[go: up one dir, main page]

Equinodermos

(Redirección desde «Equinodermo»)

Os equinodermos (Echinodermata, plural latino do grego ἐχινόδερμα echinóderma, "pel con espiñas", de ἐχῖνος echínos, "espiña" δέρμα, -ατοσ dérma, -atos, "pel", echinodermata, da forma plural grega ἐχινοδέρματα).[1] son un filo de animais deuteróstomos mariños e bentónicos. O seu nome alude ao seu exclusivo esqueleto interno formado por osículos calcarios. Posúen, en estado adulto, simetría pentarradial secundaria, caso único no reino animal, e un sistema vascular acuífero característico.

Thymiosycia hilla = Holothuria hilla, un holoturoideo.

Os equinodermos xurdiron no Cámbrico, hai uns 600 millóns de anos,[2] e a día de hoxe seguen sendo un dos filos máis importantes, contendo cerca de 7.000 especies viventes e arredor de 13.000 extintas.[3]

Características

editar

Este grupo ten, ademais da súa particular simetría que o fai doado de recoñecer, unhas características propias que se poden resumir do seguinte xeito:

  1. Teñen un esqueleto interno (endoesqueleto) formado por ósiculos calcarios, que aparece recuberto por unha epiderme con cilios.
  2. O celoma e amplo e complexo e dá lugar ao sistema hemal e ao sistema ambulacral, característicos destes animais.
  3. Son deuteróstomos e enterocélicos, co mesoderma derivado do arquéntero e o blastóporo orixina o ano, características todas elas comúns aos cordados.
  4. A maioría dos membros deste grupo teñen un tubo dixestivo completo, con boca, esófago, intestino e ano.
  5. O sistema circulatorio tamén se chama sistema hemal e está formado por ringleiras de células con lagoas entre elas. Existe tamén un sistema perihemal que rodea ao anterior e que ten unhas cavidades chamadas seos e desenvolve un papel na nutrición do animal.
  6. O sistema nervioso non está centralizado nunha zona cerebroide (acefalia), e consta de tres aneis nerviosos dos que saen os nervios radiais cara aos distintos brazos.
  7. Carecen dun aparato respiratorio definido, só algúns presentan adaptacións para a respiración. Tamén carecen de sistema excretor.
  8. A reprodución é sexual, e son dioicos, con órganos reprodutores sinxelos e gonodutos simples.
  9. Teñen dous tipos de rexións: as cinco que posúen uns pés ou podios (ambulacro) e as que están no medio delas que carecen de podios (interambulacro).
  10. As larvas nacen con simetría bilateral que logo nos adultos se transforma en simetría radial e nalgúns casos aparece unha simetría radial secundaria.

Clasificación

editar

Segundo o ITIS

editar
 
Estrelas de mar (Asteroidea).
 
Paracentrotus lividus, un ourizo de mar moi abundante nas costas galegas (Echinoidea).
 
Cogombro de mar no Aquarium Finisterrae da Coruña. (Holothuroidea).

Filo Echinodermata

Segundo o WRMS

editar

Filo Echinodermata

Segundo o NCBI

editar

Filo Echinodermata

Filoxenia

editar

O seguinte cladograma amosa as posibles relacións filoxenéticas dos principais grupos de equinodermos:[4][5]

Echinodermata

Homalozoa

Helicoplacoidea

Edrioasteroidea *

Pelmatozoa

Crinoidea

Blastoiea

Eleutherozoa
  Asterozoa   

Somasteroidea

Asteroidea

Ophiuroidea

Echinozoa

Holothuroidea

Echinoidea

(*) Parafilético.

Galería de imaxes

editar
  1. A galeguización do latín científico Echinodermata como equinodermos trátase dunha especie de tradución-adaptación, xa que existe un sinónimo latino Echinoderma, practicamente sen uso, e en todos os idiomas romances utilízanse termos equivalentes a equinodermos. É un caso similar ao de Cyclostomata / Cyclostomi que se adapta como ciclóstomos.
  2. Brusca & Brusca (2005).
  3. "Animal Diversity Web - Echinodermata". University of Michigan Museum of Zoology. Consultado o 17/01/2013. 
  4. "Wray, Gregory A. 1999. Echinodermata. Spiny-skinned animals: sea urchins, starfish, and their allies. Version 14 December 1999 (under construction). in The Tree of Life Web Project, http://tolweb.org/". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2009. Consultado o 02 de decembro de 2009.  Ligazón externa en |title= (Axuda)
  5. "Univerity of California, Museum of Paleontology - Systematics of the Echinodermata". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2010. Consultado o 02 de decembro de 2009. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.
  • Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
  • Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar