Estados Federados de Micronesia
Os Estados Federados de Micronesia (abreviado en inglés FSM e tamén coñecido simplemente como Micronesia) é un país insular en Oceanía asociado cos Estados Unidos. Consta de catro estados, de oeste a leste, Yap, Chuuk, Pohnpei e Kosrae, que se reparten polo oeste do Pacífico occidental. Xuntos, os estados comprenden ao redor de 607 illas (unha superficie combinada de aproximadamente 702 km² que cobren unha distancia lonxitudinal de case 2 700 km (1 678 mi) xusto ao norte do ecuador. Atópanse ao nordeste de Nova Guinea, ao sur de Guam e ás Illas Marianas, ao oeste de Nauru e Illas Marshall, ao leste de Palau e Filipinas, aproximadamente 2 900 km (1 802 mi) ao norte do leste de Australia, 3.400 km ao sueste do Xapón e a uns 4 000 km (2 485 mi) ao suroeste das principais illas de Hawai.
Federated States of Micronesia (en) Mikronesia (yap) | |||||
Himno | Patriots of Micronesia | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Peace, Unity, Liberty» «Heddwch, Undod, Rhyddid» | ||||
Epónimo | Micronesia | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Palikir (1989–) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 105.544 (2017) (150,35 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 702 km² | ||||
Auga | 0 % | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Punto máis alto | Dolohmwar (en) (791 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Pacífico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 3 de novembro de 1986: Estado soberano | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república federal | ||||
Órgano executivo | Government of the Federated States of Micronesia (en) | ||||
• Presidente | Wesley Simina (pt) (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Congress of the Federated States of Micronesia (en) , (Escano: 14) | ||||
Membro de | Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico Alianza dos Pequenos Estados Insulares Organización Mundial da Saúde Banco Asiático de Desenvolvemento (1990–) ONU (1991–) Unión Internacional de Telecomunicacións (1993–) Banco Internacional para Reconstrução e Desenvolvimento (pt) (1993–) Associação Internacional de Desenvolvimento (pt) (1993–) Corporação Financeira Internacional (pt) (1993–) Centro Internacional para a Arbitragem de Disputas sobre Investimentos (pt) (1993–) Agência Multilateral de Garantia de Investimentos (pt) (1993–) Organização para a Proibição de Armas Químicas (pt) (1999–) UNESCO (1999–) Interpol (2021–) | ||||
PIB nominal | 404.028.900 $ (2021) | ||||
Moeda | dólar estadounidense | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .fm | ||||
Prefixo telefónico | +691 | ||||
Teléfono de emerxencia | 911 e 111 | ||||
Código de país | FM | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | fsmgov.org |
Aínda que a superficie total dos Estados Federados de Micronesia é bastante pequena, ocupa máis de 2 600 000 km2 (1 003 866 sq mi) do océano Pacífico, dando ao país a 14ª zona económica exclusiva máis grande do mundo.[1] A capital da nación insular soberana é Palikir, situada na illa de Pohnpei, mentres que a cidade máis grande é Weno, situado no atol Chuuk.
Cada un dos seus catro estados céntrase nunha ou máis das principais illas altas, e todas menos Kosrae inclúen numerosos atois periféricos. Os Estados Federados de Micronesia están espallados por parte das Illas Carolinas na rexión máis ampla de Micronesia, que consiste en miles de pequenas illas repartidas entre varios países. O termo "Micronesia" pode referirse aos Estados Federados ou á rexión no seu conxunto.
Os FSM antigamente formaba parte do Territorio en fideicomiso das Illas do Pacífico (TTPI), un Territorio en fideicomiso das Nacións Unidas baixo administración dos Estados Unidos, pero formou o seu propio goberno constitucional o 10 de maio de 1979, converténdose nun o Estado soberano despois da independencia, que acadouse o 3 de novembro de 1986, baixo un Tratado de Libre Asociación cos Estados Unidos. Outras entidades insulares veciñas, e tamén antigos membros do TTPI, formaron os seus propios gobernos constitucionais e convertéronse na República das Illas Marshall (RMI) e na República de Palau (ROP). Os FSM ten asento nas Nacións Unidas e é membro da Comunidade do Pacífico desde 1983.
Historia
editarEste artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.) |
Historia das ocupacións
|
Os devanceiros dos micronesios establecéronse fai 4.000 anos. Un primeiro sistema baseado en xefaturas descentralizadas finalmente evolucionou cara a un imperio relixioso e de economía máis centralizada con centro en Yap.
