[go: up one dir, main page]

O daltonismo -denominado así polo físico inglés John Dalton, quen o padecía- é un defecto xenético consistente na imposibilidade de distinguir as cores (discromatopsia). Aínda que ningún daltónico confunde as mesmas cores, é moi frecuente que confundan o verde e o vermello; con todo, poden ver máis matices do violeta que as persoas de visión normal e son capaces de distinguir obxectos camuflados. Tamén hai casos nos que a incidencia da luz pode facer que varíe a cor que ve o daltónico.

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Test de daltonismo (algunhas persoas daltónicas non poden ver o número inserto na imaxe).

O defecto xenético é herditario e vai vencellado ao sexo, debido a que se transmite por un alelo recesivo ligado ao cromosoma X, o que produce un notable predominio no home entre a poboación afectada. A muller pode portar a enfermidade en casos non tan comúns coma nos homes, e a transmite aos seus fillos homes. Probablemente, a metade dos seus fillos serán portadores. A transmisión xenética é igual que na hemofilia.

Como se perciben as cores?

editar

Ao mirar un obxecto con cor, a cor percibida nese momento pode variar dependendo de cando se volva mirar. Por exemplo, á noitiña as cores semellan diferentes de cando se ven coa luz do Sol, e tampouco é o mesmo a percepción con luz natural ou con luz artificial. Por iso ao elixir cores para decorar un interior debe terse en conta o tipo de luz ou a fonte de luz que hai na habitación: se a luz é natural ou artificial, se hai moita ou pouca luz, se a luz é directa ou indirecta etc.

Por que se ven os obxectos de determinadas cores?

editar

Os obxectos absorben e reflicten a luz de forma distinta dependendo das súas características físicas, como a súa forma ou composición etc. A cor que percibimos dun obxecto é o raio de luz que rexeita. Nós captamos eses -rebotes- con diferentes lonxitudes de onda, por medio dos ollos grazas á súa estrutura. Se os raios de luz atravesan ao obxecto, este é invisible.

As células sensoriais (fotoreceptores) da retina que reaccionan de forma distinta á luz e as cores chámaselles bastóns e conos respectivamente.

Os bastóns actívanse na escuridade, e só permiten distinguir o negro, o branco e os distintos gris. Permítenos percibir o contraste.

Os conos, en cambio funcionan de día e en ambientes iluminados, e fan posible a visión das cores. En realidade hai tres tipos de conos; un especialmente sensible á luz vermella, outro á luz verde e un terceiro, á luz azul. Cada cono (célula) está conectado individualmente co centro visual do cerebro por medio do nervio óptico.

A combinación destas tres cores: vermello, amarelo e azul é suficiente como para ver uns 20 millóns de cores distintas. Así por exemplo o laranxa é vermello cun pouco de amarelo e o violeta é azul cun pouco de vermello. É no cerebro onde leva a cabo esta interpretación, pois no ollo só se capta a luz.

Os daltónicos non distinguen ben as cores por erro dos xenes encargados de producir os pigmentos dos conos. Así, dependendo do pigmento defectuoso, a persoa confundirá unhas cores ou outras. Por exemplo se o pigmento defectuoso é o do vermello, o individuo non distinguirá o vermello nin as súas combinacións. Tamén pode darse o daltonismo por falta dun tipo de cono, tendo así só dous.

Tipos de daltonismo

editar

Monocromáticos

editar

Como o seu nome indica, estes individuos só posúen un tipo de cono e só poden ver un tipo de cor.

Dicromáticos

editar

Estas persoas posúen dous tipos de conos. A afección preséntase con variantes, poden haber individuos cegos á cor vermella, individuos que confunden sombras de vermello, verde e amarelo; ou individuos cegos ao azul e que á súa vez confunden sombras de verde e azul ou laranxa e rosa.

Tricromáticos anómalos

editar

É cando a persoa posúe os tres tipos de conos, con defectos funcionais, polo que confunden unha cor con outra. É o grupo máis abondoso e común de daltónicos, teñen tres tipos de conos, pero perciben as tons das cores alteradas. Adoitan ter defectos semellantes aos daltónicos dicromáticos, pero menos notables.

Acromáticos

editar

É cando os conos das persoas non funcionan e só teñen visión en branco e negro. Esta condición é moi rara xa que se viu en moi poucos casos.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar