[go: up one dir, main page]

  • Este artigo trata sobre unha cabaza, para o froito da planta "Sechium edule" véxase o artigo: caioteira.
  • Cómpre non confundir coa cidreira caiota ("Cucurbita ficifolia").
Caiota, cabaceira confeiteira
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Cucurbitales
Familia: Cucurbitaceae
Subfamilia: Cucurbitoideae
Tribo: Cucurbiteae
Xénero: Cucurbita
Especie: C. maxima
Nome binomial
Cucurbita maxima
Duchesne in Lam., Encyc. Méthd., Bot., 2, 151, 1786

A caiota[1] ou cabaceira confeiteira[2] (Cucurbita maxima) é unha cabaceira (planta herbácea anual espontánea) cultivada polo seu froito elipsoide duns sesenta centímetros de diámetro, que é empregado coma decorativo e co que se fai o cabelo de anxo, coñecida como caiota, calacú ou cabaza. Tamén se cultiva polas follas, flores e sementes.

Calacú na noite de Samaín nun bar de Galicia.
Cucurbita maxima.

Descrición

editar

É unha planta anual, herbácea, vivaz e vistosa de talos flexébeis e rubideiros. Ten follas cordiformes, pentalobuladas, de gran tamaño e nervaduras ben marcadas; presenta abundante vilosidade en follas e talo. As flores son amarelas ou alaranxadas, de pétalos carnosos, monoicas. O froito é un tipo de baga chamada pepónide; presenta gran variación (polimorfismo); pode ser alongado ou esférico, de cor verde opalescente a rubio intenso, pasando por un crisol do ámbito das cores amareladas. A polpa é de cor amarela-arrubiada, mesta, de textura firme e de sabor doce. O seu recendo é característico, particularmente rechamangueiro polo que se emprega culinariamente en gran medida.

Contén no seu interior numerosas carabuñas ovais, convexas, lisas, de 2 a 3 cm de longo, que á súa vez conteñen unha polpa abrancazada e comestíbel; as chamadas pebidas de cabaza que se toman coma aperitivo.

Hábitat e distribución

editar

É orixinaria das Américas, onde se desenvolve de xeito silvestre no Cono Sur e Mesoamérica. Os rexistros máis antigos do seu cultivo atópanse na cultura das Vegas, no Cantón Santa Elena, no Ecuador. Estes vestixios foron estudados nos anos setenta e oitenta do século XX pola arqueóloga estadounidense Karen Stother. Os restos máis antigos achados na costa do Perú datan de máis de 6000 a. C.[3] Hai dous mil anos xa era domesticada pola cultura moche, no Perú. Axiña foi introducida en Europa (finais do século XVI), onde pola semellanza de planta e froito confundiuse inicialmente coas cabazas de orzas[4] (Lagenaria siceraria) (Cucurbita ten flores amarelas e Lagenaria brancas, os dous xéneros non hibridan). Hoxe cultívase extensamente en rexións temperadas e subtropicais de todo o mundo.

Cultivo

editar
 
Caiota en Galicia.

A caiota medra de semente con facilidade. Cómpore coidar a selección da mesma, pois espontaneamente híbrida con outras especies de Cucurbita, e incluso con outros xéneros afíns. Depende en gran medida da polinización de abellas para dar froito. Prefire solos lixeiros, secos, aireados, silícicos, ben drenados, areentos e húmidos; non resiste xeadas nin secas aínda que atura moi ben temperaturas moi cálidas e frías. É unha planta bastante resistente pois é capaz de sobrevivir podas extremas substituíndo ao pouco tempo con gomos en pólas perdidas. Colléitase arredor de seis meses trala plantación.

A flor e mailo froito da caiota consómense coma verdura; o froito consérvase, en condicións axeitadas de luz, temperatura e humidade ou condicións normais de presión e temperatura, até seis meses en boas condicións. É rica en betacaroteno e glicosa. Tamén contén cantidades significativas de ácido hialurónico, ácido pteroil-L-glutámico, cianopramina, dihidrocodeína, fenilalanina, retinol e riboflavina (vitamina B2).

Pódese consumir en conserva ou en compota, mediante o engadido de relas, cubos ou un tixolo (dependendo da cantidade de compota a realizar) de sodio ou potasio para neutralizar os ácidos producidos polo proceso da compostura, logrando así un sabor doce suave, para nada acedo. Pódense tamén elaborar sopas ou cremas e zumes. Coa polpa elabórase o doce coñecido coma cabelo de anxo.

O froito contén numerosas sementes (pebidas de cabaza), as cales presentan polpa branca comestíbel que se consomen coma pebidas delouradas e torradas con sal sen que se queimen (chamadas pepitas en México e pipas en España). Tómanse coma aparitivo ou lambonada e outórganselle propiedades curativas e preventivas no ámbito da medicina natural.

As caiotas ou calacús empréganse coma decoración en varias festividades cristiás-pagás relacionadas, como o Samaín de Galicia e Irlanda, o Día dos Mortos de México ou o internacional Halloween estadounidense.

Sinónimos

editar
  • Pepo maximus (Duchesne) Peterm.
  • Cucurbita turbaniformis M.Roem.
  • Cucurbita pileiformis (Poir.) M.Roem.
  • Cucurbita andreana Naudin[5]
  • Cucumis rapallito Carrière
  • Cucumis zapallito Carrière
  • Cucurbita farinae Mozz. ex Naudin
  • Cucurbita maxima var. triloba Millán
  • Cucurbita maxima var. turgida L.H.Bailey
  • Cucurbita maxima var. zapallito (Carrière) Millán
  • Cucurbita maxima var. zipinka Millán
  • Cucurbita zapallito Carrière
  • ?Pileocalyx elegans Gasp.[6]

Algunhas variedades

editar

Galería de imaxes

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caiota.
  2. Nome galego escollido no Diccionario das ciencias da natureza e da saúde, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  3. Perú Ecólogico
  4. Nome vulgar galego en Diccionario Gallego, Juan Cuveiro Piñol (1876), Barcelona
  5. Sinónimos en Tela Botánica Arquivado 11 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.
  6. "The Plant List". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2012. Consultado o 06 de novembro de 2014. 

Véxase tamén

editar