Nan Madol en Pohnpei, consistente nunha serie de pequenas illas artificiais unidas por unha rede de canles, é chamada a miúdo a Venecia do Pacífico. Localízase preto da illa de Pohnpei e adoitaba ser o centro cerimonial e político da dinastía Saudeleur que reuniu ás 25.000 persoas de Pohnpei desde ao redor do 500 ata o 1500, cando se produciu o colapso do sistema centralizado.
Os primeiros exploradores europeos foron os portugueses, en busca das illas das Especias (Indonesia), chegando logo os españois, que alcanzaron as Carolinas no século XVI, onde estableceron a súa soberanía. As illas foron vendidas a Alemaña tras o fin do imperio colonial español en 1899, e tras a primeira guerra mundial, o Xapón fíxose cargo do control das illas.
Durante a segunda guerra mundial, unha porción significativa da frota xaponesa tivo a súa base na lagoa do atol Truk (Chuuk). En febreiro de 1944, a Operación Hailstone, unha das batallas máis importantes da guerra, levou a cabo en Truk, na que moitos barcos de apoio e avións xaponeses foron destruídos.
Tras o final da segunda guerra mundial, o territorio foi transferido aos Estados Unidos baixo os auspicios das Nacións Unidas en 1947, como parte do Territorio Fiduciario das Illas do Pacífico.
O 10 de maio de 1979, catro dos distritos do Territorio Fiduciario ratificaron unha nova constitución para converterse nos Estados Federados de Micronesia. Os EFM asinaron un tratado de Libre Asociación cos Estados Unidos de América, que entrou en vigor o 3 de novembro de 1986, o cal supuxo o cambio do status de Micronesia de territorio fiduciario a independente. A independencia concluíuse formalmente baixo o dereito internacional en 1990, cando as Nacións Unidas finalizaron oficialmente o estatuto de Tutela segundo a Resolución 683 do Consello de Seguridade. O Pacto foi renovado en 2004.[2]
Goberno e política
editarOs Estados Federados de Micronesia réxense pola Constitución de 1979 que entrou en vigor o 10 de maio, ademais de por o Tratado de Libre Asociación asinado con Estados Unidos en 1986 e revisado en 1999 que esixe aos Estados Federados seguir determinadas liñas de política exterior, e a cambio Estados Unidos encárgase da defensa do país e a asistencia económica.
Garántense os dereitos fundamentais e establécese un sistema de separación de poderes. O poder executivo está en mans do Presidente do Goberno, elixido pola Asemblea (poder lexislativo) composta por 14 membros elixidos mediante sufraxio universal 10 deles e un por cada un dos catro Estados que forman a Federación e entre os cales deben ser elixidos o Presidente e o Vicepresidente. Os catro Estados posúen ademais unha asemblea lexislativa propia.
Organización político-administrativa
editarOs Estados Federados de Micronesia están compostos por 607 illas, as cales divídense en catro estados: Yap, Chuuk, Pohnpei e Kosrae. A capital federal é Palikir, localizada na illa de Pohnpei.
Os catro estados da federación son:
Bandeira | Estados[3] | Capital | Gobernador actual | Superficie | Poboación[4] | Poboación densidade | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
km2 | sq mi[5] | per km2[4] | per sq mi | |||||
Yap | Colonia | Jesse J. Salalu[6] | 118.1 | 45.6 | 16,436 | 94 | 243 | |
Chuuk | Weno | Alexander R. Narruhn[7] | 127.4 | 49.2 | 54,595 | 420 | 1088 | |
Pohnpei | Kolonia | Reed P. Oliver[8] | 345.5 | 133.4 | 34,685 | 98 | 255 | |
Kosrae | Tofol | Carson K. Sigrah[9] | 109.6 | 42.3 | 7,686 | 66 | 170 |
Estes estados, á súa vez, divídense en concellos.
Xeografía
editarOs Estados Federados de Micronesia constan de 607 illas que se estenden ao longo do arquipélago das illas Carolinas, ao leste de Filipinas. Os catro grupos de illas que os constitúen son Yap, Chuuk (chamado Truk ata xaneiro de 1990), Pohnpei (chamado Ponape ata novembro de 1984), e Kosrae. A capital federal é Palikir, en Pohnpei. Practicamente a totalidade das illas son atois e arrecifes coralinos asentados sobre cordilleiras submarinas, e en moitos casos antigos volcáns como sucede en Chuuk, sendo o perímetro da lagoa de tal atol a urxencia de corais asentados sobre un cráter volcánico.
