Enterobacteriáceas
Enterobacteriaceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Citrobacter freundii, un membro desta familia | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
|
As enterobacteriáceas (Enterobacteriaceae) son unha gran familia de bacterias gramnegativas á que pertencen, xunto a moitas bacterias simbiontes inofensivas, moitas das bacterias patóxenas máis comúns, como Salmonella, Escherichia coli, Klebsiella e Shigella. Outras bacterias desta familia menos comúns que tamén causan enfermidades son: Proteus, Enterobacter, Serratia, Citrobacter e Yersinia pestis. Esta familia é a única que está incluída na orde Enterobacteriales[1] (ou Enterobacterales[2]) da clase Gammaproteobacteria do filo Proteobacteria.[3] Filoxeneticamente, nas Enterobacteriales están incluídas varias especies endosimbiontes de insectos carentes de peptidoglicano, que forman un clado de Enterobacteriaceae, pero non están descritos validamente, polo que este grupo non é oficialmente un taxon; exemplos de ditas especies son: Sodalis, Buchnera, Wigglesworthia, Baumannia e Blochmannia, pero non antigas rickettsias.[4]
Membros das Enterobacteriaceae poden denominarse informalmente enterobacterias, xa que varios dos seus membros viven nos intestinos de animais, (pero non todos, e ademais outras familias poden vivir no intestino). De feito, a etimoloxía do nome da familia é a palabra "enterobacterium" (enterobacteria) ao que se lle engadiu o sufixo que designa as familias (aceae), e non procede do xénero Enterobacter (que tería orixinado o termo "Enterobacteraceae", sen o i). O seu xénero tipo é Escherichia.
Características
editarAs Enterobacteriaceae son bacilos de 1-5 μm de lonxitude. Igual ca outras proteobacteria, presentan tinguidura gramnegativa,[5] e son anaerobios facultativos, que fermentan azucres para producir ácido láctico e outros produtos finais. A maioría tamén reduce o nitrato a nitrito, aínda que hai excepcións (por exemplo, Photorhabdus). A diferenza da maioría de bacterias similares, as enterobacteriáceas carecen xeralmente de citocromo c oxidase, aínda que hai excepcións, como Plesiomonas shigelloides. A maioría teñen moitos flaxelos que utilizan para moverse, pero tamén hai uns poucos xéneros inmóbiles. Non forman esporas. A reacción á catalase é moi variada entre as Enterobacteriaceae.
Moitos membros desta familia forman parte da flora intestinal normal humana e doutros animais, e outros viven no solo ou na auga, ou son parasitos de varios animais e plantas. Escherichia coli é un dos organismos modelo máis importantes, e a súa xenética e bioquímica foron moi estudadas.
A maioría dos membros das Enterobacteriaceae presentan, fimbrias tipo I, que están implicadas na adhesión das bacterias aos seus hóspedes. Algunhas enterobacteriáceas producen endotoxinas. As endotoxinas encóntranse no citoplasma da célula e son liberadas cando a célula morre e a súa parede celular se desintegra. Algúns membros da familia Enterobacteriaceae producen unha infección sistémica na corrente sanguínea cando todas as bacterias mortas liberan as súas endotoxinas. Isto coñécese como choque endotóxico, que pode ser mortal.
Identificación de Enterobacteriaceae
editarPara identificar os xéneros de Enterobacteriaceae, un microbiólogo pode levar a cabo unha serie de probas de laboratorio, que inclúen varios tipos de cultivos en tubo ou en placa de ágar como os seguintes:[6]
- Vermello fenol
- Caldo de triptona
- Ágar de fenilalanina para a detección da produción de desaminases, que converten a fenilalanina en ácido fenilpirúvico
- Probas do vermello de metilo ou do Voges-Poskauer dependendo da dixestión da glicosa. As probas de vermello de metilo son para os endoprodutos ácidos. A proba de Voges-Proskauer é para a produción de acetilmetilcarbinol.
- Proba da catalase en ágar nutriente para a produción do encima catalase, a cal rompe o peróxido de hidróxeno e libera o gas oxíxeno.
- Proba da oxidase en ágar nutriente para a produción do encima oxidase, que reacciona con aminas aromáticas para producir unha cor púrpura.
