Oxidase
Unha oxidase é un encima que cataliza unha reacción de oxidorredución que implica ao oxíxeno molecular (O2) como aceptor de electróns. Nestas reaccións, o oxíxeno redúcese a auga (H2O) ou peróxido de hidróxeno (H2O2).[1]
As oxidases son unha subclase de encimas oxidorredutases.
Exemplos
editarUn importante exemplo é a citocromo c oxidase, que é un encima clave para que o corpo poida utilizar o oxíxeno na xeración de enerxía na cadea de transporte de electróns. Outros exemplos son:
Proba da oxidase
editar- Artigo principal: Proba da oxidase.
En microbioloxía, a proba ou test da oxidase é moi utilizada como unha característica fenotípica para a identificación de especies e cepas de bacterias. A proba determina se unha bacteria dada produce citocromo oxidases, e, por tanto, utiliza o oxíxeno nunha cadea de transporte de electróns.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Probas da catalase e a oxidase vídeo
- Oxidase Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.