Gran Premio de Detroit de 1985
O Gran Premio de Detroit de 1985 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 23 de xuño de 1985 en Detroit, Míchigan. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1985 e o cuarto Gran Premio de Detroit. A carreira disputouse sobre 63 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia total da carreira de 260 quilómetros.
Nome oficial | 4th Detroit Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Detroit |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1985 |
Distancia do evento | 63 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Detroit (Detroit) 42°19′47″N 83°02′24″O / 42.32975, -83.04011 |
País | Estados Unidos de América |
Data | 23 de xuño de 1985 e 1985 |
Competición | |
Primeiro posto | Keke Rosberg |
Pole position | Ayrton Senna |
Volta máis rápida | Ayrton Senna |
Por primeira vez en dez anos, Estados Unidos foi anfitrión dun único Gran Premio. O finlandés Keke Rosberg (Williams FW10) adiantou ao pole, Ayrton Senna (Lotus 97T) na volta oito, evitou os problemas de pneumáticos e freos que tiveron os outros pilotos de cabeza e mantivo baixo control aos Ferrari 156/85 de Stefan Johansson e Michele Alboreto para gañar. Stefan Bellof obtivo un cuarto lugar brillante no seu Tyrrell 012, anotando os últimos puntos para o lendario motor Cosworth-Ford V8 ata 1988. Foi a cuarta vitoria nun Gran Premio de Fórmula Un para o Campión do Mundo de 1982. O terceiro posto de Alboreto permitiulle ampliar os seus puntos de vantaxe sobre o piloto do equipo Lotus Elio de Angelis a sete puntos. O eventual Campión do Mundo de 1985 Alain Prost estaba agora a nove puntos de Alboreto.
Resumo da carreira
editarNa cualificación do venres, o Lotus de Senna, adaptouse ben á pista, foi o máis rápido nas dúas sesións, cunha media de 141,917 km/h, preto de 1,2 segundos por diante de Nigel Mansell no Williams. Con todo, os cambios na pista significaron que o tempo de Senna fose máis dun segundo máis lento que o tempo da pole de Nelson Piquet, gañador do ano anterior. Os Ferrari de Alboreto e Johansson estaban en terceiro e noveno lugar, como dixo Alboreto, "A nosa suspensión non absorbe as fochancas tan ben como o Lotus. Teño problemas para conseguir a adherencia, que é necesaria entre as curvas lentas." A choiva do sábado significou que os tempos do venres determinaran a grella, e os equipos quedaron sen un segundo día de práctica moi necesario, malia que Gerhard Berger tivo que lograr o seu tempo de clasificación o sábado xa que non puido facelo o venres logo de chocar dúas veces antes de poder establecer un tempo.
Os compañeiros do equipo Williams utilizaron diferentes compostos de pneumáticos na cualificación e quedaron a máis dun segundo de diferenza na grella. Rosberg, foi quinto, mentres Mansell que elixiu o composto máis brando colocouse segundo. Este dato levou a Rosberg a apostar polo uso da goma branda para a carreira, mentres que todos os demais montaron o composto máis duro. Axudado por unha brisa fresca o domingo, esta decisión tivo un papel importante no resultado da carreira.
O domingo foi claro e ventoso cun xentío grande e entusiasta. A diferenza da carreira de 1984, os pilotos fixeron unha saída limpa, Mansell saíu ben polo exterior e lideraba na primeira curva por diante de Senna. Pero, na curva 2, Senna tomou a dianteira de novo, e ao final da primeira volta, Rosberg tamén pasara a Mansell. Logo dunha volta, Senna e Rosberg abriran unha brecha con Mansell, Prost, Alboreto, Derek Warwick, Elio de Angelis, Johansson, Piquet e Lauda. Os Tyrrells de Bellof e Martin Brundle, con pouca potencia nos turbos, pero sempre moi ben adaptados ao estreito circuíto de Detroit, subiron seis postos na primeira volta, 12º e 13º.