- Probas de xelatina nutriente para detectar a actividade do encima xelatinase.
Nas contornas clínicas, só tres especies supoñen do 80 ao 95%[7] de todas as especies identificadas do grupo, que son: Escherichia coli, Klebsiella pneumoniae e Proteus mirabilis.
Resistencia a antibióticos
editarIlláronse cepas de enterobacteriáceas que son resistentes ao antibiótico carbapenem. Estes antibióticos a miúdo considéranse como "a última liña de defensa con antibióticos" contra os organismos que presentan resistencia a antibióticos. Estas cepas resistentes causan un 40% de mortes entre os infectados e son virtualmente intratables. Un exemplo son certas cepas de Klebsiella pneumoniae.[8] [9]
Exemplos/clasificación en xéneros
editarA seguinte lista contén os principais xéneros de bacterias da familia Enterobacteriaceae.
Xéneros
editar- Alishewanella
- Alterococcus
- Aquamonas
- Aranicola
- Arsenophonus
- Azotivirga
- Blochmannia
- Brenneria
- Buchnera
- Budvicia
- Buttiauxella
- Cedecea
- Citrobacter
- Cronobacter
- Dickeya
- Edwardsiella
- Enterobacter
- Erwinia, por exemplo Erwinia amylovora, Erwinia tracheiphila, Erwinia carotovora etc.
- Escherichia, por exemplo Escherichia coli
- Ewingella
- Grimontella
- Hafnia
- Klebsiella, por exemplo Klebsiella pneumoniae
- Kluyvera
- Leclercia
- Leminorella
- Moellerella
- Morganella
- Obesumbacterium
- Pantoea
- Pectobacterium ver Erwinia
- Candidatus Phlomobacter
- Photorhabdus, por exemplo Photorhabdus luminescens
- Plesiomonas, por exemplo Plesiomonas shigelloides
- Pragia
- Proteus, por exemplo Proteus vulgaris
- Providencia
- Rahnella
- Raoultella
- Salmonella
- Samsonia
- Serratia, por exemplo Serratia marcescens
- Shigella
- Sodalis
- Tatumella
- Trabulsiella
- Wigglesworthia
- Xenorhabdus
- Yersinia, por exemplo Yersinia pestis
- Yokenella
Notas
editar- ↑ Taxonomicon Enterobacteriales consultado o 2 de xaneiro de 2020
- ↑ NCBI Enterobacterales consultado o 9 de marzo de 2020
- ↑ Don J. Brenner; Noel R. Krieg, James T. Staley (July 26, 2005) [1984 (Williams & Wilkins)]. George M. Garrity, ed. The Gammaproteobacteria. Bergey's Manual of Systematic Bacteriology 2B (2nd ed.). New York: Springer. p. 1108. ISBN 978-0-387-24144-9. British Library no. GBA561951.
- ↑ Williams, K. P.; Gillespie, J. J.; Sobral, B. W. S.; Nordberg, E. K.; Snyder, E. E.; Shallom, J. M.; Dickerman, A. W. (2010). "Phylogeny of Gammaproteobacteria". Journal of Bacteriology 192 (9): 2305–2314. doi:10.1128/JB.01480-09. PMC 2863478. PMID 20207755. //www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC2863478/.
- ↑ "Dorlands Medical Dictionary:Enterobacteriaceae". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2009.
- ↑ MacFaddin, Jean F. Biochemical Tests for Identification of Medical Bacteria. Williams & Wilkins, 1980, p 441.
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de novembro de 2011. Consultado o 29 de decembro de 2012.
- ↑ CDC - Klebsiella
- ↑ Peter Eisler (November 29, 2012). "Deadly superbugs invade U.S. health care facilities". USA Today. Consultado o December 1, 2012.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Enterobacteriaceaegenomes and related information at PATRICArquivado 27 de xullo de 2011 en Wayback Machine., a Bioinformatics Resource Center funded by NIAID
- Evaluation of new computer-enhanced identification program for microorganisms: adaptación de BioBASE para a identificación de membros da familia Enterobacteriaceae [1] Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
- Brown, A.E. (2009). Benson's microbiological applications: laboratory manual in general microbiology. Nova York: McGraw- Hill.