[go: up one dir, main page]

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico

emperador do Sacro Imperio Romano-Xermánico e rei de Castela e de Aragón
(Redirección desde «Carlos V»)

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico, tamén coñecido como Carlos V de Habsburgo[1], Carlos V de Flandres,[1] Carlos I de Habsburgo[2] ou Carlos I de España e V de Alemaña, nado no palacio Prinsenhof de Gante o 24 de febreiro de 1500 e finado no mosteiro de Yuste o 21 de setembro de 1558, foi fillo de Filipe o Fermoso de Habsburgo e de Xoana, a Tola. Reinou nas Coroas de Castela e Aragón moi novo, aos 16 anos, de 1516 a 1556, e posuíu a coroa imperial alemá de 1519 a 1558.

Modelo:BiografíaCarlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Charles de Habsbourg Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1500 Editar o valor en Wikidata
Gante (Países Baixos dos Habsburgo) Editar o valor en Wikidata
Morte21 de setembro de 1558 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Mosteiro de Yuste (Coroa de Castela) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemalaria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Real do Mosteiro do Escorial Editar o valor en Wikidata
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
1519 – 26 de xaneiro de 1556
← Maximiliano I de HabsburgoFernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico →
Monarca da Coroa de Aragón
2 de febreiro de 1516 – 16 de xaneiro de 1556
← Fernando II de AragónFilipe II de España →
Rei de Sardeña
2 de febreiro de 1516 – 16 de xaneiro de 1556
Monarca de Castela e León
1516 – 26 de xaneiro de 1556
← Filipe I de CastelaFilipe II de España →
Señor dos Países Baixos
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1515 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata - 1558 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Participou en
1521Dieta de Worms (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1519–1556)
Rei das Españas (1516–1556)
Duque de Brabante (1506–1555)
Señor de Molina
Conde de Barcelona
Señor de Biscaia
Rei de León
Rei de Granada
Rei de Galicia
Rei de Xerusalén
Duque de Borgoña
Señor dos Países Baixos
Rei dos Romanos
Rei de Castela
Rei de Aragón
Rei de Sardeña
Rei de Navarra
Rei de Sicilia
Rei de Nápoles
Arquiduque da Áustria (pt) Traducir
Rei das Indias Orientais e Occidentais e das Illas e Terra Firme do Mar Océano Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa dos Austria e Casa de Habsburgo Editar o valor en Wikidata
CónxuxeSabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico (1526 (Gregoriano)–1539) Editar o valor en Wikidata
ParellaJohanna Maria van der Gheynst
Barbara Blomberg Editar o valor en Wikidata
FillosIsabel of Castile
 () Xermana de Foix
Margarida de Parma
 () Johanna Maria van der Gheynst
Tadea of Austria
 () Orsolina della Penna
Filipe II de España
 () Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico
María de Habsburgo, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico
 () Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico
Infante Fernando of Austria
 () Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico
Xoana de Habsburgo
 () Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico
Xoán de Austria
 () Barbara Blomberg Editar o valor en Wikidata
PaisFilipe I de Castela Editar o valor en Wikidata  e Xoana I de Castela Editar o valor en Wikidata
IrmánsLeonor de Austria
María de Habsburgo
Catarina de Austria
Sabela de Austria
Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Rietje Koane Editar o valor en Wikidata
ParentesAna da Boêmia e Hungria, cuñada
Luís II da Hungria, cuñado
Fernando II de Aragón, avó materno
Isabel I de Castela, avoa materna
María I de Inglaterra, maternal first cousin
Maximiliano I de Habsburgo, avó paterno
María de Borgoña, avoa paterna Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
24 de febreiro de 1530Coroação do Sacro Imperador Romano-Germânico (pt) Traducir (Boloña) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Canon of Dutch History (en) Traducir
Enciclopedia militar Sytin Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 355226 BNE: XX1032495 WikiTree: Habsburg-105 Find a Grave: 3965 Editar o valor en Wikidata
"O Emperador Carlos V a cabalo en Mühlberg"; cadro realizado por Tiziano no ano 1548, trala batalla de Mulberg.
O Imperio europeo de Carlos V foi a máxima expresión tanto de acumulación de poder como de diseminación territorial. En distintas cores, a herdanza da súa avoa materna, Isabel a Católica (azul), do seu avó materno, Fernando o Católico (laranxa), da súa avoa paterna, María de Borgoña (morado), e do seu avó paterno Maximiliano de Habsburgo (verde). O territorio de Milán non é herdado, senón conquistado en disputa con Francia, aínda que teoricamente tributario do Sacro Imperio, que obtivo por elección. Non hai que esquecer os territorios extraeuropeos que están en proceso de descubrimento e conquista.

Traxectoria

editar

Mocidade

editar

A súa infancia transcorreu na corte flamenga baixo as ensinanzas de Adriano de Utrecht. No 1515 fíxose cargo dos Países Baixos, e un ano despois, dos reinos da Coroa de Castela. A política matrimonial dos seus avós, os Reis Católicos, a morte do seu pai e a incapacidade da súa nai concedéronlle a herdanza de catro dinastías.

