Begonte
Begonte é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o INE a súa poboación no 2016 era de 3115 habitantes (3413 no 2010, 3587 no 2006, 3616 no 2005, 3682 no 2004, 3684 no 2003). O xentilicio é begontés[1] ou begontino.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Begonte | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.925 (2023) (23,07 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 126,8 km² | ||||
Altitude | 400 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Ulla Rocha | ||||
Eleccións municipais en Begonte | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27007 | ||||
Sitio web | concellobegonte.es | ||||
Xeografía
editarO Concello de Begonte abrangue 19 parroquias, cun total de 103 entidades de poboación. Atópase ao oeste da provincia de Lugo, a 19 km da capital. Ten unha extensión de 125,4 km², e limita con Guitiriz, Vilalba, Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei e Friol. Pertence ó partido xudicial de Vilalba.
A súa superficie é plana na zona central do concello, como corresponde á comarca na que está enclavado. As zonas altas están situadas ó norte, noroeste e sur. Os puntos máis elevados, nas serras occidentais do Concello, son o Cordal (735 m), e Monterredondo e Pena Cha (600 m).
Seguindo a zona máis baixa do concello, case paralelas ó eixo fluvial dos ríos Parga e Ladra, pasan a autovía A-6 e o ferrocarril Palencia-A Coruña. Así mesmo, pasa polo concello a autovía A-8, que conecta Lugo co norte da península.
Os ríos Parga e Ladra cruzan o concello, xuntándose en Pacios antes de desembocar no río Miño, xa no concello de Outeiro de Rei. A xuntanza do río Támoga co Miño forma a illa de San Roque no punto onde limitan os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Cospeito. As lagoas do Ollo e Riocaldo, ás que hai que engadir as orixinadas pola extracción de áridos nas inmediacións da de Riocaldo, teñen un excelente futuro cunha dobre vertente: a observación e potenciación da natureza, desde o punto de vista medioambiental e unha racional explotación turística que contemple a súa singularidade.
Begonte te unha zona do seu territorio formando parte da zona especial de conservación (ZEC) Parga-Ladra-Támoga, que comprende as ribeiras dos ríos Parga, Ladra, Támoga e Miño, e as lagoas de Riocaldo.[2][3]
Demografía
editarCenso total 2014 | 3179 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 229 (7,2 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1814 (57,06 %) |
Maiores de 65 anos | 1136 (35,73 %) |
Evolución da poboación de Begonte Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6541 | 6335 | 6963 | 4753 | 3682 | 3475 | 3379 | 3322 | 3231 | 3179 | 3160 | 3115 | 3071 | 3037 | 3026 | 2978 | 2976 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
editarOs Baamonde e os Saavedra deron nome a dúas parroquias do concello, aínda que o paso dos séculos fixo desaparecer a casa-fortaleza de Baamonde e o castelo de Saavedra, onde fixo noite Vermudo II cando veu conquistar o castelo de Aguiar, e onde ditou sentenza familiar Afonso V. Os irmandiños intentaron tomalo, pero foron derrotados.
Begonte foi un lugar de paso cara a Castela. En 1773 inaugurouse a estrada Madrid-A Coruña en 1773 en substitución do antigo Camiño Real que desde a ponte de Rábade cruzaba este concello. Tamén pasa polo concello a vía do Norte do camiño de Santiago.
A comezos do século XIX os franceses invadiron a comarca, quedando como testemuña o topónimo de Francés na parroquia de Carral[Cómpre referencia].
O ferrocarril chegou en 1885. Malia que xa en 1874 se solicitara un apeadoiro, non tivo estación de ferrocarril até xuño de 1941.
O Concello de Begonte xorde en 1842, sendo o seu primeiro alcalde Ramón Losada y Montenegro. En 1924, Rábade (que pertencía a Begonte) pasou a ter un goberno autónomo como entidade local menor, conseguindo ser concello en 1925.
Cultura
editarToponimia
editarO topónimo Begonte procede (pasando por unha disimilación) dun antropónimo xermánico na locución (Villa) Vocontii ou Bogontii.[4] Aparece mencionado como Boconti nuns documentos de 966 e 971, e como Bogunti en 1187.
Patrimonio
editar- Patrimonio arqueolóxico
Hai restos arqueolóxicos do megalitismo (cara ao 3500 a. C.), así como da ocupación romana.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Begonte.
-
Casa Museo de Víctor Corral
-
"Rapaza labrega" (Víctor Corral)
-
Estrada N-VI ao seu paso pola vila
-
Igrexa de San Pedro de Begonte
-
Vista de Begonte
-
Belén electrónico
-
Placa altimétrica do concello.
Parroquias
editarLugares de Begonte
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Begonte vexa: Lugares de Begonte.
Notas
editar- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 42. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120003: Parga - Ladra - Támoga". Consultado o 9/9/2019.
- ↑ Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "Parga - Ladra - Támoga". Consultado o 9/9/2019.
- ↑ Martínez Lema, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega. p. 21-22. ISBN 978-84-947823-2-9.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Begonte |