[go: up one dir, main page]

Lingua occitana

lingua romance falada no sur de Francia
(Redirección desde «Occitano»)

O occitano[4] é a lingua falada dende a Idade Media no sur da actual Francia, denominada Occitania por algúns sectores políticos e culturais, nas súas variedades dialectais. En Cataluña, ademais de ser oficial no Val de Arán (coa denominación de aranés), é oficial en todo o país dende o 9 de agosto de 2006, coa entrada en vigor do novo estatuto de autonomía.

Occitano
occitan
Pronuncia:[ut͡siˈta]
Outros nomes:Provenzal, lemosino, gascón...
Falado en: Occitania Occitania
Cataluña Cataluña
Italia Italia
Francia
Mónaco Mónaco
Rexións: Europa
Total de falantes: entre 100.000 e 800.000 [1][2]
Posición: 22
Familia: Indoeuropeo
 Itálico
  Románico
   Occitanorrománico
    Occitano
Status oficial
Lingua oficial de: Val de Arán
Regulado por: Conselh de la Lenga Occitana
Congrès Permanent de la Lenga Occitana
Códigos de lingua
ISO 639-1: oc
ISO 639-2: oci (desde 1500) / pro (antes de 1500) (B) (T)
ISO 639-3: oci
SIL: (varios)
Mapa

Dialectos do occitano.
Status

O occitano está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]
Occitania (occitano)

Na literatura científica, e en xeral nos usos cultos, emprégase na actualidade a denominación occitano, e con menos frecuencia lenga d'òc. Esas formas apareceron no cabo do século XIII derivadas do adverbio afirmativo òc (si), seguindo os usos empregados na Idade Media para distinguila da lingua del sì ou italiano e da langue d'oïl ou francés.

A forma provenzal designou en diversas épocas, como nos séculos XIII e XIX e en boa parte do XX, todo o dominio lingüístico. Dende os anos 1960 pasou a designar tan só o dialecto occitano que se fala na Provenza.

Historicamente tamén se empregaron outros sinónimos de occitano, como lemosino no século XIII (que mesmo designou tamén o catalán nos séculos XVIII e XIX pola súa filiación co occitano medieval, e que hoxe designa o dialecto occitano da rexión Limoges), e gascón nos séculos XVI, XVII e XVIII[5] que na actualidade designa o dialecto occitano de Gascuña e Bearn.

Variantes

editar

O occitano divídese fundamentalmente en tres dialectos ou variantes:

Historia

editar

Os primeiros documentos en Occitano datan do século X. O primeiro de todos é un refrán vencellado a un poema latino do século X. Mais non foi ata o século XI cando se escriben os primeiros textos literarios, acadando unha grande época de esplendor. Así, xente na nobreza coma o rei Pedro I de Aragón ou Ricardo Corazón de León escribiron poemas en occitano,[6] e Dante, quen coñeceu a lingua, empregouna nalgúns dos seus textos. Tamén figurou en documentos xurídicos.

A anexión á coroa francesa non mudou esta situación, e seguiu a ser a lingua empregada pola maioría da poboación. Porén, diversas leis e edictos comezaron a minguar o prestixio do Occitano. O rei Francisco I, no edicto de Villers-Cotterêts (1539), remarcou a supremacía do francés sobre o occitano, e cualificou despectivamente de "patois" o occitano e outros idiomas locais. Neste documento prohibiuse empregar o Occitano coma lingua administrativa e xurídica.[6] Coa creación da imprenta real en 1543 multiplicáronse os escritos en francés, e o primeiro dicionario francés da Academia Francesa, aparecido en 1694, cualificaba os idiomas locais de maneira despectiva.[6]

Porén, foi a Revolución francesa a que definiu o francés coma idioma de liberdade e unidade en toda Francia. Así, en 1802 prohibiuse a ensinanza do occitano nas escolas, e agravouse esta prohibición nos anos seguintes.[6] A mediados do século XIX fundouse o movemento Félibrige, que procuraba a renovación literaria. A primeira guerra mundial representou un novo declive no emprego do occitano. Por un lado moitos soldados occitanos morreron na contenda e diversos fluxos migratorios internos e externos provocaron o abandono progresivo da lingua.[6] En 1945 creouse o Institut d'Estudis Occitans, que procuraba a reconquista da cultura occitana. Porén, a chegada da televisión, predominantemente francófona, acelerou o proceso de abandono. A finais do século XX viviuse unha progresiva toma de conciencia na utilización do occitano, e impulsouse a creación literaria, musical e teatral. Ademais, fundáronse as calandretes, escolas bilingües existentes en todas as grandes vilas.[6]

Literatura

editar

A literatura occitana foi a máis rica (só por diante do galego) na Europa da época medieval. Dos séculos XII ao XIV foi lingua literaria, especialmente no xénero lírico, en Francia, Italia e norte da Península Ibérica, e a lingua dos trobadores medievais desa área. Pódese considerar que na etapa medieval as diversas variantes de occitano, o catalán e mailo aragonés constituían unha soa lingua que comezou a se dividir nos séculos XIII-XIV.

No século XVI e no século XVII produciuse unha revitalización, con autores como Louis Bellaud de la Bellaudière, Guilhem Ader, Pèire Godolin, Glaudi Brueis e Francés de Corteta.

Durante o século XIX fixéronse importantes esforzos por revitalizala como lingua poética e literaria polo grupo Félibrige, que encabezaron Frédéric Mistral, Fèlix Castan ou Joseph Roumanille. Con todo, non acadaron repercusión suficiente e hoxe emprégase en menos ocasións có francés como forma literaria.

Actualmente as figuras máis salientábeis en occitano son Ives Roqueta ou os poetas Max Felip Delarouet e Joan Larzac.

Falantes

editar
 
Mapa cronolóxico que amosa a evolución territorial das linguas do Suroeste de Europa entre as que aparece o occitano

En 1992 as cifras achegadas eran de 750.000 falantes activos na Provenza e entre 1 e 1,5 millóns que entendían a lingua. Un ano antes, unha sondaxe realizada entre 939 persoas entrevistadas en catro departamentos de Languedoc (Aude, Hérault, Lozère e Gard, cun total de 1.751.178 habitantes) amosaba un 48% de cidadáns que entendía a lingua e un 28% que a falaba, mais tan só o 9% o facía a diario.

Aínda que no século XX seguía a ser unha lingua de uso diario para a maioría da poboación rural do sur de Francia, agora é falada por unhas 100.000 persoas en Francia segundo estimacións de 2012. [1]

Táboa de vocabulario

editar

Esta táboa presenta unha comparativa do occitano con outras linguas romances.

latín Francés Italiano Español Occitano (linguadociano) Catalán (Central) Galego Portugués Romanés
clave clef chiave llave clau clau chave chave cheie
noctem nuit notte noche nuèit/nuèch nit noite noite noapte
cantare chanter cantare cantar cantar cantar cantar cantar cânta
capra chèvre capra cabra cabra cabra cabra cabra capră
lingua langue lingua lengua lenga llengua lingua língua limbă
platea place piazza plaza plaça plaça praza praça piaţă
pons pont ponte puente pònt pont ponte ponte punte/pod
ecclesia église chiesa iglesia glèisa església igrexa igreja biserică
hospitalis hôpital ospedale hospital espital hospital hospital hospital spital
caseus (Latín vulgar formaticum) fromage formaggio queso formatge formatge queixo queijo cas;
  1. 1,0 1,1 Bernissan, Fabrice (2012). "Combien l'occitan compte de locuteurs en 2012?". Revue de Linguistique Romane (en French) 76: 467–512. 
  2. Martel, Philippe (decembro de 2007). "Qui parle occitan ?". Langues et cité (en French) (Observation des pratiques linguistiques) (10): 3. De fait, le nombre des locuteurs de l’occitan a pu être estimé par l’INED dans un premier temps à 526 000 personnes, puis à 789 000 ("De feito, o número de falantes de occitano foi estimado polo INED nun primeiro momento en 526.000 persoas, despois en 789.000") 
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para occitano.
  5. Boyer Henri, & Gardy Philippe (2001) (dir.) Dix siècles d’usages et d’images de l’occitan: des troubadours à l’Internet, coll. Sociolinguistique, París: L’Harmattan
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Rius, Montserrat (2007). Editorial Laertes, ed. Francia, País Cátaro. ISBN 978-84-7584-591-3. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar