Christianisme et démocratie (1943)
  • Principes d´une politique humaniste (1944)
  • L´homme et l´etat(1953)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Maritain, Jacques: Hombre y el Estado, Ed. Encuentro (tradución de L´homme et l´etat de 1953)ISBN 84-7490-081-6.
  • Touchard, Jean: Historia de las Ideas Políticas, Ed. Tecnos, Madrid, 1961. Num. rex.1020-61
  • Santidrián, Pedro R: Diccionario de Pensadores cristianos, Estella, 1999. ISBN 84-7151-724-8