[go: up one dir, main page]

Henrique de Flandres

Henrique I, ou tamén Henrique de Hainaut, ou tamén Henrique de Flandres (en francés: Henri de Flandre, grego: Ερρίκος της Φλάνδρας), nado en Valenciennes, Francia, en 1176 e finado en Tesalónica, Grecia, o 11 de xuño de 1216, foi o segundo e máis capaz dos emperadores latinos de Constantinopla, que reinou desde 1206 até 1216 e consolidou o poder do novo imperio.

Modelo:BiografíaHenrique de Flandres

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1174 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Valenciennes, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xuño de 1216 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
Tesalónica, Grecia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteveleno Editar o valor en Wikidata
Emperador
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Flandres Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaria da Bulgária (1203–)
Agnes de Monferrato Editar o valor en Wikidata
PaisBalduíno V de Hainaut Editar o valor en Wikidata  e Margarida I de Flandres Editar o valor en Wikidata
IrmánsIsabel de Hainaut
Iolanda de Flandres
Filipe I de Namur
Balduíno I de Constantinopla Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Hainaut-47

Traxectoria

editar

Foi o fillo de Balduíno V, conde de Hainaut, e irmán máis novo de Balduíno I, o primeiro emperador latino, Henrique iniciou a conquista de Asia Menor en 1204 e estivo a piques de derrotar ao líder bizantino Teodoro I Láscaris cando unha invasión búlgara en Tracia requiriu o seu regreso a Europa. Despois da morte de Balduíno a mans de Kaloyan de Bulgaria, en 1205, ocupou o cargo de rexente e foi feito emperador do Imperio latino en agosto de 1206. Henrique derrotou aos búlgaros en Europa e entre 1209 e 1211, tiña ás forzas de Teodoro Láscaris acurraladas. En 1214 obrigou a Teodoro, que se coroou emperador de Nicea, a asinar o Tratado de Ninfeo definindo as fronteiras dos dous reinos, e cedendo as porcións do noroeste de Asia Menor a Henrique. Tamén fixo unha alianza matrimonial co tsar búlgaro Boril. Deste xeito, a través da diplomacia foi capaz de garantir a seguridade do Imperio latino. Un gobernante iluminado, esforzouse por reconciliar aos seus súbditos gregos ao que consideraba como a desgraza de goberno latino. A súa negativa a ceder terras gregas para o papado provocou unha disputa co papa Inocencio III. Henrique morreu, posibelmente envelenado, no décimo ano do seu reinado e sucedeuno o seu cuñado Pedro de Courtenay.

Líder Cruzado

editar

Tras unirse á Cuarta Cruzada ao redor de 1201, distinguiuse no sitio de Constantinopla e doutros lugares. Durante o sitio de xullo de 1203, Henrique foi un do oito xenerais de división; os outros incluían a Bonifacio de Montferrato (líder dos cruzados), o dux Enrico Dandolo (líder dos venecianos), Lois de Blois (un dos primeiros nobres en tomar a cruz), e o irmán de Henrique, Balduíno de Flandres, quen controlaba a división máis grande.

Durante o sitio de 1204, Henrique dirixiu unha expedición ecuestre para obter subministracións e atacou un castelo en Şile, cerca do Mar Negro que, segundo Robert de Clari, tiña uns 30 cabaleiros e un número indeterminado de sarxentos montados. O emperador Aleixo V Ducas preparoulle unha emboscada, pero Henrique e as súas forzas derrotaron seriamente aos gregos, capturando unha reverenciada icona, que supostamente contiña as reliquias de Cristo, e regresaron ao campamento cruzado. Coa coroación do seu irmán como o primeiro emperador latino de Constantinopla, Henrique transformaríase nun importantísimo nobre deste novo imperio.

Cando en 1205 o emperador é feito prisioneiro polos búlgaros, Henrique é nomeado rexente, e cando se reciben as noticias da morte do emperador, el sucédeo e é coroado o 20 de agosto de 1206.

Reinado

editar

Henrique de Flandres foi un sabio gobernante, cuxo reinado se centrou en gran medida no éxito das loitas con Kaloyan, o tsar de Bulgaria, e co seu rival, Teodoro I Láscaris, emperador de Nicea. Máis tarde loitou contra Boril de Bulgaria (1207-1218) e logrou derrotalo na Batalla de Filipópole (1208). Segundo os cronistas da época, o emperador parece ser valente pero non cruel, e tolerante mais non débil, dos que posuían "o valor superior de oposición, nunha era supersticiosa, ao orgullo e a avaricia do clero." O emperador morreu envelenado pola súa esposa María de Bulgaria (filla de Kaloyan), o 11 de xuño de 1216. Estivera casado anteriormente (en 1204) con Inés de Montferrato, filla de Bonifacio de Montferrato, o líder da Cruzada, pero ela morrera (probabelmente no parto) antes da morte do seu pai en 1207.

Á súa morte sen herdeiros o seu cuñado Pedro II de Courtenay, o esposo da súa irmá Iolanda de Flandres, foi electo novo emperador.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar