Cabelo de anxo
O cabelo de anxo[1] é un doce de aspecto filamentoso, que se elabora coa polpa dalgunhas variedades de cabaza cocida nun almibre. As fibras están acarameladas, e segundo o país e rexión do mundo emprégase a cabaza confeiteira ou caiota (Cucurbita maxima), a cidra caiota (C. ficifolia) ou a caioteira (Sechium edule). En certos países de América Latina acostúmase tamén a facer con manga. Emprégase como recheo de numerosos doces de América Latina e a Península Ibérica (especialmente nas Illas Baleares, Cataluña, e Valencia.
Características
editarO cabelo de anxo elabórase mediante cocedura da polpa dunha cucurbitácea nunha solución ou caldo de azucre moi concentrada (almibre) até se desfacer nunha especie de fíos de cor amarela dourada. En España emprégase especialmente a cidra caiota (Cucurbita ficifolia).[2] Adoita empregarse no almibre a mesma cantidade de azucre que de cabaza.[3] Nalgunhas ocasións engádeselle á mestura zume de limón (un medio acedo) e canela para aromatizar.
O doce resultante, que consta de filamentos magros de cor branca transparente ou lixeiramente dourada, emprégase como recheo de pasteis e tortas, por exemplo úsase como recheo de empanadas, roscóns, cocas, ensaimadas mallorquinas,[4] ou empanadillas doces. É frecuente tamén velo en doces elaborados con masa de follado.
Notas
editar- ↑ Nome galego en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ Luis Felipe Lescure Beruete, (2003), «DICCIONARIO GASTRONÓMICO. Términos, Refranes, Citas y Poemas», entrada "cabello de ángel"
- ↑ Traba L. - García V., (2006), «Pastelería y Cocina Guía Práctica» 5a edi., Capitel Editores, p:133
- ↑ Nigel Tisdall, (1995), «Mallorca», Granica
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cabelo de anxo |