Na volta sete, Senna e Rosberg lideraban sobre Mansell por sete segundos. Na volta oito, Senna entregou o liderado cando entrou en boxes a cambiar pneumáticos. Warwick retrocedía de novo de xeito constante, para rematar retirándose cun eixe de transmisión roto, mentres que os McLarens de Prost e Lauda experimentaron rapidamente problemas de freos. Lauda entrou nos boxes para retirarse sen freos na volta 10, pero cando Prost sufriu o mesmo problema na volta 20, foi incapaz de frear na curva 2 e patinou batendo no muro de pneumáticos.
Doutra banda, de Angelis, estaba progresando de forma constante. Tomou o cuarto posto cando Senna entrou en boxes, logo pasou Alboreto para ser terceiro e comezou a pechar a brecha con Mansell, quen tamén estaba loitando co sobre quecemento dos freos. Na volta 20, coa vantaxe de Rosberg en 24 segundos, de Angelis conseguiu pasar a Mansell para poñerse segundo. Mansell entrou en boxes na volta 24 logo de perder outra posición con Johansson. Regresou no noveno lugar só para retirarse inmediatamente cando golpeou o muro na curva 2.
Cando estaba a piques de ser dobrado, Gerhard Berger danou o morro do Lotus de de Angelis cando pechou a porta ao italiano. Cando de Angelis entrou en boxes para cambiar pneumáticos e un novo morro, os Tyrrells eran cuarto e quinto, perseguindo ao Ferrari de Alboreto. Achegándose á curva 16 na volta 31, Philippe Alliot separouse para deixar pasar a Alboreto pero non viu a Brundle que viña xusto detrás. Cando Alliot volveu de novo a trazada, Brundle non tiña por onde pasar e golpeou o muro baixo unha choiva de faíscas.
A metade de carreira, Rosberg lideraba sobre Johansson por 33 segundos. Alboreto estaba outros 10 segundos atrás, seguido por Bellof, Senna e de Angelis. Varios voltas rápidas sucesivas de Senna permitíronlle superar a Bellof e logo pechar rapidamente a brecha con Alboreto.
Entrando na curva 2, a superficie empezábase a romper e onde estreláranse tanto Prost como Mansell, Alboreto entrou recto, lonxe da trazada e da fochanca do vértice. Senna pasou pola esquerda, sobre os mármores, e golpeou a parede tal e como fixeran os outros, mentres que Alboreto continuou, unha ameaza menos ao seu terceiro posto. Mentres tanto, Rosberg, seguro á cabeza, deuse conta da súa escalada na temperatura da auga. Cando un membro do equipo notou algo atrapado no seu radiador, entrou a boxes á que llo retiraran. O equipo tamén montoulle pneumáticos novos, que non quería porque Johansson non estaba moi lonxe. Rosberg atacou ao saír dos pits e apenas logrou superar ao Ferrari na primeira curva. Alentados pola posibilidade da súa primeira vitoria, Johansson perseguiu ao Williams ata que, a só tres voltas para o final, rompéuselle un disco de freo e comezou a arrastrarse polo circuíto, coa esperanza de chegar ao final.
Alboreto, en terceiro lugar, tamén estivera tratando de salvar os seus freos, pero agora tiña que lidar cun Bellof á carga. A dúas voltas para o final, o alemán estaba co Tyrrell na cola de Alboreto, esperando un erro. Xusto cando estaba a piques de pasar, o embrague de Bellof comezou o patinar, e tivo que contentarse con seguir ao Ferrari a meta. de Angelis, o último piloto na volta do líder logrou o quinto lugar, e Piquet levou ao Brabham a meta en sexto lugar.