Do seu avó Maximiliano I de Habsburgo recibiu os territorios centroeuropeos de Austria e os dereitos ao Imperio, da súa avoa María de Borgoña herdou os Países Baixos, de Fernando o Católico recibiu o reino de Aragón, contando tamén tódalas posesións no mediterráneo deste reino, e da súa avoa Isabel a Católica, a Coroa de Castela, Canarias, diversas prazas no norte de África e toda a América xa conquistada.

No 1516 obtivo, polo tanto o goberno das coroas de Castela e Aragón, e dous anos despois, en 1519, logrou coroarse emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Foi mal acollido en Castela pola súa xuventude, pero sobre todo por ser estranxeiro (pois recibira unha educación flamenga) e ter conselleiros tamén estranxeiros. Este malestar conduciu ó levantamento Comuneiro (1520-1521), insurrección das principais cidades castelás, que foron derrotadas en Villalar e se someteron ao novo monarca.

Tamén houbo revoltas en Valencia: os alzamentos das Xermanías, que protestaron contra o poder da nobreza e dos mouriscos, e que foron tamén esmagados. Sobredita insurrección durou dende 1521 a 1524.

As guerras de Carlos V

editar
 
Dominios de Carlos V en Europa, coloreados en verde.

O conflito que xa había dende os tempos dos reis Católicos entre franceses e castelán-aragoneses endureceuse ó sentirse este país cercado polas posesións do emperador Carlos. No 1521 Carlos retirou as aspiracións francesas de se faceren con Navarra. O rei de Francia Francisco I ocupou o Milanesado, pero foi derrotado e feito prisioneiro en Pavia por tres soldados do exército español: o vasco Juan de Urbieta, o galego Afonso Pita da Veiga e o granadino Diego Dávila. Prometeu entón retirarse de Milán e entregar Borgoña ó emperador, mais incumpriu as súas promesas e retomou o conflito.

Na paz de Crépy (1544), Francisco I recoñeceu a soberanía do emperador Carlos sobre Artois e Flandres, retirando tamén as súas aspiracións sobre Milán e Nápoles, namentres que Carlos V abandonaba Borgoña.

Nese período loitou tamén contra os turcos, conténdoos en Austria e atacándoos polo Mediterráneo oriental. No norte de África conquistou Tunes (1535), pero fracasou na toma de Alxer (1541), o que afianzou as posicións berberiscas.

A Reforma protestante

editar

A Reforma de Martiño Lutero levou á desaparición da unidade relixiosa de Europa occidental e central, o que fixo perder poder a Carlos V ó ser dividido o Sacro Imperio entre católicos e reformados.

Carlos V tentou reunir a representantes da Reforma e da Igrexa católica, mais o papa, que temía que Carlos V se volvese demasiado poderoso se atinxía centralizar de novo o Imperio Alemán, impediuno ó se mostrar indiferente.

Entón, Carlos V decidiu actuar militarmente. Algúns príncipes alemáns reformados formaron a Liga de Esmalcalda para loitaren contra o poder imperial, pero foron derrotados en Mulberg (1547) polo propio monarca. Non obstante, Carlos V non logrou con esta vitoria a unidade política nin relixiosa no Sacro Imperio.

Abdicación

editar

Consciente do seu fracaso ó non lograr impedir a división relixiosa de Europa, o monarca decidiu abdicar. Concedeu ó seu fillo Filipe, o cal se nomeou Filipe II, os Países Baixos (1555) e Castela (1556) aínda que conservou o título imperial ata setembro de 1556.

O emperador Carlos retirouse ó mosteiro de Yuste en 1556, onde morreu dous anos despois.

Descendencia

editar

Desde 1504 estaba comprometido coa filla de Lois XII de Francia, Claudia de Francia, que máis tarde terminaría casada con Francisco I de Valois. No entanto casou con súa prima a Infanta Sabela de Portugal (1503-1539), filla de Manuel I, naceron sete fillos:

  • Filipe de Habsburgo (21 de maio de 1527-1598)
  • María de Habsburgo ou María de Hungría. Naceu en Madrid en xuño de 1528 e morreu en febreiro de 1603. Foi emperatriz do Sacro Imperio Romano e Raíña da Bohemia, de Hungría e de Croacia pois casou o 13 de setembro de 1548 con Maximiliano II de Habsburgo (1527-1576), seu primo, fillo de seu tío Fernando I e de Ana Jagiellon da Bohemia e Hungría.
  • Sabela de Habsburgo (nada e morta en 1529)
  • Fernando, nacido e morto en 1530.
  • Xoana de Habsburgo (nada en Madrid en xuño de 1537 e morta en setembro de 1573) casada o 11 de xaneiro de 1552 en Toro co infante Xoán de Portugal, cuarto fillo de Xoán III e de Catarina da Austria, pais do rei Sebastián o desexado.
  • Xoán, nacido e morto en 1538
  • Fernando, nacido e morto en 1539.

