Río Landro
O río Landro ou Landrove é un curso fluvial galego, pertencente á vertente cantábrica. Segue unha dirección S-N e desemboca na ría de Viveiro. Ten un percorrido de 42 km e a súa bacía esténdese por 268 km².
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Provincia de Lugo, España | |||
Localización | Serra do Xistral | |||
Final | ||||
Localización | Ría de Viveiro | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 42 () km | |||
Percorrido
editarNace na parroquia do Viveiró (Muras), nas vertentes oeste e suroeste da serra do Xistral, a 800 m de altitude. Baixa por un val aberto até Escoiras, que logo se estreita, ao paso que recibe as augas dos regatos da Eireixa, Ribeira, Torres Vellas e Barocas. Vólvese a abrir por Nogarido e, outra vez encaixado, recolle as achegas do Besteburiz, Balsadas e Grandal. Desde Santa Mariña contribúen o Boimente, o Louro, o Loureiro (ou río Xudreiro, onde está a fervenza do Pozo da Ferida), o río da Balsa e o Fontecova. Posteriormente chega ao concello de Viveiro para desembocar entre a praia de Area, en Covas, e o porto de Celeiro. Na desembocadura, o Landro forma unha pequena zona húmida. Constitúe os límites entre os concellos de Muras e Ourol.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes do río Landro.
-
Nacemento no Viveiró
-
Baixo a Ponte da Torre