Economía
editarArtigo principal: Economía dos Estados Federados de Micronesia
A actividade económica micronesia consiste sobre todo na agricultura de subsistencia e na pesca, cuxos produtos exporta principalmente ao Xapón. Con excepción dos fosfatos, a actividade mineira é irrelevante. O sector turístico ten certa importancia, con 17.000 turistas en 2002, pero faltan aínda infraestruturas capaces de acoller os posibles interesados.
A principal fonte de ingresos é a axuda externa, proveniente de Estados Unidos, país co que se atopa asociado libremente, e que achegou en 2001 109 millóns de dólares, que representan ao redor do 65 por 100 dos ingresos do Estado. Outros países con achegas significativas son Australia e Nova Zelandia.
O sector público representa aínda o 45 por 100 do conxunto da actividade económica, e o proceso de liberalización iniciado en 2002 non conseguiu situar a economía nos termos pactados cos Estados Unidos e o Banco Mundial.
Demografía
editarA poboación indíxena dos Estados Federados de Micronesia, que principalmente é de etnia micronesia, componse de varios grupos etnolinguísticos. O inglés é a lingua máis popular. A taxa de crecemento de poboación mantense nun 3% aínda que minorada pola crecente emigración. En Pohnpei son comúns os casos de extremo daltonismo, coñecido como acromatopsia.
Notas
editar- Referencias
- ↑ "Drops in the ocean: France’s marine territories".
- ↑ "Compact of Free Association". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 2 de xaneiro de 2016.
- ↑ "The World Factbook -- Central Intelligence Agency". Cia World Factbook. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 8 de gosto de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 "FSM government website - Population". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012.
- ↑ "FSM government website - Geography". Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016.
- ↑ "Yap - Legal Information System of the Federated States of Micronesia". www.fsmlaw.org. Consultado o 2022-03-02.
- ↑ "Chuuk State - Legal Information System of the Federated States of Micronesia". www.fsmlaw.org. Consultado o 2022-03-02.
- ↑ "Pohnpei - Legal Information System of the Federated States of Micronesia". www.fsmlaw.org. Consultado o 2022-03-02.
- ↑ "Kosrae - Legal Information System of the Federated States of Micronesia". www.fsmlaw.org. Consultado o 2022-03-02.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estados Federados de Micronesia |
Bibliografía
editar- Brower, Kenneth; Peccinotti, Harri (1981). Micronesia: The Land, the People, and the Sea (en inglés). Baton Rouge: Louisiana State University Press. ISBN 0-8071-0992-4.
- Peoples, James G. (1993). "Political Evolution in Micronesia". Ethnology (en inglés) 32 (1): 1–17. JSTOR 3773542. doi:10.2307/3773542.
Ligazóns externas
editarGoberno
Información xeral
- Federated States of Micronesia. The World Factbook. Central Intelligence Agency.
- Federated States of Micronesia from UCB Libraries GovPubs
- Estados Federados de Micronesia en Curlie (en inglés)
- Micronesia from the BBC News
- Jane's Federated States of Micronesia Home Page Arquivado 24 de marzo de 2005 en Wayback Machine.
- Trust Territory of the Pacific Archives at the University of Hawaii
- Pacific Islands Legal Information Institute - Federated States of Micronesia
- Nature.org - Micronesia environmental conservation
- myMicronesia.com Online resource center about the islands of Micronesia. Provides free listings and links to all Micronesian businesses, as well as civic, cultural, health and educational organizations.
- Habele.org - Outer Islands Information about the remote islands and atolls outside the four state capitals of Micronesia from an educational nonprofit.
- Development Forecasts for Federated States of Micronesia
Medios de comunicación
- The Kaselehlie Press Arquivado 15 de setembro de 2022 en Wayback Machine. – The Kaselehlie Press is a Pohnpei-based newspaper that covers stories throughout the FSM.
- Pohnpei (Spanish)
Mapas
- Wikimedia Atlas de the Federated States of Micronesia.
- Nan Madol islet complex Provides computer based reconstruction of the main islets and features
Viaxes
Clima