Cucurbitáceas
Cucurbitáceas (Cucurbitaceae) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Luffa operculata | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subfamilias | |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
As cucurbitáceas[1] (Cucurbitaceae) son unha familia de plantas orixinarias na súa meirande parte das Américas, normalmente herbáceas, das cales moitas posúen grande importancia etnobotánica; inclúe entre outros hortalizas tan importantes coma a cabaceira (Cucurbita), o meloeiro (Cucumis melo), a cabaciña (Cucurbita pepo), o cogombro (Cucumis sativus), a sandía (Citrullus lanatus) e as cabaceiras porongo (Lagenaria siceraria).
Descrición
editarSon caracteristicamente herbas rastreiras ou rubideiras grazas aos seus gabiáns nos talos (caulinares); amosan follas alternas, en xeral simples, máis ou menos lobadas, carnosas, escabras; posúen cistolitos. As flores son unisexuais, as masculinas con vestixio de xineceo, xeralmente monoicas (Bryonia craetica excepcionalmente é dioica), regulares, gamopétalas, pentámeras, con periantio duplo e estames atípicos: filamento sigmoide rematado por unha antera cunha única teca, estames ceibos ou soldados en 3 grupos: (2)+(2)+1. Nas formas primitivas amósanse pétalos ceibos, e o ovario ínfero; algunhas presentan inflorescencias en cima. Os froitos son moi variábeis; case sempre son bagas (Bryonia) ou bagas modificadas (pepónides), mais ás veces se presentan como cápsulas (Momordica), ás veces no cogombro do demo (Ecballium elaterium). A maioría das plantas desta familia son anuais, ou sexa, morren despois de se reproduciren.
Xéneros catalogados
editar- Na clasificación taxonómica de Jussieu (1789), Cucurbitaceae é o nome dunha orde botánica da clase Dicotyledones, Diclinae (flores unisexuadas), Apetalae (non teñen corola), cos estames separados; isto é, nunha flor diferente dos pistilos. A orde no Sistema de Jussieu presenta 16 xéneros.
Notas
editar- L. Watson e M. J. Dallwitz, The families of flowering plants - Cucurbitaceae Arquivado 03 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Ordem Cucurbitaceae en Jussieu, Antoine Laurent de (1789). "Genera Plantarum, secundum ordines naturales disposita juxta methodum in Horto Regio Parisiensi exaratam"
Notas
editar- ↑ Nome vulgar en galego da familia en Portal das Palabras da RAG, sempre en plural - http://www.portaldaspalabras.org/buscador?id=324301&sinom=0 Arquivado 27 de xullo de 2014 en Wayback Machine.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cucurbitaceae |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cucurbitáceas |