Escudo de Austria
O escudo de Austria data do ano 1919, aínda que o seu uso foi interrompido entre 1934 e 1938 durante a ocupación da Alemaña nazi de Austria.
Escudo de Austria | |
---|---|
Versións | |
1919–1934 | |
Detalles | |
Armiger | Austria |
Adoptado | 1945 |
Escudo | Goles cunha faixa de prata |
Alicerce | Aguia de sable |
Descrición
editarÉ unha aguia de sabre, coas ás estendidas que porta sobre o seu peito o escudo do antigo ducado de Austria que é un campo dividido en tres franxas horizontais do mesmo tamaño, de goles a superior e a inferior, de prata, a central. A aguia porta nas súas garras, unha fouce que é o símbolo da agricultura (coa esquerda) e un martelo pola industria (na dereita), ambos de ouro. Tamén sostén entre as súas patas unha cadea rota de prata, que simboliza a liberdade recuperada polo pobo austríaco, coa axuda do Exército Vermello, fronte á Alemaña nazi que anos antes lla anexionou. A aguia aparece coroada cunha coroa mural, símbolo da República que é a forma de goberno vixente no país (inicialmente representaba á clase media).
O escudo introduce algunhas modificacións pero é moi similar ás versións adoptadas en 1919 e 1934. Todas elas proveñen do escudo dos Emperadores de Austria ao que se lle eliminaron algúns elementos, como unha das dúas cabezas da aguia (que era bicéfala, salvo na versión de 1934), tres coroas (imperial a superior e reais as que se situaban sobre as cabezas da aguia), o colar da Orde do Vélaro de Ouro (nalgunhas versións aparecían máis ordes) ou os cuarteis cos símbolos outros territorios que dominaron os Habsburgo.
Entre o 11 de novembro de 1918 e o 8 de maio de 1919, en Austria utilizouse un escudo coñecido como emblema da torre que foi deseñado persoalmente polo chanceler Karl Renner. Neste escudo aparecían representados: unha torre (símbolo da burguesía), dous martelos (símbolo da clase obreira) e unha coroa de espigas de trigo (símbolo dos agricultores). No emblema da torre incorporáronse as cores xermánicas (negro-vermello-amarelo), adoptados pola Confederación Xermánica.