Ademais destes, tivo sete fillos ilexítimos:

  • Xoán de Austria, fillo bastardo. Bautizado Xerónimo, naceu en Ratisbona, en 24 de febreiro de 1547 e morreu de peste ou tifo en Bourges, na veciñanza de Namur, Flandres, o 1 de outubro de 1578.
  • Tivo unha filla bastarda, Sabela, nada o 20 de agosto de 1518 e morta despois de 1538. Foi nacida de súa madrasta Xermana de Foix, viúva de seu avó Fernando II de Aragón. Educada polo Inquisidor Josep Corretger, en Perpiñán, morreu pouco despois da nai e segundo o confesor de ambas, foi envelenada por orde de Carlos V.
  • Dunha muller flamenga de Oudenaarde, chamada Margarida ou Xoana (von Gante, van der Gheyst, van den Gheynst?), filla dun honrado e talvez afamado tapiceiro, tivo unha filla bastarda: Margarida de Parma.
  • Dunha dama de aristocracia media, pertencente aos círculos do Conde de Nassau, naceu súa filla bastarda Xoana de Austria (1522-1524) trasladada coa nai para o convento das agostiñas de Madrigal de las Altas Torres, cuxa abadesa era María de Aragón, bastarda de Fernando II de Aragón. Algúns autores dana por morta aos nove anos.
  • Tivo unha filla bastarda de Ursolina della Pena, de Perugia, a bela Pennina Perusina que se pensaba en Bruxelas co marido: chamouse Tadea e naceu en 1522. O emperador viuna en Roma, en 1536, ao retornar da campaña en Tunes. A nai morreu, talvez envelenada, e Tadea tivo que convivir con irmáns violentos. Casou sen consultar o pai, e escribiulle en 1562 solicitando recoñecemento. Pasou o resto da vida no retiro dun convento.
  • Solteiro aínda, dunha dama cuxo nome permaneceu no anonimato, nacéralle unha filla, Xoana, morta aos oito anos, que viviu sempre reclusa no convento das Angustias en Madrid.
  • De Diana de Talanga, señora de Sorrento: naceulle outra filla bastarda tamén chamada Xoana de Austria, que morrería en 1650, casada co Príncipe de Butera.


Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Nacemento: 24 de febreiro de 1500 Falecemento: 21 de setembro de 1558


Títulos Reais
Precedido por
Filipe I o fermoso


Duque de Brabante, Duque de Limburgo, Duque de Lothier e Duque de Luxemburgo,
Conde de Artois, Conde de Borgoña, Conde de Flandres, Conde de Hainaut,
Conde de Holandd, Conde de Namur e Conde de Zeeland
Despois de 1549 Gobernador das Dezasete Provincias dos Países Baixos dos Habsburgo
Conde Palatino de Borgoña

1506–1555
Sucedido  por
Filipe II de España
Precedido por
Fernando II de Aragón


Rei de Nápoles
1516–1554
xunto con Xoana I de Castela (1516–1554)
Rei de Aragón, Mallorca, Valencia e Sicilia; Conde de Barcelona
1516–1556
xunto con Xoana I de Castela (1516–1555)
Precedido por
Xoana I de Castela


Rei de Castela, Toledo, Galiza, León, Murcia, Xaén, Sevilla, Granada, Xibraltar, Córdoba e Navarra
1516–1556
xunto con Xoana I de Castela (1516–1555)
Precedido por
Guillerme, Duque de Jülich-Cleves-Berg


Duque de Guelders, Conde de Zutphen
1543–1555
Precedido por
Maximiliano I,emperador do Sacro Imperio Xermánico


Arquiduque de Austria
Duque de Estiria, Duque de Carintia e Carniola
Conde do Tirol

1519–1521
Sucedido  por
Fernando I, emperador do Sacro Imperio Xermánico
Rei dos Xermanos
(formalmente Rei de romanos)

1519–1530
Rei de Italia]]
1530–1558
Emperador do Sacro Imperio Xermánico
1530–1558
(Emperor-elect 1520–1530)
Outros títulos Nobiliarios
Precedido por
Infanta Xoana


Príncipe de Asturias
1504–1516
Sucedido  por
Filipe II de España
Títulos que reclamou


Precedido por
Filipe IV
— TITULAR —
Duque de Borgoña
1506–1555
Sucedido  por
Filipe V

Producións audiovisuais nas que aparece a súa personaxe

editar

Filmes

editar
Ano Filme Director Actor
1948 Locura de amor Juan de Orduña Jorge Mistral
1953 Jeromín Luis Lucia Mingarro Jesús Tordesillas
2001 Juana la Loca Vicente Aranda
2003 Lutero Eric Till Torben Liebrecht

Series de televisión

editar
Ano Serie Director Actor
2007 Los Tudor James Flynn Sebastián Armesto
2015-2016 Carlos, Rey Emperador Oriol Ferrer Álvaro Cervantes[3]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar