[go: up one dir, main page]

Golfo de Biscaia

golfo do noroeste atlántico, que abrangue o mar Cantábrico
(Redirección desde «Baía de Biscaia»)

O golfo de Biscaia (en castelán: Golfo de Vizcaya, en éuscaro: Bizkaiko Golkoa, en francés: golfe de Gascogne, en occitano: golf de Gasconha) é un golfo do Atlántico Norte que comprende o mar Cantábrico. Comprende, aproximadamente, dende Estaca de Bares en Galicia ata o sur da Bretaña. Baña as costas de Cantabria, País Vasco e Aquitania (Francia).

Modelo:Xeografía físicaGolfo de Biscaia
Imaxe
Tipobaía Editar o valor en Wikidata
EpónimoBiscaia e Gascuña Editar o valor en Wikidata
Parte deocéano Atlántico Norte Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°30′N 4°24′O / 45.5, -4.4
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Composto por
Afluentes
Conca hidrográficaBacia do Golfo da Biscaia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Profundidade4.735 m Editar o valor en Wikidata
Superficie223.000 km² Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451501
Mapa do mar Cantabrico.
Imaxe de satélite.

Comprende importantes portos comerciais, como o de Bilbao, Pasaia ou Bordeos, e pesqueiros como os de Santoña, Laredo, Castro Urdiales, Bermeo, Ondarroa, Getaria ou Saint-Jean-de-Luz.

Xeografía física

editar

A súa costa no sur é escarpada, con multitude de cantís entre os que se abren praias e pequenas baías, xeralmente nas desembocaduras dos ríos (que adoitan ser en forma de rías). Destacan a rasa mareal da costa guipuscoana, entre Deba e Zumaia (esténdese en menor medida ata Ondárroa), e as praias de Laredo, Comillas, Laga, Deba, Zarautz ou Donostia, mentres que a costa francesa é baixa e areosa, con numerosos pantanos. Nuns 320 km ao norte da Xironda predominan as marismas, pero logo vólvese rochosa e elevada ata a península de Quiberon.

Os ríos que desembocan neste golfo son de curto percorrido e moi irregular caudal, como todos os da vertente Cantábrica (agás o río Garona que desemboca na cidade de Bordeos). Entre eles destacan o Nervión, que forma a ría de Bilbao, e o río Bidasoa, que marca a fronteira entre Francia e España.

A pesqueira do golfo de Biscaia é similar á do mar Cantábrico. Está moi explotada e hai moitas especies que están en perigo serio de extinción, como o ollomol, a pescada e ata a bocarte. Outras, como o verdel e o bonito, gozan de boa saúde e explótanse regularmente. Algunhas especies xa desapareceron, como a balea vasca, cuxo último exemplar pescouse en Orio a principios do século XX.

O golfo de Biscaia foi unha zona de tránsito naval importante desde a antigüidade. A característica da súa localización e forma potenciou que se usase para a navegación entre a costa occidental continental e o norte peninsular, e entre estes puntos coas Illas Británicas (a diferenza da rexión occidental do mar Cantábrico, as costas galega e asturiana, onde se propiciaron as rutas cara a e desde Irlanda).

A corrente de Nadal, que percorre toda a costa Cantábrica de oeste a leste, chega ao golfo de Biscaia arrastrando toda clase de obxectos ata chocar coa costa continental, o que lle obriga a subir ao norte e morrer. Esta corrente é a culpable de que a vertedura de chapapote ou do naufraxio do Prestige chegase ata as costas francesas desde máis aló da cidade da Coruña.

Extensión

editar

A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do Golfo de Biscaia como "unha liña que une o Cabo Ortegal (43°46′N 7°52′O / 43.767, -7.867) a Penmarch Point (47°48′N 4°22′O / 47.800, -4.367).[1]

A parte máis meridional é o Mar Cantábrico.

Os principais ríos que se baleiran no Golfo de Biscaia son o Loira, Charente, Garona, Dordoña, Adour, Nivelle, Bidasoa, Oiartzun, Urumea, Oria, Urola, Deba, Artibai, Lea, Oka, Nervión, Agüera, Asón, Miera, Pas, Saja, Nansa, Deva, Sella, Nalón, Navia, Esva, Eo, Landro e Sor.

A finais da primavera e principios do verán un gran triángulo de néboa enche a metade suroeste da baía, que extenténdese só uns quilómetros cara ao interior.

A medida que iniciase o inverno, o clima faise severo. As depresións entran desde o oeste con moita frecuencia e o ben rebotan cara ao norte ás Illas Británicas ou entran no val do Ebro, se secan e renacen en forma de fortes tormentas eléctricas cando alcanzan o mar Mediterráneo. Estas depresións causan un clima severo no mar e provocan chuvias leves aínda que moi constantes nás súas costas (coñecidas como orballo, sirimiri, morrina, orbayu, orpin ou calabobos). Ás veces, fórmanse fortes tormentas de vento, se a presión cae rapidamente (Galernas), que viaxan ao longo da Corrente do Golfo a gran velocidade, asemellándose a un furacán e, finalmente, chocando nesta baía coa súa máxima potencia, como o Klaus.[Cómpre referencia]

A Corrente do Golfo entra na baía seguindo o bordo da plataforma continental no sentido antihorario (a Rennell Current), mantendo as temperaturas moderadas durante todo o ano.

Cidades principais

editar

As principais cidades a beiras do Golfo de Biscaia son Bordeaux, Bayonne, Biarritz, Brest, Nantes, La Rochelle, Donostia, Bilbao, Santander, Xixón e Avilés.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  1. "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition + corrections" (PDF). International Hydrographic Organization. 1971. p. 42 [corrections to page 13]. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 6 de febreiro de 2010.