Clasificación
editarCualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 12 | Ayrton Senna | Lotus-Renault | 1:42.051 | — | |
2 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 1:43.249 | +1.198 | |
3 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 1:43.748 | +1.697 | |
4 | 2 | Alain Prost | McLaren-TAG | 1:44.088 | +2.037 | |
5 | 6 | Keke Rosberg | Williams-Honda | 1:44.156 | +2.105 | |
6 | 16 | Derek Warwick | Renault | 1:44.163 | +2.112 | |
7 | 23 | Eddie Cheever | Alfa Romeo | 1:44.231 | 2:05.540 | +2.180 |
8 | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Renault | 1:44.769 | +2.718 | |
9 | 28 | Stefan Johansson | Ferrari | 1:44.921 | +2.870 | |
10 | 7 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 1:45.194 | +3.143 | |
11 | 8 | Marc Surer | Brabham-BMW | 1:45.979 | +3.928 | |
12 | 1 | Niki Lauda | McLaren-TAG | 1:46.266 | +4.215 | |
13 | 19 | Teo Fabi | Toleman-Hart | 1:46.546 | +4.495 | |
14 | 22 | Riccardo Patrese | Alfa Romeo | 1:46.592 | +4.541 | |
15 | 15 | Patrick Tambay | Renault | 1:47.028 | +4.977 | |
16 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Renault | 1:47.267 | +5.216 | |
17 | 25 | Andrea de Cesaris | Ligier-Renault | 1:47.393 | 2:12.268 | +5.342 |
18 | 3 | Martin Brundle | Tyrrell-Ford | 1:47.563 | +5.512 | |
19 | 4 | Stefan Bellof | Tyrrell-Ford | 1:47.911 | +5.860 | |
20 | 9 | Manfred Winkelhock | RAM-Hart | 1:47.926 | +5.875 | |
21 | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-BMW | 1:48.023 | +5.978 | |
22 | 24 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Alfa Romeo | 1:48.546 | 2:11.268 | +6.495 |
23 | 10 | Philippe Alliot | RAM-Hart | 1:50.455 | 2:24.814 | +8.404 |
24 | 17 | Gerhard Berger | Arrows-BMW | 2:05.387 | +23.336 | |
25 | 29 | Pierluigi Martini | Minardi-Motori Moderni | 3:04.446 | +1:22.395 |
Carreira
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 | Keke Rosberg | Williams-Honda | 63 | 1:55:39.851 | 5 | 9 |
2 | 28 | Stefan Johansson | Ferrari | 63 | + 57.549 | 9 | 6 |
3 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 63 | + 1:03.170 | 3 | 4 |
4 | 4 | Stefan Bellof | Tyrrell-Ford | 63 | + 1:06.225 | 19 | 3 |
5 | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Renault | 63 | + 1:26.966 | 8 | 2 |
6 | 7 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 62 | + 1 volta | 10 | 1 |
7 | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-BMW | 62 | + 1 volta | 21 | |
8 | 8 | Marc Surer | Brabham-BMW | 62 | + 1 volta | 11 | |
9 | 23 | Eddie Cheever | Alfa Romeo | 61 | + 2 voltas | 7 | |
10 | 25 | Andrea de Cesaris | Ligier-Renault | 61 | + 2 voltas | 17 | |
11 | 17 | Gerhard Berger | Arrows-BMW | 60 | + 3 voltas | 24 | |
12 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Renault | 58 | + 5 voltas | 16 | |
Ret | 12 | Ayrton Senna | Lotus-Renault | 51 | Accidente | 1 | |
Ret | 3 | Martin Brundle | Tyrrell-Ford | 30 | Colisión | 18 | |
Ret | 10 | Philippe Alliot | RAM-Hart | 27 | Colisión | 23 | |
Ret | 5 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 26 | Accidente | 2 | |
Ret | 2 | Alain Prost | McLaren-TAG | 19 | Freos | 4 | |
Ret | 22 | Riccardo Patrese | Alfa Romeo | 19 | Eléctrico | 14 | |
Ret | 16 | Derek Warwick | Renault | 18 | Transmisión | 6 | |
Ret | 15 | Patrick Tambay | Renault | 15 | Accidente | 15 | |
Ret | 29 | Pierluigi Martini | Minardi-Motori Moderni | 11 | Motor | 25 | |
Ret | 1 | Niki Lauda | McLaren-TAG | 10 | Freos | 12 | |
Ret | 19 | Teo Fabi | Toleman-Hart | 4 | Embrague | 13 | |
Ret | 9 | Manfred Winkelhock | RAM-Hart | 3 | Turbo | 20 | |
Ret | 24 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Alfa Romeo | 0 | Accidente | 22 |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 1985 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1985 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1985 |
Carreira anterior: Gran Premio de Detroit de 1984 |
Gran Premio de Detroit | Carreira seguinte: Gran Premio de Detroit de 1986 |
Notas
editarReferencias
editar- Innes Ireland (outubro de 1985). "4th Detroit Grand Prix: Look Out, Williams Is Back". Road & Track, 158-162.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Detroit de 1985 |